- O día 22 de abril comeza na Picota, o obradoiro de “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. Dura cinco días e é gratuíto.
- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.
- As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou en www.agaca.coop.
O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” está orientado a persoas involucradas ou interesadas na xestión destas superficies. Pretende amosar vías de impulso da rendibilidade dos montes baixo o réxime de xestión cooperativizada, favorecendo o emprendemento de actividades económicas e a xeración de emprego, especialmente entre a xuventude.
O obradoiro gratuíto desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalizade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Pode consultar o programa aquí
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou en www.agaca.coop.
“Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” – A Picota (Mazaricos)
Lugar: Concello de Mazaricos, Avenida 13 de abril, 59, A Picota – Mazaricos.
Datas e horarios:
-Do luns, día 22, ao venres, día 26 de abril.
– De 17:00 a 20:00 h.




