RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.
— ORDEN de 30 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras de los programas de ayudas a las personas trabajadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente por la Unión Europea en el marco del programa FSE+ Galicia 2021-2027, y se procede a su convocatoria para el año 2026 . Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 23, 04/02/2026).
PROGRAMA III. BONO AUTÓNOMO
OBJETO
A finalidade deste Programa é a concesión de axudas dirixidas ás persoas autónomas xa consolidadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para impulsar a mellora da competitividade dos seus negocios mediante investimentos relacionados directamente con eles.
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento é o TR341Q
PERSONAS BENEFICIARIAS
Persoas traballadoras autónomas de alta por conta propia que:
- Teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos, computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
- Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas, declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros.
- Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.
Tamén poderán ser beneficiarias as sociedades de calquera clase con domicilio fiscal en
Galicia na data da solicitude que:
- Teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
- Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 €, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.
- Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2024, inferior a 50.000 € ou no IRPF en caso de réxime de atribución de rendas.
Exclusións:
- As persoas autónomas colaboradoras e os familiares que realizan traballos para as persoas autónomas e que non teñan a condición de traballador por conta allea.
- As persoas autónomas administradoras, salvo que formen parte da sociedade nunha porcentaxe igual ou superior ao 25 % das súas participacións ou igual ou superior ao 33 % do seu capital.
- As persoas traballadoras autónomas ou as sociedades que foron beneficiarias e percibiron a axuda do bono das persoas autónomas, procedemento TR341Q, nalgunha das cinco últimas convocatorias (2021 a 2025, ambas incluídas).
- As persoas autónomas e as sociedades que resultaran beneficiarias desta axuda TR341Q en 2026 e renunciaran a ela no marco desta convocatoria.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
- Compra de maquinaria.
- Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
- Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
- Compra de utensilios e ferramentas.
- Reforma do local ou espazo do negocio.
- Equipamento informático.
- Equipamento de oficina e/ou negocio.
- Rótulos.
- Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.
- Deseño de marca.
Exclusións: teléfonos móbiles, mercadorías, gastos correntes de mantemento de webs, redes sociais, e tamén vehículos de transporte que non teñan a consideración de maquinaria.
Serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de outubro de 2025 ata a data da solicitude da axuda, efectivamente xustificados, mediante facturas emitidas no período subvencionable e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
A contía da axuda será do 60% dos investimentos, cun límite máximo de 7.000 €.
RÉGIMEN DE MINIMIS
A axuda concedida está suxeita ao réxime de minimis.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes irá dende o 11 de febreiro ata o 30 de setembro de 2026.



