— Ayudas por sacrificio obligatorio. Hasta 30/11/2026

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

ORDEN del 19 de diciembre, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de indemnizaciones por el sacrificio obligatorio de animales en ejecucion de programas oficiales de vigilancia, lucha y control y erradicación de sus enfermedades, y se convocan para el año 2026. Consellería de Medio Rural (DOG Nº 4, 08/01/2026).

OBJETO

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio/matanza obrigatorios ou morte de animais, ou pola destrución de produtos, no marco de programas ou actuacións oficiais de vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades animais, e pola morte de animais no contexto das medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente, ou como consecuencia directa de tratamentos ou con fins de diagnóstico, oficiais, así como nos demais supostos recollidos na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal.

O código de procedemento administrativo para dita axuda é MR553C

PERSONAS BENEFICIARIAS

Poderanse acoller a estas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares:

a) De animais que se sacrifiquen despois de resultaren positivos ás probas diagnósticas de peripneumonía contaxiosa bovina, tuberculose, brucelose e leucose no gando vacún, ovino e cabrún, ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes, ou ben que morran por mor da enfermidade.
b) De animais e os seus produtos de calquera especie, sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.
c) De aves reprodutoras ou poñedoras da especie Gallus gallus e reprodutoras da especie Meleagris gallopavo, sacrificadas por orde da autoridade competente dentro dos programas nacionais de control de Salmonella.
d) De aves sacrificadas/mortas por mor da declaración oficial dun foco de influenza aviaria, de enfermidade de Newcastle ou doutra enfermidade das aves declarada oficialmente.
e) De porcos sacrificados/mortos por mor da declaración oficial dun foco de peste porcina clásica ou de peste porcina africana, ou doutras enfermidades porcinas declaradas oficialmente ou durante o desenvolvemento de medidas, probas ou controis ordenados pola autoridade competente.
f) De visóns americanos que se sacrifiquen por resolución da autoridade competente en materia de sanidade animal, ou morran, afectados por enfermidades sometidas a actuacións ou programas sanitarios oficiais.
g) De animais que morran como consecuencia directa de actuacións e tratamentos, ou con fins de diagnóstico, oficiais, e, en xeral, de animais que morran ou reciban a eutanasia no contexto de medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente.
h) Os demais supostos recollidos na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, e na normativa estatal e da Unión Europea de desenvolvemento dos programas e das actuacións sanitarias oficiais de vixilancia, loita control e erradicación de cada enfermidade.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

Especie bovina: ovina e cabrúa: As contías das indemnizacións serán as que estean en vigor en cada momento, segundo os baremos ou prezos oficiais (establecidos para as indemnizacións por sacrificio obrigatorio por motivos de sanidade animal), ou segundo os valores unitarios dos animais recollidos nos diferentes plans de seguros agrarios combinados (para os efectos do cálculo das súas contías de indemnización), aprobados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e publicados no Boletín Oficial del Estado mediante reais decretos ou ordes ministeriais.
Gando porcino: según Orde do 30 de decembro de 1987, Orde do 12 de maio de 1994 e anexo II desta Orde.
Visón americano: según anexo II desta Orde.
Especies aviarias: según Real Decreto 637/2021 do 27 de xullo, Real Decreto 823/2010 do 25 de xuño.
Ovos consumo humano: para ovos de clase A: según os prezos da Mesa avícola da Lonxa Agropecuaria de Toledo; para ovos de clase B: según última factura de comercialización existente na explotación.
Ovos para incubar: según última factura de comercialización existente na explotación.
Pensos contaminados: según a factura de comercialización correspondente á partida de penso existente na explotación.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

El plazo de presentación de solicitudes estará abierto desde el 9 de enero hasta el 30 de noviembre e 2026.

  • Facebook
  • Twitter