— Ayudas modernización tecnología digital en estación de servicio rurales. Hasta 09/03/2026

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

— ORDEN de 9 de enero de 2026 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia competitiva, de las ayudas encaminadas a la modernización tecnológica y digital en las estaciones de servicio de ámbito rural de la Comunidad Autónoma de Galicia, así como al desarrollo de actuaciones dirigidas a mejorar su seguridad, y se procede a su convocatoria para el año 2026. Consellería de Economía e Industria (DOG Nº 15, 23/01/2026). 

OBJETO

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de actuacións de modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a súa seguridade, para o ano 2026, promovendo a mellora da eficiencia operativa, o acceso a servizos financeiros por parte da poboación e o desenvolvemento económico mediante a incorporación de tecnoloxías innovadoras.

Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia competitiva.

O código de procedemento é IN519F

BENEFICIARIOS

Pemes e autónomos titulares de estación de servizo situadas nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que realicen investimentos para a modernización tecnolóxica e dixital sempre que:

– Estén situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes ou naquelas parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais no caso de estar en concellos de máis de 20.000 habitantes.
– Figuren de alta na clase 47.30 Comercio polo miudo de combustible para automóviles (CNAE- 2025)
– Teñan como mínimo unha persoa contratados por conta allea (indefinido, fixo discontinuo ou combinacións que garantan unha presenza mínima equivalente a 20 h. semanais). En concellos de menos de 2.000 habitantes, será suficiente con ter un empregado por conta allea con contrato indefinido ou que o titular sexa un empresario autónomo.
– A estación de servizo figure inscrita no Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos

GASTOS SUBVENCIONABLES

a) A adquisición e/ou instalación de sistemas e equipamentos dixitais para a mellora da xestión operativa da estación de servizo.
b) A implantación de sistemas e equipamentos asociados ao pagamento na estación de servizo, así como servizo de retirada de diñeiro en efectivo.
b.1) Sistemas e equipamentos dixitais para a mellora do pagamento.
b.2) Servizo de retirada de diñeiro en efectivo.
c) A integración de plataformas dixitais para a optimización da operativa de adquisición de produtos e servizos ofrecidos no establecemento.
d) A adquisición e/ou implantación de sistemas e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade da estación de servizo.
e) A adquisición e/ou implantación de sistemas e equipamentos dirixidos a garantir os servizos ofrecidos pola estación de servizo en caso interrupción da subministración de enerxía eléctrica a través da rede de distribución.
e.1) Sistemas de alimentación ininterrompida asociados aos equipamentos dixitais.
e.2) Grupos electróxenos destinados a garantir a subministración de enerxía eléctrica.
f) A adquisición de desfibriladores.

Serán subvencionables os custos directamente relacionados coa execución das actuación Indicadas, incluíndo custos de adquisición de software, instalación SAI, formación do persoal no uso de novas tecnoloxías e obras necesarias para a implantación dos sistemas anteriores.

Non se subvencionarán os gastos de legalización, taxas, licenzas, aranceis, bens de segunda man nin o IVE.

PERIODO SUBVENCIONABLE

Consideraranse subvencionables todos os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 ata a data de xustificación do investimento.

CUANTÍA DE LA AYUDA

Con carácter xeral, a intensidade das axudas será dun 50 % do importe total do custo elixible da actuación e cun máximo de 30.000 € por solicitude.

Para actuacións da tipoloxía e.2) a intensidade da axuda será do 80% cun máximo de 5.000 € por solicitude, cun máximo de 30.000 € para o conxunto da subvención.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Os proxectos que se presenten serán técnica e economicamente viables, establecéndose os seguintes criterios de valoración:
1. Impacto das tipoloxías de actuación na mellora dos servizos ofrecidos (ata un máximo de 75 puntos).
– Sistemas e equipamentos dixitais para a mellora da xestión operativa: 7,5 puntos.
– Sistemas e equipamentos dixitais para a mellora do pagamento: 7,5 puntos.
– Implantación de sistemas de retirada de diñeiro en efectivo: 7,5 puntos.
– Integración de plataformas dixitais para optimizar a adquisición de produtos e servizos: 7,5 puntos.
– Sistemas e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade da estación de servizo: 10 puntos.
– Sistemas de alimentación ininterrompida asociados aos equipamentos dixitais: 10 puntos.
– Grupos electróxenos destinados a garantir a subministración de enerxía eléctrica: ata 12,5 puntos.
– Implantación de desfibriladores: 12,5 puntos.
2. Contribución ao desenvolvemento económico e social de zonas rurais (ata un máximo de 25 puntos): en función da poboación da parroquia en que se atopen.

RÉGIMEN DE MINIMIS

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar a solicitude estará aberto dende o 24 de xaneiro ata o 9 de marzo de 2026.

  • Facebook
  • Twitter