— Ayudas a Agrupaciones de Defensa Sanitaria Ganadera. Hasta el 02/02/2026.

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

ORDEN del 12 de diciembre, por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas a las entidades reconocidas como agrupaciones de defensa sanitaria ganaderas (ADSG) de Galicia, y se convocan para el año 2026-2027 DOG Nº 251, 30/12/2025

OBJETO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) para o desenvolvemento dos programas sanitarios.
As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva. O código de procedemento é o MR237B.
A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras integradas en ADSG a través da execución de programas zoosanitarios comúns de prevención e control de enfermidades dos animais, obrigatorios para estas explotacións.

Os programas sanitarios comezarán o 1 de marzo de 2026 e rematarán o 28 de febreiro de 2027.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Son gastos subvencionables os recollidos nas seguintes liñas:

1. Os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal veterinario responsable nas agrupacións da realización das actuacións sanitarias establecidas nos programas sanitarios marco recollidos no anexo VII.

2. Os derivados da compra do seguinte material funxible utilizado para o desenvolvemento do programa sanitario: luvas, calzas ou similares; tubos, agullas, campás e dispositivos desbotables para extracción de sangue ou tecido de orella.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido nesta orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda (excepción ADSG formadas exclusivamente para cebadeiros de gando vacún)
b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común por especie animal que incluirá como mínimo o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo VII desta orde.
c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que tanto as ditas explotacións como a ADSG de pertenza teñan a condición de pemes.

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

A cuantificación das axudas realizarase seguindo os seguintes criterios:

1) Para a contratación de servizos técnicos veterinarios (empresa) ou a remuneración do persoal veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:

a. Máximo de 20.200 € por cada persoa veterinaria a xornada completa ou 8.300 € se é xornada parcial, ou no caso de contratación de servicios técnicos veterinarios.
b. En todas as ADSG computaranse as seguintes unidades mínimas de gando maior (UGM). No caso de non acadar as UGM mencionadas a axuda reducirase proporcionalmente.

Especie ADSG Persoal Veterinario a tempo completo Persoal Veterinario a tempo parcial Empresa servizos veterinarios Coeficiente
Bovino 4.000 UGM 2.000 UGM 2.000 UGM 6,12
Bovino Montaña 3.300 UGM 1.650 UGM 1.650 UGM 6,50
Ovino/cabrún 2.000 UGM 1.000 UGM 1000 UGM 8,50
Porcino 10.000 UGM 5.000 UGM 5.000 UGM 2,3
Aves 10.000 UGM 5.000 UGM 5.000 UGM 1
Coellos 10.000 UGM 5.000 UGM 5.000 UGM 1,6
Visóns 10.000 UGM 5.000 UGM 5.000 UGM 0,6

c. O total do importe da subvención motivada por contratación de persoal veterinario non poderá superar o importe máximo que resulte de multiplicar o número de UGM da ADSG polo coeficiente indicado na táboa anterior para cada categoría.

2) Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG: poderase solicitar ata o importe máximo resultante de multiplicar as UGM totais da ADSG polo coeficiente de 0,15. A cantidade máxima de axuda nesta líña é de 4.000 €.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

As solicitudes poderán acadar ata un máximo de 100 puntos, en función de:

– Nº de explotacións integrantes da ADSG: ata un máximo de 18 puntos.
– Nº de UGM da ADSG: ata un máximo de 17 puntos.
– Nº de persoas veterinarias contratadas pola ADSG con xornada completa: ata un máximo de 15 puntos.
– Especie gandeira: ata un máximo de 10 puntos.
– Fusións de ADSG: ata un máximo de 20 puntos.

PERIODO SUBVENCIONABLE

Consideraranse gastos subvencionables os que se realicen e paguen dende o 1 de marzo de 2026 ata o 28 de febreiro de 2027.

O prazo para xustificar os gastos realizados ata o 30 de novembro de 2026 remata o 10 de decembro de 2026.
Para o resto de gastos o prazo para xustificar remata o 10 de marzo de 2027.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 31 de decembro de 2025 ata o 2 de febreiro de 2026.

  • Facebook
  • Twitter