- Durante sete sesións, as persoas asistentes recibirán formación sobre igualdade de oportunidades e empoderamento da muller no ámbito profesional e de xestión empresarial e cooperativa.
- As iniciativas, de carácter gratuíto, desenvolvernse da seguinte maneira: en Sada entre o 16 e o 29 de setembro; en Verín, entre o 22 e o 30 de setembro. Enmárcanse na Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.
AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) imparte o obradoiro “Empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa” co fin de dar visibilidade e reforzo ás súas aptitudes ante os requirimentos derivados da participación efectiva no mundo profesional.
A formación (en Sada do 16 ao 29 de setembro e en Verín do 22 ao 30 de setembro), contempla 21 horas lectivas dividas en 7 sesións impartidas por docentes de AGACA. Todas as persoas interesadas en asistir poden inscribirse de modo gratuíto chamando ao 981 58 47 83.
Trataranse diversos aspectos relacionados coa administración empresarial como poden ser planificación estratéxica, análise DAFO, desenvolvemento, seguimento e control de obxectivos, contas de resultados, lexislación ou habilidades directivas.
Doutra banda, tratarase de detectar e analizar que barreiras atopan as socias de entidades cooperativas á hora de adquirir roles máis activos e modos de eliminalas.
Compromiso coa igualdade
O curso “Empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa” chega a Sada e Verín precedido pola boa acollida recibida en Ribadavia (na cooperativa vitivinícola Viña Costeira) e Ponte Maceira, onde a cooperativa láctea Feiraco acolleu o día 8 a última das sesións do curso, que comezara o 23 de xuño.
Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida en 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
SADA: Aula CEMIT de Sada, Praza da Pescadería s/n.Días 16, 19, 20, 21, 22, 23 e 26 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas.
VERÍN: Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín – Parque Empresarial de Pazos. Días 22, 23, 26, 27, 28, 29 y 30 de septiembre, de 10:00 a 13:00 horas.
Ver programa completo do curso en SADA en Documentación 1.
Ver programa completo do curso en VERÍN en Documentación 2.



