— Ayuda inversión en maquinaria de bajo consumo con tecnología 4.0 para agricultura de precisión. Hasta 22/06/2026

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en «Documentación» (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace «web».

ORDEN de 11 de mayo de 2026 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas destinadas a inversiones en máquinas de bajo consumo con tecnología 4.0 para agricultura de precisión y con una menor emisión de gases de efecto invernadero para paliar los efectos de la crisis energética derivada del conflicto en Oriente Medio, en el marco del Plan estratégico de la política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader), y se convocan para el año 2026. Consellería do Medio Rural (DOG Nº 93, 21/05/2026)

OBJETO

O obxectivo é paliar os efectos da crise enerxética derivada do conflito en Oriente Medio en Galicia, acelerando a modernización dos equipos e o uso de tecnoloxías que permitan unha utilización máis eficiente dos recursos naturais no sector agrario. A partida orzamentaria total é de 8,6 millóns de euros.

O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

O código de procedemento é MR405D

REQUISITOS DE ADMISIBILIDAD

Titularidade: Ser titular ou cotitular dunha explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) Tamén poden ser beneficiarios os agricultores mozos ou novos que se establezan cun plan empresarial que inclúa actuacións en materia de mitigación do cambio climático

Idade e capacitación: No caso de persoas físicas, ter polo menos 18 anos  e deben posuír a capacitación profesional suficiente, agás no caso de establecementos de persoas mozas ou novas.

No caso de persoas xurídicas, polo menos o 50% dos socios debe ter dita capacitación

Actividade principal: A actividade agraria debe ser a actividade principal do solicitante

Compromisos: O beneficiario comprométese a exercer a actividade e manter os investimentos cofinanciados durante un período de 5 anos dende o pago final (ou 3 anos no caso de pemes)

Outras obrigas: Non ter concedida outra axuda pola mesma intervención (agás renuncia), cumprir coa Lei de subvencións de Galicia e dispoñer dunha contabilidade específica Feader

OPERACIONES SUBVENCIONABLES

Maquinaria e equipos elixibles

  • Xestión de estrumes e xurros: Máquinas para a súa xestión eficiente, agás os sistemas de aplicación mediante plato, abanico ou canóns.
  • Fertilización e fitosanitarios: Equipos que melloren a aplicación eficiente de fertilizantes e productos fitosanitarios.
  • Optimización de recursos:
    – Carros mesturadores con análise NIR da ración.
    Tractores con clasificación enerxética A.
    – Robots.
  • Agricultura de precisión: Compoñentes para a adaptación de equipos existentes na explotación, como:
    Kits de adaptación ISOBUS.
    Sensores NIR.
    Sistemas para o traballo variable e sistemas de autoguiado.

Outros gastos incluídos

  • Estudos técnico-económicos de viabilidade.
  • No caso de maquinaria que inclúa «extras», estes deben detallarse e valorarse por separado na documentación.

GASTOS NO SUBVENCIONABLES

  • A simple reposición ou a adquisición de bens de segunda man.
  • Taxas, licenzas administrativas, xuros de débeda, multas ou sancións.
  • Gastos de procedementos xudiciais.
  • Investimentos prestados por persoas ou empresas vinculadas co beneficiario.
  • Maquinaria para a transformación ou comercialización de produtos e maquinaria de carácter forestal.

CRITERIOS DE PRIORIDAD

1. Incorporación de mozos/as agricultores/as: Se a explotación está vinculada á incorporación dunha persoa moza que teña unha axuda concedida nas últimas cinco convocatorias: 5 puntos.

2. Nivel de dedicación á actividade agraria:

  • Dedicación única á actividade agraria: 10 puntos.
  • Compaxinar con outra actividade: 8 puntos.
  • Compaxinar con dúas actividades: 6 puntos.
  • Compaxinar con tres actividades: 4 puntos.
  • Compaxinar con catro ou máis: 0 puntos.

