• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
No Result
View All Result
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
AGACA
No Result
View All Result
Home Noticias

Ramón Armengol presidirá a organización de cooperativas agroalimentarias europeas, COGECA

28 de noviembre de 2019
in Noticias
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

NOTA DE PRENSA: Cooperativas Agro-alimentarias de España

  • Ramón Armengol, representante de Cooperativas Agro-alimentarias de España será presidente da COGECA, organización que aglutina a 22.000 cooperativas e 7 millóns de socios e socias na UE.

20191128-armengol-cae-presi-cogeca Ramón Armengol, representante de Cooperativas Agro-alimentarias de España, foi elixido durante os próximos 3 anos presidente da Confederación de Cooperativas Agroalimentarias da UE, COGECA, no transcurso do Presidium, o seu máximo órgano, celebrado hoxe en Bruxelas. A COGECA representa ás 22.000 cooperativas agroalimentarias da UE, e é xunto co COPA a maior organización agroalimentaria na UE.

Ramón Armengol é gandeiro dende fai máis de corenta anos, comparte co seu fillo e oito traballadores o coidado dunha granxa de ciclo pechado de porcino en Lleida e é socio do Cooperativa D’ Ivars, dedicada á produccion e comercialización de cereais, pensos, porcino e vacún de carne, que conta con máis de 3.600 socios e socias e factura máis de 200 millóns de euros. Á súa vez, é membro do Consello Reitor da Federación de Cooperativas Agroalimentarias de Cataluña, FCAC, e de Cooperativas Agro-alimentarias de España, onde ocupa ademais o cargo de presidente do Consello Sectorial de porcino.

Ramón Armengol ten unha ampla experiencia en Bruxelas, debido a que durante moitos anos foi membro do Grupo de Traballo de carne de porcino do COPA- COGECA e actualmente ocupaba o cargo de vicepresidente da COGECA.

Tal e como destacou na súa intervención Ramón Armengol “dende a COGECA vou traballar para facer máis visible o labor das cooperativas agroalimentarias na UE como empresas cuxa principal misión é mellorar a rendibilidade dos seus socios agricultores. Estas empresas son imprescindibles nos territorios rurais porque xeran riqueza e emprego, evitan o despoboamento que estamos a padecer en moitas rexións europeas e facilitan a incorporación de persoas mozas ao sector”. Armengol sinalou que “as cooperativas captan o valor engadido dos produtos dos seus socios facendo que estes poidan ser máis competitivos e poidan producir de forma eficiente, innovando e accedendo a outros mercados, accións que de forma independente non poderían realizar”.

Segundo a Comisión Europea, destacou Armengol, “nos países da UE onde as cooperativas teñen un maior peso no sector agroalimentario, é onde os agricultores e gandeiros obteñen mellores prezos, como é o caso de Dinamarca, Suecia, Holanda ou Alemaña. Por tanto, desde COGECA traballarei para que as políticas da UE promovan instrumentos de integración das cooperativas para facer que o seu peso aumente no mercado, o cal redundará en beneficio de todo o sector”.

20191128_Armengol-presi-Cogeca_Montes_VillafrancaRamón Armengol asume a presidencia desta importante organización da UE nun período clave para o sector agroalimentario europeo e, en especial, o español e as súas cooperativas. Coa nova Comisión Europea chegan novas prioridades como o chamado Pacto Verde (Green Deal) que pretende facer á UE o primeiro continente neutro en carbono no 2050. Este acordo afectará o sector agroalimentario, xa que agricultores e cooperativas deberán afrontar novos condicionantes ambientais e, por tanto, un novo enfoque produtivo e de comercialización. Ademais, a Comisión Europea implantará unha nova estratexia para o sector agroalimentario, a chamada Da Granxa á Mesa, que aposta por un enfoque holístico a toda a cadea de valor e cuxo obxectivo é racionalizala dende a produción de alimentos ata o seu consumo, tendo en conta o medioambiente, a economía circular, a loita contra o desperdicio alimentario, a redución de pesticidas, o fomento da bioeconomía etc..

Pero tamén a axenda virá marcada polas negociacións para decidir a nova PAC e as perspectivas financeiras da UE 2021-2027; Ramon Armengol trasladará ao Consello e á Comisión Europea a posición da COGECA sobre a necesidade de manter o orzamento actual da PAC.

Ademais, o Brexit e a política comercial da UE serán outros temas nos que traballará a nova presidencia da COGECA, para o que trasladará á Comisión os seus enfoques e posicións para que a OMC siga sendo o garante do multilateralismo, afrontar e contrarrestar de maneira construtiva e europea a nova actitude dos EEUU ante o comercio ou as negociacións de novos acordos comerciais con Nova Zelandia e Australiaa.

Xunto a Ramón Armengol como Presidente da COGECA apostouse por un equipo presidencial que dá maior presenza á muller nos órganos de goberno da COGECA, polo que se integraron a dúas mulleres como vicepresidentes: Tiina Linnainamma, da organización cooperativa finlandesa Pellervo, e Agnieszka Malinszewska, da organización polaca NBZPR. O resto do equipo presidencial está composto por Thomas Memmert, da DRV alemana, Jorgen Mikkelsen, do Consello danés de agricultura, Leonardo Pofferi, da Alleanza italiana de cooperativas, e Bernard Ader, de Coop de France. A nova presidencia comezará a súa actividade o próximo 1 de xaneiro de 2020.

28/11/2019

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}