RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en «Documentación» (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace «web».
—ORDEN de 8 de mayo de 2026 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas Bonos Talento empresa, para la realización de proyectos formativos de corta duración que desarrollen las entidades beneficiarias, cofinanciadas por la Unión Europea en el marco del programa FSE+ Galicia 2021-2027, y se procede a su convocatoria para las anualidades 2026-2027. Consellería do Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 94, 22/05/2026)
OBJETO
O obxetivo principal dos Bonos Talento empresa é financiar a realización de proxectos formativos de curta duración (formación non formal) para acadar dous fins fundamentais:
- Mellorar as capacidades das empresas
- Contribuír ao desenvolvemento profesional dos seus traballadores e traballadoras
Estas axudas convócanse para o período 2026-2027
O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento é TR302D
REQUISITOS DE ADMISIBILIDAD
As entidades deben cumprir os seguintes perfís e condicións:
- Tipo de entidade: Poden solicitalas as microempresas, pemes e grandes empresas, así como as persoas traballadoras autónomas que teñan persoal contratado por conta allea.
- Antigüidade: Deben estar validamente constituídas e ter unha actividade ininterrompida en Galicia durante polo menos tres anos antes da publicación da convocatoria.
- Localización: Deben contar cun centro de traballo en Galicia, onde se desenvolverá a actividade obxecto da subvención.
- Exclusións: Non poden ser beneficiarias as administracións públicas, entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego, nin as propias entidades de formación. Tampouco aquelas empresas en situación de crise ou con ordes de recuperación pendentes pola Comisión Europea.
- Non formalización previa: A entidade non debe ter formalizado ningún acordo contractual ou compromiso xurídico firme relativo ao proxecto antes de presentar a solicitude.
OPERACIONES SUBVENCIONABLES
As actuacións subvencionables son accións formativas de carácter non formal e de curta duración.
A formación debe estar orientada á adquisición de competencias nalgunha das seguintes áreas detectadas como prioritarias:
- Competencias dixitais: dende ofimática básica ata tecnoloxías avanzadas, disruptivas ou programación
- Procesos industriais: manipulación de maquinaria, construción, soldadura ou interpretación de diagramas técnicos
- Xestión empresarial: xestión de persoas e talento, planificación estratéxica, finanzas e administración
- Servizos a clientes: vendas, atención ao cliente, asesoramento e xestión de reclamacións
- Ámbito asistencial: prestación de coidados, técnicas sanitarias, medicina preventiva ou benestar
- Tecnoloxías limpas e eficientes: materiais avanzados, reciclaxe, baterías, hidróxeno e eficiencia enerxética
REQUISITOS DE ACCIONES FORMATIVAS
- Duración: Cada acción debe ter un mínimo de 16 horas e un máximo de 100 horas
- Proxecto formativo: Cada entidade poderá solicitar un único proxecto que conteña, como máximo, tres accións formativas
- Exclusión do Catálogo do SEPE: As formacións non poden estar incluídas na oferta do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal
- Carácter non obrigatorio: Quedan excluídas as formacións que sexan de obrigado cumprimento para a empresa por contrato ou convenio colectivo.
- Gratuidade: A formación debe ser totalmente gratuíta para as persoas traballadoras
- Límites horarios: Máximo de 40 horas semanais por persoa e un límite diario de 8 horas
- A modalidade principal debe ser presencial, aínda que se permite o uso de aula virtual a través do Campus Virtual da Xunta, sempre que sexa de xeito síncrono (en tempo real) e bidirecciona
PERÍODO DE REALIZACIÓN
As operacións deben executarse nos seguintes prazos, sen que poidan iniciarse antes de presentar a solicitude:
- Anualidade 2026: Dende a presentación da solicitude ata o 31 de outubro de 2026.
- Anualidade 2027: Dende o 1 de novembro de 2026 ata o 30 de setembro de 2027.
CUANTÍA DE LA AYUDA
1. – Módulos de custos unitarios
O importe calcúlase en función das horas de formación e o número de participantes, baseándose en dous módulos:
- Módulo de formación: 18,09 € por hora de formación e persoa participante.
- Módulo salarial: 20,42 € por hora de formación e persoa participante. Este custo só é subvencionable se a formación se imparte dentro do horario de traballo remunerado.
No caso de que a formación se realice en horario laboral, a subvención calcularase sobre o importe combinado de ambos módulos (38,51 €/hora).
2.- Intensidade da axuda (porcentaxes)
A subvención non cobre necesariamente o 100 % do custo calculado, senón que depende da categoría da empresa:
- Grandes empresas: ata o 50 % dos custos subvencionables.
- Medianas empresas: ata o 60 %.
- Pequenas empresas e microempresas: ata o 70 %.
- Sector transporte marítimo: pode chegar ao 100 % para formación de persoal supernumerario a bordo de buques inscritos nos rexistros da Unión.
3.- Límites máximos
- Por entidade: a contía máxima da subvención non poderá superar os 25.000 € por cada entidade solicitante.
- Por proxecto: o gasto máximo subvencionable será o resultado de sumar os custos das accións formativas incluídas (mínimo 16 e máximo 100 horas por acción)
PLAZO DE EJECUCIÓN Y JUSTIFICACIÓN
As entidades beneficiarias deben presentar a xustificación nun prazo máximo de un mes desde o remate da acción ou accións formativas.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE LAS SOLICITUDES DE AYUDA
O prazo para presentar as solicitudes será dende o día 2/06/2026 ata o 3/08/2026