3. Novos agricultores: Explotacións vinculadas ao establecemento de persoas novas agricultoras con axuda concedida nas últimas cinco convocatorias (intervención 6961.2): 10 puntos.

4. Agricultura ecolóxica: Explotación inscrita como ecolóxica no Reaga: 4 puntos.

5. Explotación prioritaria: Estar inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Reaga: 3 puntos.

6. Localización en zona de montaña: Se a explotación está nesa área: 3 puntos.

7. Titularidade compartida: Explotación inscrita nesta modalidade no Reaga: 3 puntos.

8. Mulleres titulares: Se a persoa titular é muller (ou polo menos o 50% das persoas socias en caso de persoas xurídicas): 3 puntos

9. Carga gandeira ou especialización vexetal: Explotacións con carga igual ou inferior a 2 UGM/ha ou especializadas en produción vexetal: 2 puntos.

10. Zonas non de montaña: Localización fóra de zonas de montaña: 2 puntos.

11. Seguro agrario: Contar cun seguro do Plan de Seguros Agrarios Combinados (agás o de retirada de animais): 2 puntos.

12. Banco de Explotacións: Investimentos en explotacións procedentes do Banco de Explotacións (Lei 11/2021): 1 punto.

13. Organización de produtores: Ser membro dunha organización de produtores inscrita no Reaga: 1 punto.

Condicións importantes:

  • Limiar mínimo: Para que unha solicitude sexa subvencionable, debe acadar un mínimo de 10 puntos e cumprir, polo menos, dous dos criterios anteriores.
  • Desempate: En caso de igualdade de puntos, priorizarase a puntuación obtida nos criterios segundo a orde en que están definidos. Se persiste o empate, usarase o criterio de zona rural (priorizando zonas de baixa densidade) e, finalmente, a orde de presentación.
  • Modificacións: Unha vez finalizado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios nos criterios de prioridade alegados.

CUANTÍA DE LA AYUDA

Para a tecnoloxía 4.0  estrutúranse da seguinte maneira:

  • Importe base: A axuda será, con carácter xeral, do 40% dos custos elixibles.
  • Incrementos sociais e ambientais: Esta porcentaxe base pode aumentar ata un máximo do 75% se se cumpren os seguintes criterios acumulativos:
    • +10% se o investimento o realiza unha persoa que cumpra as condicións de agricultor/a mozo/a.
    • +10% no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou na Rede Natura 2000.
    • +10% para investimentos en explotacións de agricultura ecológica.
    • +5% no caso de que a persoa titular da explotación sexa muller (no caso de persoas xurídicas, máis do 50% das socias deben ser mulleres ou posuír máis do 50% do capital).
  • Límites económicos:
    • Investimento mínimo: O gasto elixible debe ser de polo menos 12.500 euros.
    • Axuda máxima: A contía máxima que pode recibir un beneficiario está fixada en 100.000 euros.
    • Mínimo para o pago: Non se proporán para o pago certificacións de investimentos inferiores a 5.000 euros.
  • Anticipos: As persoas beneficiarias poden solicitar un anticipo máximo do 50% da axuda aprobada, sempre que se constitúa unha garantía bancaria polo 100% do importe anticipado. Cómpre destacar que, no caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase unicamente á porcentaxe base do 40 %, sen posibilidade de aplicar os incrementos mencionados anteriormente.

PLAZO DE EJECUCIÓN Y JUSTIFICACIÓN

O prazo final para executar os investimentos e presentar a xustificación remata, con carácter xeral, o 31 de xullo de 2027.

Porén, establécense dous períodos límite dependendo de cando se finalice a actuación:

  • Para actuacións finalizadas antes do 15 de novembro de 2026: O prazo límite para solicitar e xustificar o pago é o 1 de decembro de 2026.
  • Para actuacións finalizadas dende o 16 de novembro de 2026 en diante: O prazo límite é o 31 de xullo de 2027.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE LAS SOLICITUDES DE AYUDA

O prazo de presentación de solicitudes para estas axudas remata o 22/06/2026.

  • Facebook
  • Twitter