RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.
— ORDEN de 27 de diciembre de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia no competitiva, de las subvenciones para el fomento del emprendimiento en economía social (programa Aprol-Economía Social) y se convocan para el año 2025. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. DOG Nº 24 (05/02/2025).
OBJETO Y FINALIDAD
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa de apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social; e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR802L).
Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.
ENTIDADES BENEFICIARIAS Y CONDICIONES PARA LA OBTENCIÓN DEL INCENTIVO
1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde as seguintes entidades, de entre as previstas no artigo 6 Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter presentados as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.
c) No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobados o balance e a conta de resultados pola súa asemblea xeral.
d) Acreditar unha antigüidade de corenta e dous (42) meses na data da solicitude, que se computará desde a data de inscrición da entidade solicitante no correspondente rexistro administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Quedan excluídas das axudas, as entidades que obtivesen unha resolución favorable de concesión de axudas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se convoca para a anualidade 2024 (DOG núm. 17, do 24 de xaneiro de 2024).
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1. Equipamento informático.
2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
4. Mellora na eficiencia enerxética.
5. Adquisición de equipamento.
6. Reforma do local de negocio.
7. Mobiliario.
8. Obtención de certificacións de calidade.
9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
10. Plan de Protección de datos.
11. Elementos de transporte.
12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean
dadas de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).
Os servizos descritos nos números 3, 8, 9, 10 e 12 deberán estar implantados ou realizados no período de execución.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:
– 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3, 8, 9 e 10 do artigo 6.
– 600 € para cada actividade formativa das incluídas no concepto 12 do artigo 6, que realice cada persoa socia da entidade que estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos.
O límite máximo das axudas establécese en 30.000 € por cada entidade solicitante. No caso de que se solicite unha contía superior, concederase de acordo coa orde de prelación establecida no artigo 6 desta orde.
PERIODO DE EJECUCIÓN DE LAS ACCIONES
O período de execución de accións abranguerá desde o 1 de novembro de 2024 ata o 31 de outubro de 2025.
A data máxima de presentación da solicitude de pagamento e xustificación das accións subvencionadas será a sinalada na resolución de concesión e, de ser o caso, como máximo o 10 de novembro de 2025.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes 2 meses dende o 21 de febreiro de 2025 a 21 de abril de 2025.
No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o Organo concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.



