RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.
— ORDEN de 30 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras de los programas de ayudas a las personas trabajadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente por la Unión Europea en el marco del programa FSE+ Galicia 2021-2027, y se procede a su convocatoria para el año 2026. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 23, 04/02/2026).
PROGRAMA IV. BONO RELEVO
OBJETO
Este programa ten como finalidade evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller o testemuño dun negocio xa viable economicamente.
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento é o TR353D
PERSONAS BENEFICIARIAS
Persoas traballadoras autónomas de alta por conta propia ou sociedades de calquera clase con domicilio fiscal en Galicia que:
- O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e fiscal e o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e un mínimo de antigüidade de 5 anos ininterrompidos anteriores á publicación desta convocatoria, e con exercicio de actividade.
- Non transcorresen máis de 12 meses entre a publicación desta orde e a baixa no RETA e no IAE e que se trate da mesma actividade do negocio que se remuda e que se desenvolva no mesmo local
- O negocio ou actividade obxecto de remuda estea inscrito na bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia.
- A transmisión se materialice mediante contrato de traspaso ou venda do negocio ou actividade
- No caso de transmisión de persoas autónomas societarias, estas deben posuir antes da publicación destas bases, máis do 50% de accións ou participacións da sociedade que se traspasa.
- Se realice o cambio de titularidade da licenza de apertura e/ou actividade, ou de ser o caso comunicación previa no concello correspondente.
- As persoas que remudan o negocio non poden estar en ningunha situación de xubilación activa cando se produza a remuda.
Tamén poden ser beneficiarias as persoas autónomas que transmitan o negocio que cumpran algún dos seguintes requisitos:
- Ter unha idade próxima á xubilación (62 anos ou máis).
- Foran declaradas en situación de incapacidade total ou absoluta ou grande invalidez recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.
- Foran herdeiras da persoa titular do negocio, no caso de falecemento desta e non tiveran transcorrido máis de 12 meses desde o falecemento.
Só poderá adquirir a condición de beneficiaria unha única vez (no vaso de varios negocios que se remudan)
Exclusións:
- As persoas/entidades que foran beneficiarias e percibiran a axuda do bono remuda, procedemento TR353D, nesta ou noutras convocatorias do mesmo procedemento.
- As persoas autónomas que, pola súa vez, sexan autónomas societarias e soliciten para o mesmo negocio as axudas recollidas neste programa, tanto a título individual como a través da sociedade de que forman parte. No caso de realizar máis dunha solicitude, ambas quedarán excluídas. Tamén quedan excluídos os autónomos colaboradores.
- As persoas ou sociedades que transmitan licenzas de actividade.
- Os traspasos (cesión, venda, alugueiro) de negocios realizados coa persoa cónxuxe ou parella de feito da persoa titular.
- Os traspasos (cesión, venda, alugueiro) de negocios realizados entre persoas cunha relación de parentesco ata o primeiro grao de consanguinidade cando as persoas ascendentes manteñan a súa alta en vida laboral con actividade no mesmo negocio que se remuda.
LÍNEAS DE AYUDAS
Liña 1: bono remuda rural, para negocios situados en concellos de menos de 10.000 habitantes, dotada con 750.000 €.
Liña 2: bono remuda xeral, para negocios situados en concellos de 10.000 ou máis habitantes, dotada con 750.000 €.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
O bono remuda subvenciona o prezo, sen IVE, estipulado no contrato de remuda, dun negocio ou actividade con domicilio social e fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que previamente estivese inscrito na bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento.
— Na liña 1: bono remuda rural subvenciónase o 75 % do prezo do contrato de remuda.
— Na liña 2: bono remuda xeral subvenciónase un 70 % do prezo do contrato de remuda.
Estas axudas poderán incrementarse un 5% mais sobre o total nos seguintes casos (acumulables entre sí):
– Que a persoa que adquire o negocio sexa menor de 30 anos na data da solicitude.
– Que a persoa que adquire o negocio sexa unha muller
– Que a persoa que adquire o negocio teña 52 ou máis anos.
– Que a persoa que adquire o negocio sexa desempregada de longa duración.
– Que o negocio que se traspasa teña máis de 5 traballadores.
Igualmente para o caso da liña 1 (bono remuda rural) a intensidade da axuda poderá incrementarse un 10% máis cando se de algunha das seguintes circunstancias:
— Que a persoa que adquire o negocio sexa menor de 30 anos na data da solicitude.
— Que a persoa que adquire o negocio sexa emigrante retornada.
— Que a persoa que adquire o negocio sexa estranxeira.
— Que a persoa que adquire o negocio estea empadroada na mesma localidade en que se
atope o negocio antes da publicación desta orde.
No caso de que a persoa beneficiaria da axuda acceda á remuda mediante o alugueiro do local e/ou medios produtivos, o importe que se percibirá será o correspondente aos primeiros 18 meses de alugueiro.
A contía máxima subvencionable por remuda será de 30.000 euros, excepto nos casos en que o obxecto da remuda estea constituído por unha licenza de actividade que habilite para o seu desenvolvemento, segundo o disposto no artigo 5.23, caso en que a contía máxima subvencionable por remuda será de 10.000 euros.
Para ser subvencionable o gasto deberá estar realizado e pagado no período comprendido entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, salvo
nos casos de acceso á remuda mediante o alugueiro do local e/ou medios produtivos.
RÉGIMEN DE MINIMIS
A axuda concedida está suxeita ao réxime de minimis,
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes irá dende o 11 de febreiro ata o 30 de setembro de 2026.



