A Xornada de AGACA sobre creación de riqueza no monte veciñal reuniu a máis de cen comuneiros
- O 26 de setembro tivo lugar a Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, organizada por AGACA e Rede Eusumo.
- Expertos en rendibilidade e lexislación forestal, como Fernando Alañón, maxistrado do Tribunal Superior de Galicia, explicaron cómo identificar e potenciar os recursos dos montes en man común para os veciños. O Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, clausurou a Xornada.
A Xornada reuniu a máis de 100 profesionais da xestión de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC). Abordou aspectos administrativos e lexislativos con exemplos concretos de aproveitamento dos terreos forestais en man común. O Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, clausurou esta xornada, que contou co apoio da Consellería do Medio Rural e do Mar para iniciativas de impulso económico do medio rural.
En Galicia existen 2.835 MVMC, que controlan preto dun terzo dos 2 millóns de has de monte dedicados maioritariamente a madeira e parques eólicos. A Xornada pretende visualizar vías complementarias, aínda infravaloradas, para potenciar a rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada.
Fernando Alañón inaugurarou a Xornada explicando a Lei 7/2012 de Montes de Galicia, xunto con Manuel Eirín, director xerente da empresa Gaélica Solar, que afondou no aproveitamento sostible do monte. Calixto Escariz, experto e asesor de comunidades de montes, amosou alternativas xurídicas e organizativas dos recursos naturais e ociosos das comunidades de montes.
Higinio Mougán, director-xerente de AGACA, incidiu nos aspectos de xestión cooperativa.
Casos de éxito
A Xornada amosaou as experiencias da Comunidade de Montes de Cabral (Vigo), coas trufas; dos Montes Comunais de Carballo, co porco celta; da cooperativa Amarelante, coa castaña, e de Manuel Curras, cos arandos. Tomás Sancho, concelleiro e dinamizador rural de Beariz, contará o caso de éxito do municipio.
A iniciativa, con financiamento do Fondo Social Europeo, está impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.



