– Programa de empleo con apoyo. Hasta el 30 de septiembre de 2025.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la ORDEN en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la ORDEN completa en el enlace “web”.

— ORDEN del 1 de agosto de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras del Programa de empleo con apoyo y se procede a su convocatoria para el año 2025. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. DOG 159 (21/08/2025)

OBJETO

Estas bases pretenden favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade e regulan as axudas ás entidades promotoras de programas de emprego con apoio para financiar os custos laborais e da Seguridade Social derivados da contratación de persoas preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio, no caso de novas contratacións e no caso de persoas preparadoras laborais que veñen prestando servizos na entidade (código de procedemento TR342A).

O procedemento de concesión é por concorrencia non competitiva.

PERSONAS BENEFICIARIAS

– Asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro.
– Centros especiais de emprego e empresas de inserción.
– Empresas do mercado ordinario de traballo sempre que conten no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas para o desenvolvemento dos programas de emprego con apoio.

As entidades promotoras de emprego con apoio terán suscrito un convenio de colaboración coa empresa que vaia contratar as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

ACCIONES SUBVENCIONABLES

As accións de emprego con apoio desenvolveranse no marco de proxectos de emprego con apoio, nos cales se deberán recoller, polo menos, as seguintes accións:

a) Orientación, asesoramento e acompañamento á persoa traballadora apoiada, elaborando para cada persoa traballadora un programa de adaptación ao posto de traballo.

b) Labores de achegamento e axuda mutua entre a persoa traballadora beneficiaria do Programa de emprego con apoio, o empregador ou empregadora e o persoal da empresa que comparta tarefas coa persoa traballadora apoiada.

c) Apoio á persoa traballadora no desenvolvemento de habilidades sociais e comunitarias, de modo que se poida relacionar co contorno laboral nas mellores condicións.

d) Adestramento específico da persoa traballadora apoiada nas tarefas inherentes ao posto de traballo.

e) Seguimento da persoa traballadora apoiada e avaliación do proceso de inserción no posto de traballo. Estas accións terán por obxecto a detección de necesidades e a prevención de posibles ameazas ou riscos, tanto para a persoa traballadora como para a empresa que a contrata, que poñan en perigo o obxectivo de inserción e a permanencia no emprego.

f) Asesoramento e información á empresa sobre as necesidades e os procesos de adaptación do posto de traballo.

CARACTERÍSTICAS DE LA AYUDA

Contía base:

Persoa destinataria final Tempo de atención mínimo na xornada de traballo Contía dos incentivos
Persoas con parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ≥ 65% 1/3 xornada de traballo 11.083,33 € anuais polo apoio a cada persoa traballadora contratada a xornada completa.
Persoas con parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual entre 33% e 65% 1/5 xornada de traballo 6.650 € anuais polo apoio a cada persoa traballadora contratada a xornada completa.
Persoas con discapacidade física ou sensorial con discapacidade ≥ 65% 1/8 xornada de traballo 4.156,25 € anuais polo apoio a cada persoa traballadora contratada a xornada completa.
Persoas xordas e con discapacidade auditiva ≥ 33% 1/8 xornada de traballo 4.156,25 € anuais polo apoio a cada persoa traballadora contratada a xornada completa.
Persoas en risco de exclusión social 1/8 xornada de traballo 4.156,25 € anuais polo apoio a cada persoa traballadora contratada a xornada completa.
Persoas con capacidade intelectual límite 1/12 xornada de traballo 1.625 € anuais polo apoio a cada persoa traballadora contratada a xornada completa.

Incrementos acumulables entre sí:

– 25% se é muller
– 25% se é persoa maior de 45 anos.
– 25% en caso de emigrante retornada ou estranxeira.
– 25% no caso de centro de traballo en concello rural
– 25% se é persoa trans

En ningún caso a contía da axuda superará o 100% dos custos laborais e sociais da persoa preparadora laboral.

PLAZO DE EJECUCIÓN

Os incentivos previstos nesta orde destinaranse a financiar os custos derivados da contratación das persoas preparadoras laborais que se xerasen ou se xeren durante o desenvolvemento das accións do emprego con apoio, dentro do período subvencionable, que abrangue entre o 1/10/2024 e o 30/9/2025.

PLAZO DE SOLICITUD

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 28/08/2025 ao 30/09/2025.

MINIMIS

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.

  • Facebook
  • Twitter