– Fomento de buenas prácticas de silvopastoreo y pastoreo en extensivo. Hasta el 29 de septiembre de 2025.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la CONVOCATORIA en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la CONVOCATORIA completa en el enlace “web”.

— Convocatoria y Bases que canalizarán las subvenciones para apoyar el fomento de buenas prácticas de silvopastoreo y pastoreo en extensivo que contribuyan a la reducción de los niveles de biomasa existente, en la ejecución del programa “O QUE NON ARDE”, en la anualidad 2025. Deputación Provincial de Lugo. BOP Lugo 200 (01/09/2025)

OBJETO

As presentes bases teñen como obxecto a ordenación do procedemento para a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar o fomento de boas prácticas de silvopastoreo e pastoreo en extensivo que produzan a redución dos niveis de biomasa existente, na execución do programa “O que non arde”, na anualidade 2025.

Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.

PERSONAS BENEFICIARIAS

Persoas físicas ou xurídicas, así como agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas e comunidades de bens, titulares de explotacións gandeiras da provincia de Lugo que estean inscritas no REGA sempre que leven a cabo actividades silvopastorís con gandería extensiva, contribuíndo así á defensa do medio rural. Deberán ser titulares dalguna das seguintes tipoloxías de gando: cabalar, cabrún, ovino ou porcino, podendo incluír ademáis especies de gando maior en sistemas mixtos de silvopastoreo.

GASTOS SUBVENCIONABLES

1. Pastores eléctricos e elementos de alimentación eléctrica.
2. Valados móbiles de malla electrificada
3. Valados fixos electrificados.
4. Valados virtuais (colares)
5. Elementos de manexo: cepos, curros, comedeiros, bebedoiros, tolvas, refuxos, pasos canadenses,…)
6. Gastos correntes complementarios: rozas puntuais, subscrición a aplicacións de monitoraxe intelixentecontía

CUANTÍA DE LA AYUDA

O importe da axuda será en función do orzamento e das solicitudes que cumpran os requisitos.

Axuda mínima: 300 €
Axuda máxima: 6000 €

Se nos conceptos subvencionables se inclúe a adquisición de pasos canadenses e/ou colares intelixentes para a monitorización animal, a contía máxima poderá chegar aos 12.000 €.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Criterio Puntuación Límite máximo
Número de hectáreas susceptibles de aproveitamento por silvopastoreo, dentro dos terreos aproveitados polo/pola solicitante, de xeito que se produza a descontinuidade da biomasa vexetal co obxecto de contribuír á defensa do medio rural 0,20 puntos por hectárea 4 puntos
Practicar o silvopastoreo polo menos con algún animal pertencente a unha das razas autóctonas galegas de gando cabalar, cabrún, ovino ou porcino (cabalo galego, cabra galega, ovella galega, porco celta) 3 puntos 3 puntos
Inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REGA) como explotación prioritaria 2 puntos 2 puntos
Pertenza a asociacións de produtores gandeiros de cabalar, cabrún, ovino ou porcino 2 puntos se pertence a 1 asociación3 puntos se pertence a 2 asociacións4 puntos se pertence a 3 ou máis asociacións 4 puntos
No caso de que o silvopastoreo se leve a cabo en terreos pertencentes a unha ZAR 1 punto 1 punto
Mulleres solicitantes Entidade cunha % igual ou superior ó 25% de mulleres membros: 1 puntoMuller solicitante a título particular: 1 punto 1 punto
Pertenza a zona de montaña dalgunha das parcelas nas que se leva a cabo o silvopastoreo 2 puntos 2 puntos
Non ter sido beneficiaria de subvención no marco da edición do programa “O que non Arde” 2024 3 puntos 3 puntos

As solicitudes presentadas por persoas, físicas ou xurídicas, así como as presentadas polas agrupacións ás que se refire a Base 4, que foran beneficiarias das subvencións correspondentes a este Programa na edición anterior e renunciaran a elas, terán que aplicar unha redución de 5 puntos sobre a suma da puntuación obtida en aplicación dos criterios de valoración anteriores.

Á puntuación obtida aplicaraselle un coeficiente en función da especie gandeira empregada.

 Manexo mixto (2 ou máis especies): 1,30
 Gando cabalar: 1,15
 Gando cabrún: 1
 Gando ovino: 0,85
 Gando porcino: 0,70

PLAZO DE EJECUCIÓN DE LAS ACTIVIDADES

O prazo de execución das actividades subvencionadas esténdese dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro, ambos do ano 2025.

PLAZO DE SOLICITUD

Dende o 2 de setembro de 2025 ata o 29 de setembro de 2025.

  • Facebook
  • Twitter