— Programa Galicia Suma Talento. Hasta 30/09/2026

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en galego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

— ORDEN de 29 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras del programa Galicia Suma Talento: Empléate, de incentivos a la contratación en la empresa ordinaria, y se procede a su convocatoria para el año 2026. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 27, 10/02/2026). 

OBJETO

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2026 as axudas que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e en entidades sen ánimo de lucro, especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

A orde regula o programa Galicia Suma Talento: Emprégate de incentivos á contratación por conta allea dos colectivos vulnerables recollidos no artigo 24.1.a), a través dunha liña de incentivos á contratación por conta allea cuxas particularidades se recollen nesta orde, e que inclúe cinco modalidades de axudas:

1) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
2) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
3) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
4) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
5) Transformación en indefinidos dos contratos formativos subvencionados con cargo ao Programa de primeira experiencia profesional (TR353C).

A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva.

O código de procedemento é o TR342C

PERSONAS BENEFICIARIAS

Persoas empregadoras e empresas, incluídas as persoas autónomas, sociedades civís e comunidades de bens que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestar servizos en centros de traballo na CCAA de Galicia.

1) CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL DE PERSONAS DESEMPLEADAS

ACCIONES SUBVENCIONABLES

Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

  • A contratación realizarase no período 1 de outubro de 2025 ata 30 de setembro de 2026 (ambas as datas incluídas).
  • A contratación terá lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axuda.
  • O número máximo de contratos subvencionables por entidade beneficiaria é de cinco.
  • Os contratos deberán ser de duración indefinida e a tempo completo. Exclúense os contratos fixos-descontinuos. No caso de persoas desempregadas con discapacidade ou risco de exclusión social, poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial (mínimo 50%).

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

Contía base:

Colectivo Importe
a) Persoa moza 6.000 €
b) Muller vítima de violencia de xénero, vítima de trata de seres humanos 10.000 €
c) Muller con fillos ou fillas menores de 3 anos desempregada de longa duración ou inactiva nos últimos 3 anos 10.000 €
d) Muller con ocupacións masculinizadas 10.000 €
e) Persoa desempregada de longa duración 6.000 €
f) Persoa de 52 anos ou máis 6.000 €
g) Persoa emigrante retornada ou persoa extranxeira 6.000 €
h) Persoa con discapacidade ou en risco/situación de exclusión social 10.0
i) Persoa desempregada que nos últimos 2 anos superara a formación conducente dun certificado profesional (TR301K), dos obradoiros de emprego (TR335A), programa integrado de emprego (TR332A), Programa de primeira experiencia profesional (TR353C) 10.000 €

Incrementos acumulables entre sí:
– Centro de traballo ou domicilio fiscal en concello rural: +15 %
– Maior de 45 anos: +15 % (non compatible co colectivo f das contías base)
– Persoa trans: + 15 %
– Muller: +15 % (non compatible cos colectivos b, c, d das contías base)
– Persoa que superase os estudos vinculados ás bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) nos 2 anos anteriores: + 25%

Axuda máxima: 17.000 €

2) INCREMENTO DE JORNADA CONTRATACIÓN INDEFINIDA

ACCIONES SUBVENCIONABLES

Incrementos de xornada das contratacións indefinidas de tempo parcial a completo.

  • O incremento da xornada realizarase no período 1 de outubro de 2025 ata 30 de setembro de 2026 (ambas datas incluídas)
  • O incremento de xornada terá lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axuda.
  • O incremento de xornada será subvencionable cando acade o 100% da xornada ordinaria ou da establecida no convenio colectivo de aplicación.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A contía da axuda para o incremento de xornada das contratacións indefinidas (de xornada parcial a completa) será de 2.000 €. Se o contrato se realiza con persoas con discapacidade, o incentivo será de 3.000 €

3) INCREMENTO DURACIÓN ANUAL CONTRATOS FIJOS-DISCONTINUOS

ACCIONES SUBVENCIONABLES

Incremento da duración anual dos contratos fixos discontinuos

  • O incremento da duración realizarase no período 1 de outubro de 2025 ata 30 de setembro de 2026 (ambas datas incluídas)
  • O incremento da duración do contrato terá lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axuda.
  • O incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa. O incremento deberá ser de polo menos o 50% sobre a duración inicial do contrato que se incrementa. Os contratos realizados con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A contía da axuda para o incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa será de 4.000 €.

4) ADAPTACIÓN PUESTOS DE TRABAJO

ACCIONES SUBVENCIONABLES

Adaptación dos postos de traballo

  • No caso de axudas para a adaptación de postos de traballo, o gasto deberá estar realizado na data de presentación da solicitude da axuda.
  • Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade cuxo contrato se subvenciona ao abeiro desta orde. A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar cunha memoria da empresa en que se acredite a necesidade da adaptación ou dotación de equipamentos antes citada, así como os gastos realizados, conforme o modelo que consta na sede electrónica da Xunta de Galicia.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A contía da axuda para a adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal será de 1.000 €.

5) TRANSFORMACIÓN CONTRATOS FORMATIVOS

ACCIONES SUBVENCIONABLES

Transformación contratos formativos.

A transformación de contratos formativos subvencionados con cargo ao programa de primeira experiencia profesional (TR353C), nos 2 anos previos á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, en contratos indefinidos.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A contía da axuda para a transformación de contratos formativos subvencionados con cargo ao programa de primeira experiencia profesional (TR353C) será de 1.000 €.

EXCLUSIONES

Exclúense dos beneficios desta orde:

  • As relacións laborais de carácter especial (art. 2.1 RDL 2/2015)
  • Contratacións de traballadores para prestar servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.
  • Contratos de traballo realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade co empresario ou persoas con cargos de dirección ou membros do órgano de administración. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea os fillos e fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas, e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.
  • Os contratos de traballo realizados coas persoas socias ou administradoras da entidade solicitante da axuda.
  • As contratacións indefinidas iniciais que se realicen con persoas traballadoras que nos 6 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato de carácter indefinido, ou nos últimos 3 meses, mediante un contrato de carácter temporal.
  • As contratacións que se realicen con persoas traballadoras polas que a mesma empresa ou grupo de empresas obtivese axudas ao abeiro deste procedemento: TR342C.

OBLIGACIONES

Entre outras, establécese a obriga de manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora obxecto de subvención durante un período mínimo de trinta e seis (36) meses contados desde a data de realización da contratación, do incremento de xornada, da duración anual do contrato fixo-descontinuo ou da adaptación de postos.

As persoas ou entidades beneficiarias da subvención pola adaptación de postos de traballo deberán manter o destino dos bens subvencionados polo mesmo tempo que estean obrigados a manter o posto de traballo a cuxa adaptación aqueles bens serven, que non será inferior ao período mínimo do ben subvencionado.

RÉGIME DE MINIMIS

Estas axudas ampáranse, segundo o sector a que pertenzan as persoas empregadoras e empresas beneficiarias e o ámbito da súa actividade, no Regulamento das axudas de minimis.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do 17 de febreiro de 2026, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.

  • Facebook
  • Twitter