– Ayudas a la adquisición de uva para vino de DOP e IXP para la campaña 2025. Hasta el 16/12/2025.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de al RESOLUCIÓN en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Resolución completa en el enlace “web”.

— RESOLUCIÓN del 23 de julio de 2025 por la que se le da publicidad al acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas para facilitar la financiación de la adquisición de uva por las bodegas de elaboración de vino acogido a la denominacións de origen e indicaciones geográficas protegidas vitivinícolas gallegas para la campaña 2025. Instituto Gallego de Promoción Económica. DOG 147 (04/08/2025)

OBJETIVO

Estas bases teñen por obxeto facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña 2025, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408F).

PERSONAS BENEFICIARIAS

Empresas que teñan, polo menos, un centro de traballo en Galicia e que sexan titulares de adegas de elaboración de viño (CNAE 1102), acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.

As empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

GASTOS SUBVENCIONABLES

A axuda consistirá na subvención das comisións e xuros aplicados polas entidades bancarias e sociedades de garantía recíproca, se é o caso, nas operacións de préstamo necesarias para o financiamento da adquisición da colleita de uva do ano 2025, por parte dos titulares de adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.

Serán susceptibles de apoio os préstamos formalizados entre o 1 de setembro de 2025 e o 30 de decembro de 2025, incluíndo as operacións aprobadas pendentes de formalizar no momento da solicitude.

Características dos préstamos Préstamos avalados por SGR Préstamos sen aval de SGR
Prazo de vixencia 3 anos incluíndo un mínimo de 6 meses de carencia 1 ano incluíndo un mínimo de 6 meses de carencia
Tipo de xuro máximo Euribor 12m + 2.50% durante o primeiro ano Euribor 12m + 2.50% durante o primeiro ano
Comisión de formalización máxima 0,50% 0,50%
Comisión amortización anticipada 0% 0%
Garantía Aval da SGR polo 100%*Condicións dos avais das SGR:
– Com. Apertura e/ou estudo 0,5% do principal
– Com. Aval anual 1,25%
– Com. Amortiz. Anticipada 0%
A entidade financieira poderá tomar garantías agás o peñoramento de depósitos do titular que detraian a liquidez.

A base subvencionable será a menor das seguintes:
– A suma dos importes dos préstamos formalizados nas operacións de financiamento.
– O importe total da uva adquirida a terceiros na campaña 2025 das DO e IXP incluído o IVE correspondente.

PERIODO DE EJECUCIÓN

Abranguerá desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá, en ningún caso, superar a data para a execución dos proxectos establecida na resolución de convocatoria (30 de setembro de 2026).

CUANTÍA DE LA AYUDA

O importe da axuda será o resultado de sumar:

– Un máximo do 0,5% da base subvencionable, co límite da comisión da apertura e formalización.
– Un máximo do 0,5% da base subvencionable, co límite da comisión de apertura e estudo cobrada pola SGR (no caso de préstamos sen aval da SGR, a subvención por este concepto será 0 €)
– Un máximo do 1,25% da base subvencionable, co límite da comisión de aval cobrada pola SGR (no caso de préstamos sen aval da SGR, a subvención por este concepto será 0 €)
– Un 5% da base subvencionable, como de estimación de xuros correspondentes ao primero ano de vixencia do préstamo.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 11 de agosto de 2025 ás 9.00 horas, e rematará o 16 de decembro de 2025, ás 14.00 horas.

RÉGIMEN DE MÍNIMIS

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.

  • Facebook
  • Twitter