– Ayuda para el fomento de la cooperación entre pymes y otros agentes de innovación. Hasta el 22 de septiembre de 2025.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la RESOLUCIÓN en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la RESOLUCIÓN completa en el enlace “web”.

— RESOLUCIÓN del 29 de julio de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de las ayudas para el programa Nexos para fomentar la cooperación entre las pymes y los demás agentes del Sistema Regional de Innovación, a través del apoyo a proyectos colaborativos de Investigación, Desarrollo e Innovación orientados al mercado y alineados con los restos y prioridades identificados en la RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas por la UE en un 60% en el marco del programa de Galicia FEDER 2021-2027, y se procede a su convocatoria para el año 2025. Axencia Galega de Innovación. DOG 153 (12/08/2025)

OBJETO

Estas bases teñen por obxeto fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema Rexional de Innovación, a través do apoio a proxectos colaborativos empresariais de Investigación, Desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades definidas no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027 (código de procedemento IN852A).

As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.

Serán incompatibles coa percepción doutras axudas, outros ingresos ou outros recursos para a mesma finalidade ou os mesmos custos procedentes de calquera Administración, ou ente, público ou privado, nacional ou internacional.

PERSONAS BENEFICIARIAS

Agrupacións de empresas (mínimo 3 e máximo 6) que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. Cada agrupación contará alomenos con 2 empresas independentes entre sí e poderá participar só unha gran empresa ata un 30%.

Todas as empresas que formen parte da agrupación deberán ter implantado un sistema dixital de rexistro horario da xornada laboral ou compromiso de que estará implantado na data de inicio do proxecto.

As agrupacións rexeranse por un documento contractual que as regule e non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición (4 anos dende a xustificación).

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental, a innovación organizativa e a innovación en materia de procesos.
A cualificación da actividade subvencionable para cada entidade participante no proxecto corresponderá coa que sexa predominante no proxecto.

CARACTERÍSTICAS DE LOS PROYECTOS

Os proxectos financiables poderán encadrarse nalgún dos seguintes ámbitos estratéxicos: agroalimentación, benestar e saúde, economía circular e enerxía, fabricación avanzada.

Os proxectos deberán sempre realizarse en cooperación con pemes e ter un orzamento subvencionable entre 500.000 € e 1.500.000 €. Esixirase unha participación mínima por cada membro da agrupación de 75.000 €.

Poderá incluirse unha gran empresa, cunha participación limitada a un máximo do 30% do orzamento subvencionable.

Só se financiarán as actividades desenvolvidas na CCAA de Galicia, polo que todos os membros terán un centro de traballo permanente nela. A solicitude debe presentarse antes do comezo do proxecto.

Coa solicitude adxuntarase unha memoria técnica do proxecto con un cronograma do plan de traballo e relación de actividades a desenvolver, os currículos dos membros do equipo humano asignado ao proxecto, e o plan de comunicación e difusión.

COSTES SUBVENCIONABLES

Custos directos:

– Custos de persoal.
– Equipamento e material instrumental de nova adquisición
– Materiais, subministracións e produtos similares
– Adquisición de patentes
– Subcontratación
– Outros (custo do informe DNSH, contratación externa plan de comunicación e
difusión)

Custos indirectos.

CUANTÍA DE LA AYUDA

A contía máxima da axuda será en función da categoría do proxecto e do tamaño da
empresa:

Categoría predominante do proxecto Pequena empresa Mediana empresa Grande empresa
Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas, como mínimo unha delas debe ser peme e ningunha empresa pode asumir por sí soa máis do 70% dos custos subvencionables 60% 60% 60%
Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas, como mínimo unha delas debe ser peme e ningunha empresa pode asumir por sí soa máis do 70% dos custos subvencionables 60% 50% 40%
Innovación organizativa ou en materia de procesos. No caso de grandes empresas só cando colaboran de xeito efectivo cunha ou varias pemes, as cales deberán asumir como mínimo o 30% dos custos subvencionables totais do proxecto. 50% 50% 15%

As entidades beneficiarias poderán solicitar o pagamento anticipado:
– Anualidades 2025 e 2026: ata o 100% da subvención concedida desta anualidade.
– Anualidades sucesivas: ata o 50% da subvención concedida en cada anualidade.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

A valoración de cada proxecto presentado que reúna os requisitos realizarase sobre un total de 100 puntos.

1. Excelencia. Calidade científico-técnica do proxecto: 0-37 puntos (puntuación mínima necesaria 19 puntos).
2. Calidade e eficiencia da implementación do proxecto: 0-30 puntos (puntuación mínima necesaria 16 puntos).
3. Impacto tecnolóxico e socioeconómico do proxecto: 0-31 puntos.
4. Concello emprendedor: máximo 2 puntos.

De cada proxecto faranse dúas avaliacións realizadas por asesores/as científicos/as externos/as que sexan especialistas na materia á que o proxecto se refira. Será requisito necesario para que un proxecto poida ser subvencionado que alcance un mínimo de 60 puntos.

PLAZO DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 13 de agosto de 2025 e rematará o 22 de setembro de 2025.

PLAZOS DE EJECUCIÓN Y JUSTIFICACIÓN

Período de execución Presentación documentación xustificativa
Ano 2025 Desde data de presentación da solicitude Ata 31/12/2025 31/01/2026
Ano 2026 Desde 01/01/2026 Ata 31/10/2026 31/01/2027
Ano 2027 Desde 01/11/2026 Ata 31/10/2027 30/11/2027
Ano 2028 Desde 01/11/2027 Ata 30/09/2028 15/10/2028

PRESUPUESTO

Aplicación orzamentaria 2025 (€) 2026 (€) 2027 (€) 2028 (€) Total (€)
07.A2.561A.770.0(CP: 2023-00002) 520.000 7.400.000 12.400.000 7.680.000 28.000.000
  • Facebook
  • Twitter