— Ayudas a comercio local y artesanal. Hasta 16/02/2026

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

ORDEN del 25 de diciembre, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión, en régimen de concurrencia competitiva, de subvenciones para el impulso de la innovación y sostenibilidad del comercio local y artesanal, y se procede a su convocatoria para el año 2026. Consellería de Empleo, Comercio y Emigración (DOG Nº 4, 08/01/2026).

OBJETO

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de axudas para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal.

Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva.

O código de procedemento administrativo para dita axuda é CO300C

PERSONAS BENEFICIARIAS

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica:

1.1 Comerciantes retallistas: pemes que desenvolvan a actividade comercial en Galicia e o seu domicilio social radique na CCAA; con un máximo de 10 persoas empregadas (incluidas as persoas en autoemprego); que a actividade se encadre nos epígrafes do IAE contidos nos anexos II e III desta orde.* Non poderán ser beneficiarios destas axudas se resultaron beneficiarios na convocatoria anterior para o mesmo establecemento comercial (excepto dixitalización e sustentabilidade ambiental).
1.2 Obradoiros artesáns: deberán estar inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A contía da axuda será do 80% do investimento subvencionable cos límites de cada liña de axudas.
Para os establecementos comerciais no ámbito do proxecto Vilas Vilvas a axuda poderá incrementarse nun 10% máis co tope de cada liña..

ACTUACIONES SUBVENCIONABLES

O investimento total non deberá ser inferior a 1.000 €
1. Liña de dixitalización e innovación comercial: dixitalización do contorno comercial Omnicanle e transformación dixital. Investimento máximo subvencionable 18.750 €
2. Liña de modernización comercial: actuación de mellora da imaxe, eficiencia do local e calidade do produto final. Investimento máximo subvencionable 20.000 €
3. Liña de sustentabilidade ambiental: dirixidas á reducción das cantidades de embalaxe mediante adaptación do tamaño e forma á dimensión dos produtos. Deberá estamparse a marca Comercio Galego. Investimento máximo subvencionable 2.500 €

Non serán subvencionables: o IVE, adquisición de ordenadores, móviles, tabletas, tv, reprodutores de son e imaxe, cámaras fotográficas, maquinaria propia de procesos industriais ou de servizos profesionais, maquinaria para desenvolvemento de obras, materia prima da actividade artesanal, materiais para realizar con medios propios obras e instalación, enxoval e artigos de decoración e material non inventariable, obras de mellora en almacéns ou espazos non destinados á exposición e venda, adquisición de recambios, taxas, licenzas, sistemas de alarma e seguridade, máquinas de venda automática, artigos de exposición susceptibles de posterior venda ao público, gastos que non constitúan a actividade principal do establecemento, bolsas e elementos de plástico…

Liña 1: dixitalización e innovación comercial
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES INVESTIMENTO MÁXIMO SUBVENCIONABLE (IVE EXCLUÍDO)
a) Implantación ou mantemento de páxina web con ou sen venda en liña (A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV) 1.200,00 €
b) Sistema TPV, impresora de tíckets, caixón portamoedas, lector de código de barras, impresora de etiquetas/código de barras e báscula dixital 1.200,00 €
c) Software de xestión adaptado á actividade comercial desenvolvida (programas de xestión comercial, de xestión do e-commerce, de pagamento, de control de stocks, tecnoloxía RFID, sistema de facturación electrónica que deberá estar homologado pola AEAT etc.). Inclúese a implantación do software e a formación necesaria para o seu uso 5.000,00 €
d) Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS) 2.500,00 €
e) Xestor de redes sociais, que deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV, e imaxe dixital 2.000,00 €
f) Etiquetaxe electrónica para lineais de venda 2.500,00 €
g) Sistemas de click and collect 2.500,00 €
h) Solucións de ciberseguridade 2.000,00 €
i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots) 1.000,00 €
j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce) e aplicacións de realidade virtual e aumentada 2.500,00 €
k) Pantallas e escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela 5.000,00 €
l) Memoria-proxecto de dixitalización elaborado por persoa enxeñeira informática colexiada 2.000,00 €
Liña 2: modernización comercial
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES INVESTIMENTO MÁXIMO SUBVENCIONABLE (IVE EXCLUÍDO)
a) Obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda do establecemento comercial, adquisición de moblaxe auxiliar destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de moblaxe expositiva de produtos que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda 5.250,00 €
b) Servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo, de decoración e de obras do establecemento comercial 2.000,00 €
c) Portas de entrada ao establecemento que permitan o peche sen necesidade de acción manual (automáticas ou con brazo mecánico) 2.000,00 €
d) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces 2.000,00 €
e) Sistemas de climatización, calefacción e ventilación enerxeticamente eficientes 4.000,00 €
f) Actuacións de mellora da fachada e illamento térmico e acústico e colocación de toldos e rótulos do establecemento comercial 2.000,00 €
g) Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade artesanal e a actividade comercial principal e que deberán ser, en todo caso, adquisicións de primeiro uso.

No caso de maquinaria, ou equipamento auxiliar, debe ser de fabricación externa cualificada e cumprir as seguintes condicións excluíntes:

1. Estar directamente relacionada coa actividade artesanal.
2. Estar directamente relacionada coa actividade comercial principal do establecemento e que melloren o deseño e calidade do produto final, así como a experiencia de compra, sempre que sexan de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

5.000,00 €
h) Aparellos eléctricos de aromatización e fío musical 1.000 €
Liña 3: sustentabilidade ambiental
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
a) Caixas de cartón 100 % reciclado.
b) Sobres de cartón ou papel 100 % reciclado.
c) Papel vexetal.
d) Recheos para embalaxe (recheos vexetais e proteccións acolchadas de papel 100 % reciclado).
e) Bolsas de papel 100 % reciclado.
f) Bobinas de papel 100 % reciclado.
g) Bolsas de tea de algodón 100 %.
h) Bolsas de tea de liño 100 %.
i) Bolsas de tea de cánabo 100 %.

* Anexo II e Anexo III. Epígrafes do IAE subvencionables:
641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642. Comercio polo miúdo de carnes e despoxos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza e de produtos derivados deles.
643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.
645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.
647. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas en xeral (agás 647.4 e 647.5).
651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
652. Comercio polo miúdo de medicamentos, artigos de drogaría e limpeza, perfumaría e cosméticos (agás 652.1).
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción (agás 653.4).
656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, pezas de roupa e utensilios ordinarios de uso doméstico.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659. Outro comercio polo miúdo.
665. Actividades empresariais de comercio realizadas fóra do establecemento permanente: «comercio retallista por correo ou catálogo». No caso de comercio en liña, non será subvencionable a comercialización en liña de produtos non comprendidos no anexo II nin produtos ou servizos non comprendidos no ámbito de aplicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

255.2. Fabricante de xabóns de tocador e produtos de perfumaría.
253.6. Fabricante de aceites esenciais e substancias aromáticas.
41. Industria de produción de produtos alimenticios.
421. Industria de cacao, chocolate e produtos de confeitaría.
423.1. Elaboración de café e té e sucedáneos de café.
43. Industria téxtil.
44. Industria do coiro.
45. Industria do calzado e vestido e outras confeccións téxtiles.

RÉGIMEN DE MINIMIS

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

El plazo de presentación de solicitudes estará abierto desde el 16 de enero hasta el 16 de febrero de 2026.

  • Facebook
  • Twitter