RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Resolución completa en el enlace “web”.
— RESOLUCIÓN del 30 de diciembre de 2025 por la que se da publicidad del acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de préstamos directos para el financiamiento empresarial en Galicia para los años 2026-2027. Instituto Gallego de Promoción Econonómica (DOG Nº 10, 16/01/2026).
OBJETO
Estas bases regulan as condicións e o procedemento de tramitación do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas, que se desagrega nas liñas de financiamento específicas Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento é IG408B.
PERSONAS BENEFICIARIAS
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases, empresas, persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, sociedades civís e comunidades de bens.
CONCEPTOS FINANCIABLES
Sen prexuízo de que a cada modalidade de préstamo se lle aplicarán as limitacións do anexo I da resolución, serán financiables os seguintes conceptos:
a) Bens tanxibles para a producción / subministración de bens ou servizos, ou para fins administartivos: terreos, bens naturais, instalacións técnicas, maquinaria, útiles, mobiliario, equipamentos para proceso de información, elementos de transporte.
b) Bens intanxibles adquiridos a terceiros: investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.
c) Gastos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación referidos a un proxecto.
d) Capital de explotación.
e) Investimentos financeiros: compra de accións ou participacións enmarcadas nun plan de concentración ou sucesión de empresas.
f) Adquisicion de unidades produtivas en funcionamento.
g) Investimentos financeiros en sucursais, filiais domiciliadas en outros países.
h) Gastos de traslado de unidades produtivas a Galicia.
CARACTERÍSTICAS DE LAS AYUDAS
Liñas dispoñibles (anexo I da resolución).
1. Préstamos para proxectos de investimento:
– Destinados a financiar proxectos de novos investimentos, intervención de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalación existentes.
– Investimento mínimo: 1.000.000 €
– Con carácter xeral o importe mínimo do préstamo do Igape será de 750.000 € e un límite máximo de 5.000.000 €.
– Prazos amortización e carencia: en xeral 12 anos podendo incluir carencia na amortización do principal.
2. Préstamos para la contratación empresarial y sucesión de empresas
– Destinados a apoiar a concentración e sucesión de empresas, adquisición de unidades produtivas, traslado de unidades produtivas a Galicia para concentrar actividades, e absorción de empresas para mellorar a competitividade.
– Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan actividades económicas con centros de traballo en Galicia, ou sexan partícipes de sociedades mercantís con centros de traballo en Galicia.
– Custo financiable mínimo: 100.000 €
– Gasto financiable: bens tanxibles, intanxibles, capital de explotación, compra de accións ou participación, adquisición de unidades produtivas en funcionamento e gastos de traslado de unidades produtivas a Galicia.
– Importe do préstamo: importe mínimo 75.000 € e máximo 5.000.000 € (límite 75% do custo da actuación subvencioable).
– Prazos de amortización e carencia: Ata 12 anos podendo incluir carencia de un máximo de 4 anos.
3.Préstamos para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación.
– Destinados a apoiar proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación das empresas en Galicia.
– Poderán ser beneficiarias as sociedades mercantís con centros de traballo en Galicia.
– Os proxectos de desenvolvemento e innovación deberán atoparse nos seguintes TRL: TRL5, TRL6, TRL7, TRL8 ou TRL9. Poderán ser financiados proxectos de desenvolvemento de produtos TIC, sempre que non sexan desenvolvidos en exclusiva e a medida para un cliente único nin para uso propio interno exclusivo.
– Custo financiable mínimo: 75.000 €
– Gasto financiable: activos fixos materiais necesarios para o desenvolvemento do proxecto, activos intanxibles e outros gastos en desenvolvemento e innovación.
– Importe préstamo: mínimo 75.000 € e máximo 1.500.000 € (límite 100% do custo da actuación financiable).
– Prazos de amortización e carencia: segundo a vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos, con posible carencia de ata 4 anos.
4.Préstamos para financiamento operativo.
– Destinados a apoiar o crecemento do capital circulante estructural mediante préstamos a longo prazo
– Poderán ser beneficiarios empresas da industria manufactureira, empresas do sector da pesca, acuicultura e transformación e comercialización dos produtos destes sectores, empresas do sector da construcción naval, centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, fundacións, e outras entidades que presten servizos de interese para o tecido empresarial galego.
– A contía financiable será calculada segundo a solicitude e o análise dos estados financeiros da solicitante.
– O importe do préstamo estará entre 75.000 € e 2.000.000 € en función da calificación de risco e á garantía da entidade.
– Prazos de amortización e carencia: como máximo 8 anos cunha carencia adaptada ao plan financeiro.
Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados desde o 1 de xaneiro de 2026, ata a finalización do prazo de execución da actuación que se determine no acordo de concesión.
Para os préstamos que inclúan axuda implícita, esta equivalerá ao aforro de carga financeira respecto dun préstamo alternativo que poderían obter no mercado.
RÉXIME DE MINIMIS
As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende o 26 de xaneiro ata o 1 de decembro de 2026.



