RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Resolución completa en el enlace “web”.
— RESOLUCIÓN de 16 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras y se anuncia la convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, del procedimiento de concesión de subvenciones para proyectos de ahorro y eficiencia energética en las empresas gallegas, para el año 2026, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional en un 60 % en el marco del programa Galicia Feder 2021-2027. Axencia Instituto Enerxético de Galicia (DOG Nº 12, 20/01/2026).
OBJETO
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas.
Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento é IN417Y
PERSONAS BENEFICIARIAS
Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias:
– As empresas legalmente constituídas e autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
– As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
Non poderán ter a condición de beneficiarias:
– As empresas que operan no sector de produción agrícola primaria coas actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases desde a 1.11 á 02.40 do CNAE-2025, ambas incluídas na exclusión.
– Os sectores a que se refire o número 3 do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (Reglamento de exención por categorías)
PROYECTOS SUBVENCIONABLES
Os traballos non poderán iniciarse con anterioridade á data de presentación da solicitude.
Serán subvencionables aqueles proxectos con rateos de aforro enerxético anual iguais ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña:
| Denominación da liña | Proxectos subvencionables |
| Papeme-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes | Proxectos que xustifican rateos de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,18 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible |
| PAGE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas | Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,25 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible |
| PAE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % | Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,10 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI. |
| PAP-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas | Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,18 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible |
Os investimentos só poderán ser subvencionados sobre a base dunha auditoría enerxética (no caso de actuacións de mellora de edificios, substituirase a auditoría enerxética polo certificado de eficiencia enerxética), cuxos resultados se plasmarán na memoria técnica da solicitude.
Serán subvencionables instalacións novas en que o aforro enerxético deberá xustificarse en relación coas instalacións de referencia que correspondan á práctica comercial normal no sector ou na actividade de que se trate.
Será subvencionable a implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociadas ás actuacións de aforro para as que se solicita a axuda. Será subvencionable a realización de auditorías enerxéticas que inclúan en detalle a actuación subvencionada salvo que se trate dunha auditoría obrigatoria conforme a normativa vixente.
INVERSIONES SUBVENCIONABLES
Considéranse custos subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, dirección facultativa e obra civil relacionados coas actuacións, o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha, así como os sistemas de monitorización, contabilización e telexestión e as auditorías.
Non se consideran subvencionables:
a) Gastos de legalización
b) IVE
c) Licenzas, aranceis, bens de segunda man.
d) Proxectos que non cumpran os requisitos técnicos mínimos recollidos nos artigos 6 e 7 desta resolución.
e) Partidas alzadas.
f) Instalacións que utilicen enerxías renovables salvo as asociadas a melloras integrais de edificios, as que procedan da valorización de residuos non propiamente enerxéticos e as bombas de calor.
g) Operacións de mantemento (simples reposición de lámpadas…).
h) Vehículos de todas as clases utilizables para o transporte terrestre, marítimo ou aéreo de persoas, animais, materiais ou mercadorías, excepto os que se deban rexistrar na conta de maquinaria.
i) Instalación de equipos de enerxía alimentados por combustibles fósiles, incluído o gas natural.
j) Instalacións/equipamentos que xa foran obxecto de axuda en anos anteriores.
No caso particular de investimentos destinados á mellora de eficiencia enerxética en edificios:
As axudas deben inducir unha mellora da eficiencia enerxética do edificio, medida en enerxía primaria, de como mínimo un 20 % en comparación coa situación anterior ao investimento
As axudas para a mellora da eficiencia enerxética do edificio poderán combinarse con:
a) A instalación de equipamentos integrados in situ que xeren electricidade, calor ou frío a partir de fontes de enerxía renovables, incluídos, entre outros, os paneis fotovoltaicos ou as bombas de calor.
b) A instalación de equipamentos para o almacenamento da enerxía xerada por instalacións de enerxía renovable in situ; o equipo de almacenamento absorberá polo menos o 75 % da súa enerxía de instalacións de xeración de enerxía renovable directamente conectadas, sobre unha base anual.
c) A conexión a un sistema urbano de calefacción e/ou refrixeración enerxeticamente eficiente e aos equipamentos conexos.
d) A construción e instalación de infraestruturas de recarga para o uso dos usuarios do edificio, así como das infraestruturas conexas, como condutos, cando o aparcadoiro estea situado dentro do edificio ou sexa fisicamente adxacente a este.
e) A instalación de equipamentos para a dixitalización do edificio, en particular, para efectos de aumentar a súa preparación para aplicacións intelixentes, incluídos a conexión pasiva con fíos no interior ou a cablaxe estruturada para redes de datos e a parte auxiliar da infraestrutura de banda larga na propiedade a que pertence o edificio, pero excluíndo a conexión con fíos ou a cablaxe para redes de datos fóra da propiedade.
f) Os investimentos en teitos verdes e equipamentos para a retención e utilización das augas pluviais.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
A intensidade da axuda en función da normativa de aplicación será a seguinte:
a) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) 2023/2831 de minimis (empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura): A contía da subvención será do 35 % do custe subvencionable da actuación para grandes empresas, do 45 % para medianas e do 55 % para pequenas.
b) Solicitudes destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios: A contía da subvención será do 20 % do custe subvencionable da actuación para grandes empresas, do 30 % para medianas e do 40 % para pequenas.
c) Solicitudes destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios. A contía da subvención será do 35 % do custe subvencionable da actuación para grandes empresas, do 45 % para medianas e do 55 % para pequenas.
A axuda máxima por expediente ascende a 1.000.000 € salvo no caso de mínimis que está limitada a 300.000 €.
A axuda máxima por empresa beneficiaria será de 2.000.000 euros.
RÉGIMEN DE MINIMIS
Estas axudas para as empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
PLAZO DE EJECUCIÓN
A data limite para executar e xustificar o investimento será o 15 de setembro de 2027.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 30 de xaneiro e remata o 15 de setembro de 2026.



