— Plan Galicia Emprega: ayudas contratación. Hasta 30/09/2025

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

— ORDE de 9 de diciembre de 2024 por la que se da publicidad del acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas a la transformación digital de las pymes para el año 2025, cofinanciadas por la Unión Europea en el marco del programa Galicia Feder 2021-2027, y se convocan en régimen de concurrencia competitiva (código de procedimiento IG300C). Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. DOG Nº 16 (24/01/2025).

OBJETO Y FINALIDAD

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2023, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas establecidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.

A orde regula o Plan Galicia emprega (código de procedemento TR342C) de incentivos á contratación por conta allea dos colectivos vulnerables recollidos no artigo 24.1.a), a través dunha liña de incentivos á contratación por conta allea cuxas particularidades se recollen nesta orde, e que inclúe catro modalidades de axudas:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

ACCIONES SUBVENCIONABLES

a) Que o contrato se realice cunha persoa que se encadre nalgún dos colectivos sinalados no artigo 24.1.a).

b) Que as contratacións se realicen dentro do período subvencionable, que comprende desde o 1 de outubro de 2024 e ata o 30 de setembro de 2025, ambas as datas incluídas.
No caso de incremento de xornada ou de incremento na duración anual do contrato fixo, o dito incremento deberá realizarse igualmente no período subvencionable, do 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas as datas incluídas.

c) Que as contratacións teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día da solicitude de axudas.

d) No caso de axudas para a adaptación de postos de traballo, que o gasto estea realizado na data de presentación da solicitude.

2. Modalidades e requisitos aplicables a cada tipo de axuda:
a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
Os contratos subvencionables deberán ser de duración indefinida e a xornada a tempo completo. Exclúense os contratos fixos descontinuos.

Exceptúanse da xornada a tempo completo as contratacións de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, que poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial; a xornada a tempo parcial será como mínimo do 50 %.

Para ser subvencionable a contratación deberá realizarse cunha persoa desempregada, entendendo como desempregada a definición do artigo 5.1 desta orde.
As contratacións deberán estar comunicadas a través da aplicación contrat@ no prazo de 10 días hábiles desde o seu inicio.

b) Incrementos de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa.

d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo.

CUANTÍA DE LOS INCENTIVOS

a) As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas incentivaranse con distintas contías base, segundo o colectivo a que pertenza a persoa contratada, conforme as definicións establecidas no artigo 5 desta orde:

A. Persoa moza: 6.000 €.
B. Muller: 6.000 €.
C. Persoa parada de longa duración: 6.000 €.
D. Persoa de 52 anos ou máis: 6.000 €.
E. Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 6.000 €.
F. Mulleres en ocupacións masculinizadas: 10.000 €.
G. Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 10.000 €. Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.

As contías indicadas anteriormente incrementaranse nun 15 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

I. No suposto de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
II. Se a persoa contratada é maior de 45 anos (incremento non aplicable na letra D do punto anterior)
III. Persoas trans

A contía máxima posible que se subvencionará por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 14.500 €.

b) Incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais (de xornada parcial a xornada completa): incentivo de 2.000 €. Se o incremento de xornada se realiza en persoas con discapacidade, o incentivo será de 3.000 €.

c) Incremento da duración anual dos contratos fixos descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 4.000 €.

d) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal: axuda de 1.000 €.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 31 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.

  • Facebook
  • Twitter