— Premios Cooperativismo en la Enseñanza y A la Coooperación. Hasta 30/04/2026

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

— ORDEN de 9 de 23 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras del certamen Cooperativismo en la enseñanza y los premios a la cooperación, y se procede a su convocatoria para el año 2026. Consellería de Promoción del Empleo, Comercio y Emigración (DOG Nº 15, 23/01/2026). 

FINALIDAD

Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.

O código do procedemento para a tramitación destes premios é o TR802Q.

ENTIDADES DESTINATARIAS

1. Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
2. Será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.
3. Non poderán resultar premiadas aquelas cooperativas que resultaran premiadas en anos anteriores nos premios á cooperación cando os méritos alegados sexan substancialmente os mesmos.
4. Tampouco poderán ser premiadas as cooperativas nas que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PREMIOS

Outorgaranse os seguintes premios:

– Premio aos valores cooperativos.
– Premio ao mellor proxecto cooperativo novo.
– Premio á traxectoria cooperativa.

PREMIO A LOS VALORES COOPERATIVOS

1. Outorgarase á cooperativa galega que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos.

2. O tribunal valorará a traxectoria das candidatas, especialmente as actuacións dirixidas á aplicación práctica dos valores e principios cooperativos, a súa comunicación e difusión, así como a súa adecuación ao marco socioeconómico galego.

PREMIO AL MEJOR PROYECTO COOPERATIVO NUEVO

1. Outorgarase á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.

2. O tribunal terá en conta a especial relevancia do proxecto, que pode vir determinada, entre outros, polo seu carácter innovador, a súa sustentabilidade, a súa repercusión positiva no seu contorno especialmente nos eidos económico, social, cultural e laboral.

PREMIO A LA TRAYECTORIA COOPERATIVA

1. Outorgarase á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña dunha antigüidade maior de corenta e dous meses e que teña destacado pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

2. O tribunal terá en conta especialmente a solidez dos resultados económicos acadados, a xeración de postos de traballo, as relacións de intercooperación ou a expansión territorial do seu negocio.

CUANTÍA DE LOS PREMIOS

Outórganse os seguintes premios:
– Premio aos valores cooperativos, cunha dotación económica de 5.000 euros.
– Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, cunha dotación económica de 5.000 euros.
– Premio á traxectoria cooperativa, cunha dotación económica de 5.000 euros.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

El plazo de presentación de las solicitudes estará abierto desde el 24 de enero hasta el 30 de abril de 2026

  • Facebook
  • Twitter