RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en «Documentación» (formato PDF, en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace «web».
—ORDEN de 5 de mayo de 2026, conjunta de la Consellería de Empleo, Comercio y Emigración y de la Consellería de Vivienda y Planificación de Infraestructuras, por la que se establecen las bases reguladoras destinadas a la concesión, en régimen de concurrencia competitiva, de subvenciones para la rehabilitación de viviendas destinadas a vivienda habitual de personas trabajadoras con contrato de trabajo con empresas que dispongan de centros de trabajo en la Comunidad Autónoma de Galicia y se procede a su convocatoria para las anualidades 2026 y 2027. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas (DOG Nº 89, 15/05/2026)
OBJETO
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións a persoas físicas e xurídicas e concellos para a rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras que teñan subscrito ou subscriban contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de alugamento ou cesión de uso, así como proceder á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027.
Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.
O código de procedemento administrativo será:
Procedemento TR358E: Empresas e particulares
Procedemento TR358F: Concellos
ACTUACIONES SUBVENCIONABLES
De xeito específico, inclúense os seguintes tipos de intervención en viviendas situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes:
- Obras de mellora: Actuacións destinadas á accesibilidade, conservación, habitabilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética das vivendas.
- Actuacións preparatorias: Para determinar o custo total das obras, pódense incluír os honorarios de profesionais, a elaboración de informes técnicos e certificados necesarios, así como os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares debidamente xustificados.
- Seguro de impago: Se a persoa beneficiaria o solicita, tamén é subvencionable a contratación dun seguro de impago do alugamento ou da cesión de uso da vivenda rehabilitada.
Cómpre lembrar que as actuacións de rehabilitación deben axustarse á normativa técnica e urbanística en vigor e cumprir cos estándares de habitabilidade e funcionalidade. Ademais, non serán subvencionables aquelas obras que se iniciaran con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2026.
BENEFICIARIOS
Dependendo de quen sexa o solicitante, existen dúas liñas de axuda:
1. Liña TR358E (Empresas e persoas físicas ou xurídicas)
- Empresas: Aquelas que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e destinen a vivenda rehabilitada á residencia habitual de persoas traballadoras coas que teñan ou vaian subscribir un contrato de traballo.
- Persoas físicas ou xurídicas: Que teñan subscrito un acordo xurídico cunha das empresas mencionadas anteriormente para destinar o inmoble a vivenda habitual dos seus empregados.
2. Liña TR358F (Concellos)
- Concellos: Aqueles que dispoñan de vivendas e teñan asinado un instrumento xurídico con empresas que teñan centros de traballo en Galicia para destinar os inmobles á residencia das persoas traballadoras desas empresas.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
As contías máximas establécense do seguinte xeito:
1. Vivendas unifamiliares
- Solicitantes xerais (empresas e persoas físicas ou xurídicas): O importe máximo é de 50 000 euros por vivenda rehabilitada.
- Concellos: No caso de que o solicitante sexa un concello, a axuda máxima elévase ata os 75 000 euros por vivenda.
2. Edificios residenciais colectivos (inacabados ou «esqueletes»)
- A contía pode acadar un máximo de 30 000 euros por cada unha das vivendas que formen parte do inmoble.
- Existe un límite máximo conxunto para todo o edificio de 300 000 euros.
3. Incrementos e axudas adicionais
- Bonus por Área Rexurbe: Se a vivenda ou o edificio están situados nunha área Rexurbe, o límite máximo por vivenda incrementaráse en 1000 euros.
- Seguro de impago: Ademais da rehabilitación, pódese solicitar unha axuda para a contratación dun seguro de impago do alugamento. O importe máximo é de 600 euros anuais durante un máximo de 5 anos.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Na concesión de axudas previstas nesta orde establecido no artigo 17 das bases reguladoras:
- Localización da vivenda (Ata 45 puntos + 5 extra)
- Sustentabilidade da rehabilitación (Ata 20 puntos)
- Criterios do perceptor e empresa (Ata 15 puntos)
- Programas de retorno (10 puntos)
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes para estas axudas é de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.



