- O día 9 de marzo comeza en Celas (Culleredo) o obradoiro de “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. Dura cinco días e é gratuíto.
- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.
O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” está orientado a persoas interesadas na xestión destas superficies. Ten como obxectivos impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais, ademais de favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas e espertar o interese das persoas propietarias de terras da contorna en activalas cara a un rendemento produtivo.
Desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2019-2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
As persoas interesadas en asistir poden chamar ao 981 58 47 83 ou inscribirse neste formulario.
![]()



