RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.
— ORDEN de 30 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras de los programas de ayudas a las personas trabajadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente por la Unión Europea en el marco del programa FSE+ Galicia 2021-2027, y se procede a su convocatoria para el año 2026. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 23, 04/02/2026).
PROGRAMA II. NUEVA OPORTUNIDAD AUTÓNOMOS
OBJETO
A finalidade deste programa é a concesión de axudas dirixidas ás persoas autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento é o TR790A
INCOMPATIBILIDADES
Esta axuda será incompatible con:
- Programas de promoción do emprego autónomo que subvencionen a alta como persoa traballadora autónoma, cos programas do emprego en cooperativas e sociedades laborais (TR802G) (programa I APROL) exercicio 2026
- Iniciativas de emprego de base tecnolóxica (TR340E) exercicio 2026
- Axudas á promoción do emprego autónomo (TR341D) exercicio 2025 e 2026
- Programa EMEGA (SI429A) exercicio 2026
- Promoción autoemprego para persoas galegas retornadas (PR937A) exercicios 2025 e 2026.
- Se xa se foi beneficiaria con anterioridade desta axuda TR790A.
Serán compatibles co programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (TR802J) do programa Aprol-Economía social e co programa Re-Acciona (IGAPE).
PERSONAS BENEFICIARIAS
Persoas que fosen autónomas con anterioridade, que queren volver a emprender, e cumpran os seguintes requisitos:
- Ter causado alta no RETA entre o 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026, e atoparse de alta no momento da solicitude.
- Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma.
- Ter unha alta inicial no RETA, antes desta nova alta, dentro dos últimos 5 anos desde a data da publicación desta orde, excluídos os autónomos colaboradores.
- Ter cotizado anteriormente a esta nova alta, polo menos durante 3 meses ininterrompidos.
- Transcorrer un período mínimo de seis (6) meses entre a nova alta como persoa traballadora autónoma e a anterior baixa.
- Ter o domicilio fiscal e a actividade económica en Galicia, con anterioridade á nova alta como persoa traballadora autónoma.
- Ter iniciado a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
- Estar dado de baixa no imposto de actividades económicas da actividade precedente.
As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e, en todo caso, con data posterior ao 1 de outubro de 2025.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
A axuda do bono nova oportunidade será dunha contía única de 7.500 €, contía que se incrementará en 500 € no caso de que a beneficiaria sexa unha muller.
RÉGIMEN DE MINIMIS
A axuda concedida está suxeita ao réxime de minimis.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes irá dende o 11 de febreiro ata o 30 de setembro de 2026.



