RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.
— ORDEN de 28 de abril de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras de apoyar iniciativas de emprendimiento y se procede a su convocatoria para la anualidad 2025. Consellería de Promoción de Emprego, Comercio e Emigración. DOG Nº 90 (15/05/2025).
OBJETO Y FINALIDAD
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluíndo cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica dende o 1 de xaneiro do 2023 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR880A).
PERSONAS Y ENTIDADES BENEFICIARIAS
– Persoas traballadoras autónomás.
– Mutualistas.
– No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobados o balance e a conta de resultados pola súa asemblea xeral.
– Pequenas e medianas empresas. Se inclúe comunidade de bens, sociedade civil o u entidades sen personalidade xurídica.
– Cooperativas e sociedades laborais.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1. Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciase a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2023:
1) Equipamento informático.
2) Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
3) Investimentos en eficiencia enerxética.
4) Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
5) Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
6) Gastos notariais e/ou rexistrais.
7) Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade.
8) A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
– Que os activos sexan adquiridos a unha persoa terceira non relacionada coa persoa compradora.
– Que conste unha declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria
2. Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue dende o 1 de xullo de 2024 ata a data da presentación da solicitude.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 20.000 €, a contía da axuda será do 55% do investimento.
b) Con investimentos de 20.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 60.000 €, a contía da axuda será do 45 % do investimento.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes dende o 21 de maio a o 30 de xuño de 2025 ou esgotamento do presuposto.



