— Ayudas a reposición de animales. Hasta 30/11/2026

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

ORDEN del 29 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de ayudas de compensaciones complementarias y ayudas para la reposición de los animales en explotaciones de ganado bovino, ovino y caprino, como consecuencia del sacrificio obligatorio de ganado en ejecución de programas oficiales de erradicación de enfermedades, y se convocan para el año 2026. Consellería de Medio Rural (DOG Nº 10, 16/01/2026).

OBJETO

Esta orde regulará:

1. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, con motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais:

a) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de baleiro. Código de procedemento MR553A.
b) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de postautorización á reintrodución. Código de procedemento MR553B.

2. As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio/matanza de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen ou fose necesaria a súa eutanasia durante o seu manexo mentres se desenvolvían as actuacións sanitarias oficiais. Código de procedemento MR550A.

Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia non competitiva.

PERSONAS BENEFICIARIAS

— No caso de lucro cesante: persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

— No caso de compra de animais de reposición: persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio/matanza de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén as persoas e as entidades titulares das explotacións onde morresen ou fosen eutanasiados os animais das ditas especies durante o seu manexo mentres se desenvolvían as actuacións sanitarias oficiais.

CONTÍA DAS AXUDAS

As compensacións por lucro cesante será determinado con base nos cálculos aplicados ás marxes brutas das principais actividades produtivas gandeiras das explotacións (anexo I da orde) tendo en conta o tempo de baleiro da explotación ou período de corentena, e os 3 meses posteriores a que se autorice a reintroducción de animais.

Os cálculos faranse multiplicando o valor da marxe bruta de cada unidade de produción polo número de unidades de produción, obtendo o importe que se percibirá por animal e día, e tendo en conta os días de inactividade.

Para a compra de animais bovinos, ovinos e cabrúns destinados á reposición, terase en conta a idade na data de sacrificio ou morte, o precio de compra do animal e o importe medio por animal sacrificado.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

El plazo para la presentación de solicitudes estará abierto desde el 17 de enero hasta el 30 de noviembre de 2026.

  • Facebook
  • Twitter