RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la RESOLUCIÓN en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la RESOLUCIÓN completa en el enlace “web”.
— RESOLUCIÓN del 29 de agosto de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras y la convocatoria de axudas destinadas a la reparación de los daños causados en las viviendas y su menaje doméstico por los incendios que se produjeron en Galicia durante el verano de 2025, con carácter plurianual. Instituto Galego da Vivenda e Solo. DOG 166 (30/08/2025)
OBJETO
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas destinadas a reparar os danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico como consecuencia dos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025. Para o caso de que os danos ocasionados determinasen a ruína da vivenda, a axuda poderá destinarse tanto á súa reconstrución como á adquisición dunha nova vivenda.
A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados.
Código de procedemento: VI100B
PERSONAS BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sufrisen danos que afecten tanto a vivenda como o seu enxoval doméstico.
ACTUACIONES SUBVENCIONABLES Y CUANTÍA DE LA AYUDA
a) Danos ocasionados na vivenda que constitúa a residencia permanente e habitual dos seus moradores e nas súas instalacións complementarias.
– No caso de ruína da vivenda: 100% do valor de reposición co límite de 132.000 €
– No caso de rehabilitación: 100% do valor de rehabilitación co límite de 132.000 €
b) Danos ocasionados no resto das vivendas residencias que non sexan permanentes e habituais e nas instalacións complementarias:
– No caso de ruína da vivenda: 100% do valor de reposición co límite de 66.000 €
– No caso de rehabilitación: 100% do valor de rehabilitación co límite de 66.000 €
Quedan excluidas as edificacións ruinosas e en abandono manifesto con carácter previo aos incendios.
c) Danos sufridos no enxoval doméstico de primeira necesidade:
– No caso de enxoval nas vivendas ruinosas que sexan residencia permanente: 100% dos gastos de reposición co límite de 16.200 €
– No caso de enxoval nas vivendas ruinosas que non sexan residencia permanente: 50% dos gastos de reposición co límite de 5.400 €
– Nos demais casos: 100% dos gastos, co límite de 7.600 € se o enxoval pertence á vivenda habitual, e 50% dos gastos co límite de 3.300 € no caso de vivenda ocasional.
INICIO Y PLAZO DE EJECUCIÓN DE LAS OBRAS
As actuacións de rehabilitación poderán estar iniciadas con carácter previo á presentación da solicitude ou da resolución de concesión, sempre que se conserven fotografías e calquera outro documento que acredite o estado en que quedase a vivenda, as instalacións complementarias ou o enxoval por causa dos incendios.
No suposto de actuacións de rehabilitación na vivenda danada e/ou nas súas instalacións complementarias, o prazo para a execución das obras non poderá ser superior a vinte e catro meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da axuda.
PLAZO DE SOLICITUD
Dende o 1 de setembro de 2025 ata o 28 de novembro de 2025.



