RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Resolución completa en el enlace “web”.
— RESOLUCIÓN de 30 de diciembre de 2025 por la que se da publicidad del acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas para la mejora de la capacidad de la innovación y el desarrollo tecnológico de las empresas en Galicia, a través de la aplicación de servicios de innovación, programa Ticket Innova para el año 2026, y se procede a su convocatoria. Instituto Galego de Promoción Económica IGAPE (DOG Nº 10, 16/01/2026).
OBJETO
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas a incentivar o uso de servizos para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación polas pequenas e medianas empresas (pemes), en especial, polas pertencentes a sectores tradicionais non intensivos en innovación.
As axudas destinaranse a financiar a contratación polas pemes de servizos especializados de apoio á innovación, que inclúan os servizos relativos á xestión da innovación e a súa implantación no mercado, realizados a través de empresas de consultoría especializadas na prestación de servizos de innovación, centros tecnolóxicos galegos, hubs de innovación dixital, etc.
Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento é IG408K.
PERSONAS BENEFICIARIAS
Pequenas e medianas empresas ou cun centro de traballo en Galicia.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
Serán subvencionables os custos de contratación de servizos externos especializados en materia de innovación e desenvolvemento tecnolóxico (empresas especializadas en innovación e centros tecnolóxicos) efectuados desde o 1 de xaneiro de 2026 ata a data da solicitude de axuda.
O importe mínimo de gasto subvencionable deberá acadar os 5.000 euros.
Existen varias modalidades de tíckets Innova:
1) Estratexia e xestión da innovación.
– Estudos de viabilidade tecnolóxica e industria.
– Estudos de vixilancia tecnolóxica e estado da técnica.
– Auditoría/consultoría en produto/servizo.
– Estudos de mercado, ensaios, testaxe e validación experimental de novos prototipos de novos produtos e/ou servizos, procesos piloto, novos métodos ou materiais.
– Obtención de certificacións de normas oficiais vinculadas á actividade innovadora.
– Asesoramento para a identificación, monitorización e acompañamento de licitacións de CPI (compra pública de innovación).
– Actividades de deseño industrial, enxeñería e posta a punto de novos sistemas de produción vinculados a novos produtos, procesos ou servizos diferenciadores.
2) Deseño para a innovación.
– Conceptualización e deseño de novos produtos e servizos diferenciais.
– Deseño de marca e identidade corporativa.
3) Xestión da protección do coñecemento da innovación.
– Asesoramento na xestión da protección do coñecemento da innovación industrial patentes, marcas comerciais e deseños industriais etc.
4) Certificacións para as deducións fiscais en I+D+i.
5) Preparación de propostas a programas e axudas europeos.
6) Deseño de novos procesos ou servizos baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes.
– Realidade aumentada, impresión 3D, automatización avanzada e robótica, así como a internet das cousas ou sistemas intelixentes embebidos.
– Sistemas de intelixencia artificial (intelixencia de negocio, big data e similares).
– Ciberseguridade.
7) Diagnósticos de madurez do dato.
Non serán subvencionables:
a) Cumprimento de normativa obrigatoria.
b) Análises, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes non vinculados ao proxecto subvencionable.
c) Fabricación ou produción de prototipos.
d) Implantación de certificados de calidade, ambiente, boas prácticas ou similares.
e) Análise, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes.
f) Calquera tipo de acción formativa.
g) Accións de implantación de solucións dixitais na empresa que non supoñan innovacións en servizos, procesos e organización: como melloras de aplicacións ou software xa existente ou a súa adaptación, os desenvolvementos ofimáticos (ERP, CRM, páxinas web, plataformas de comercio electrónico, xestións de redes, clientes, intelixencia e análise de negocios), e ferramentas de oficina virtual, financeiras ou contables, e calquera outra aplicación asimilable ás citadas.
h) Servizos de telecomunicacións ou de almacenamento ou hospedaxe da información.
i) Arrendamento de equipos (hardware), redes ou sistemas físicos de tecnoloxías.
CUANTÍA DE LAS AYUDAS
Concederase unha axuda do 80 %, ata un máximo inferior a 30.000 euros, para os gastos realizados pola empresa beneficiaria durante o período subvencionable.
| Gasto | Subvención | Intensidade |
| De 5.000 € – 37.500 € | De 4.000 € – 30.000 € | 80 % |
RÉGIMEN DE MINIMIS
As axudas que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.
PLAZO DE EJECUCIÓN
Serán subvencionables os custos de contratación de servizos externos especializados en materia de innovación e desenvolvemento tecnolóxico (empresas especializadas en innovación e centros tecnolóxicos), efectuados dende o 1 de xaneiro de 2026 ata a data de solicitude de axuda.
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
El plazo para la presentación de solicitudes estará abierto desde el 26 de enero hasta el 30 de septiembre de 2026.



