RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.
— ORDEN del 11 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas de la Intervención 7169 Cooperación para la sucesión de explotaciones agrarias, en el marco del Plan estratégico de la política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Rural (Feader). Consellería de Medio Rural. DOG Nº 246, 22/12/2025
OBJETO Y FINALIDAD
A finalidade destas axudas é favorecer a renovación xeracional, aumentar a viabilidade das explotacións agrarias mediante a súa reestruturación e ampliación e incrementar o grao de cualificación profesional das persoas titulares, apoiando a persoas agricultoras que decidan cesar na súa actividade agraria co fin de ceder a súa explotación a outras persoas, mediante a presentación dun proxecto de cooperación.
O código do procedemento é MR617D.
Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.
PERSONAS BENEFICIARIAS
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas, xefas de explotación, que cumpran os requisitos para acceder á xubilación no momento de realizar a transmisión, ou por causa de incapacidade laboral permanente, conforme a lexislación nacional, e que cedan a súa explotación agraria a outra persoa física ou xurídica que queira sucederlle a través dun proxecto de cooperación para a sucesión desa explotación agraria.
Os requisitos para acceder á axuda son:
-Presentar un proxecto de cooperación formalizado xunto coa solicitude da axuda, cunha persoa cesionaria que non poderá ser familiar de primeiro grao da persoa cedente, nin tratarse dunha persoa xurídica con algún socio que sexa familiar de primeiro grao desa persoa cedente.
– Ser agricultora/a activo.
– Exercer a actividade agraria durante os cinco anos anteriores á solicitude de axuda.
– Ser titular dunha explotación agraria cuxa produción estándar total (PET) sexa, como mínimo, de 8.000 €.
– Non ter máis de 70 anos.
– Ter inscrita a explotación agraria no Banco de Explotacións ou realizar unha solicitude de inclusión nunha data anterior á da publicación da correspondente
convocatoria.
-Cotizar á Seguridade Social pola súa actividade agraria na data de presentación da
solicitude de axuda.
-Estar en situación para acceder á xubilación no momento da transmisión, nun prazo máximo de seis (6) meses contado desde a data de presentación da solicitude de axuda ou, de ser o caso, ter recoñecida unha situación de incapacidade permanente para a actividade agraria no dito prazo.
PERSONAS CESIONARIAS
Poderán ser cesionarias as personas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:
-Ser maior de 18 anos e non superar os 55 no caso de persoas físicas.No caso de persoas xurídicas, polo menos o 50% das persoas asociadas deberán cumprir o requisito de idade esixido para persoas físicas.
-No caso de que a cesionaria sexa unha persoa física, non poderá ter unha relación familiar de primeiro grao coa persoa cedente. No caso de que sexa persoa xurídica,ningún dos seus socios poderá ser familiar de primeiro grao do cedente.
-Ter formalizado coa persoa cedente un proxecto de cooperación
-Comprometerse a realizar un contrato de arrendamento e/ou compravenda para a transferencia da explotación.
-Asumir a condición de titular de explotación.
-Cotizar á Seguridade Social pola súa actividade agraria ou comprometerse a iso con anterioridade ao momento da xustificación
-Ter participado no proceso de intermediación co Banco de Explotacións, mediante solicitude de intermediación para o acceso a explotación do Banco de
Explotacións (MR617C)
PROCESO DE COOPERACIÓN
Deberá formalizarse un proxecto de cooperación entre a persoa cedente e a persoa cesionaria que vaia a sucedela na explotación. O proxecto de cooperación incluirá o seguinte contido mínimo:
a) A situación inicial da explotación.
b) Compromiso por parte da persoa cedente de cesar na súa actividade agraria, e darse de baixa no Reaga pola súa actividade agraria.
c) Compromiso da persoa cedente de transferir os dereitos de axuda á cesionaria segundo acordo entre as partes, ligados ás unidades de produción.
d) Relación de actuacións que vaia desenvolver a persoa cesionaria, que recolla se vai realizar unha primeira instalación, diversificación agraria, investimentos ou o desenvolvemento doutras intervencións e o asesoramento que poida recibir, tanto pola persoa cedente como
por asesores externos á explotación.
e) A dedicación que fará a persoa cedente para a transmisión dos seus coñecementos á persoa cesionaria.
CUANTÍA DE LA AYUDA
A axuda consistirá nun importe a tanto alzado en forma de pago anual por un período de 5 anos que se calculará en función do tamaño da explotación.
En todo caso, a axuda poderá acadar no total de todas as anualidades a contía de 30.000 €, ou un máximo anual de 6.000 €.
A axuda destinarase ás persoas agricultoras ou gandeiras que decidan cesar na súa actividade e cedan a súa explotación a outras persoas agricultoras ou gandeiras, compensando unha parte do custo de oportunidade que supón a dita cesión.
CRITERIOS DE SELECCIÓN
Os proxectos serán baremados atendendo aos seguintes criterios de selección:
O limiar mínimo para ser subvencionable será de 5 puntos e polo menos dous criterios
| 1. Criterios relativos á explotación e á persoa titular cedente | Puntuación |
|---|---|
| 1.1. Localización da explotación agraria que se transfire | |
| Municipio en zona desfavorecida (zona de montaña) | 2 |
| Municipio en zona desfavorecida (distinta de zona de montaña) | 1 |
| 1.2. Explotación agraria acollida a réximes de calidade diferenciada | |
| Explotación acollida á produción ecolóxica inscrita no Craega | 2 |
| Explotación acollida á IXP ou DO | 1 |
| 1.3. Superficie da explotación que se transfire | |
| ≥ 30 ha | 4 |
| ≥ 15 ha < 30 ha | 3 |
| ≥ 5 ha < 15 ha | 2 |
| ≥ 0,5 ha < 5 ha | 1 |
| 2. Criterios relativos á persoa cesionaria | Puntuación |
|---|---|
| 2.1. A persoa cesionaria é muller (se é persoa xurídica, a maioría das persoas asociadas son mulleres) | |
| Si | 2 |
| 2.2. Idade da persoa cesionaria (caso de ser persoa xurídica, media de idades das persoas asociadas) | |
| Entre 18 e 40 anos | 4 |
| Entre 41 e 55 anos | 3 |
| 2.3. Duración do contrato de arrendamento | |
| ≥ 10 anos | 2 |
| ≥ 8 anos < 10 anos | 1 |
| Total | 16 |
PERÍODO DE SUBVENCIONABILIDAD
Serán subvencionables as transmisións que se realicen a partir da notificación da resolución da concesión de axuda.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación das solicitudes de axuda irá dende o 23 de decembro de 2025 ata o 23 de xuño de 2026.



