— Ayudas energía fotovoltaica. Hasta 02/03/2026

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Resolución completa en el enlace “web”.

— RESOLUCIÓN de 23 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras y se anuncia la convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, de subvenciones para proyectos de energía fotovoltaica, para el año 2026, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional en un 60 % del gasto elegible, en el marco del programa Galicia Feder 2021-2027. Axencia Instituto Enerxético de Galicia (DOG Nº 12, 20/01/2026). 

OBJETO

O obxecto de estas bases e apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en réxime de autoconsumo.

Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia competitiva.

O código de procedemento é IN421SY

PERSONAS BENEFICIARIAS

Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias:
a) empresas legalmente constituídas e autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos.
b) administración locais de Galicia e entidades dela dependentes.
c) entidades sen ánimo de lucro

INVERSIONES SUBVENCIONABLES

Serán investimentos subvencionables:
a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medida e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías que non sexan de chumbo ácido.
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo de montaxe e conexionado

A potencia mínima dos paneis fotovoltaicos do proxecto será de 100 kWp e a potencia máxima de 1.000 kWp.
Para as instalacións fotovoltaicas, o investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado a 750 €/kWh.
Adicionalmente, se o proxecto leva un sistema de acumulación con baterías, considerarase un custo adicional sen IVE de 750 €/kWh de capacidade de acumulación. As baterías de chumboácido non serán elixibles. De non incorporar ao proxecto baterías, este sumando sería cero.

Non serán subvencionables o IVE, funxible en xeral, obra civil non asociada á instalación, licenzas, aranceis, bens de segunda man, partidas alzadas, nin ampliación de instalación fotovoltaicas que xa foron obxecto de axuda do Inega en anos anteriores.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

1. Características técnicas: paneis fotovoltaicos (ata 50 puntos).

Tipo de módulo fotovoltaico Puntuación
Paneis fotovoltaicos con rendementos de panel superior ao 24 % 50
Silicio monocristalino 35
Silicio policristalino 25
Silicio amorfo e resto de paneis 5
Resto de paneis 0

2. Grao de autoconsumo da instalación (ata 30 puntos)

2.1. Autoconsumo da instalación (ata 25 puntos) valorándose:

    • Relación entre potencia contratada e potencia da instalación fotovoltaica.
    • Relación entre enerxía anual xerada fronte á consumida
    • Modalidade de autoconsumo con excedentes
    • A instalación incorpora baterías para almacenamento

2.2. O proxecto forma parte dunha Comunidade Enerxética Local: 5 puntos

3. Repercusión enerxética da axuda concedida (ata 20 puntos)

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A intensidade da axuda, segundo o tipo de beneficiario será a seguinte:

Persoa beneficiaria % máxima axuda
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) 60 %
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) 60 %
Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica.
No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais
30 %

A contía máxima da axuda por proxecto será de 150.000 €

RÉGIMEN DE MINIMIS

As axudas que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.

PLAZO DE EJECUCIÓN

O prazo de execución iniciarase unha vez presentada a solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de outubro de 2026, para solicitudes con proxectos que se realicen ata esta data, e o 30 de setembro de 2027, para solicitudes con proxectos que se realicen ata esta data.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

El plazo de presentación de solicitudes comienza el día 28 de enero y termina el 2 de marzo de 2026.

  • Facebook
  • Twitter