– Ayudas para paliar los daños producidos por el lobo. Desde el 16 de deciembre de 2025 hasta el 2 noviembre de 2026.

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la Orden en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la Orden completa en el enlace “web”.

— ORDEN del 3 de diciembre de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para paliar los daños producidos por el lobo y se convocan para el año 2026. Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático. DOG Nº 241, 15/12/2025

OBJETO Y FINALIDAD

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento MT809B)

PERSONAS BENEFICIARIAS

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando ovino, cabrún, porcino, bovino e equino, e que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.

2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias propietarias de gando vacún leiteiro naqueles casos en que se poida demostrar unha clara desatención na protección dos animais contra os ataques do lobo, agás no caso de gando vacún leiteiro que por prescrición facultativa veterinaria deba permanecer fóra das instalacións gandeiras e que, téndose adoptado as adecuadas medidas de protección, sexa afectado por ataques de lobo.

REQUISITOS

O gando danado polo que se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:

a) Pertencer a unha persoa física ou xurídica titular dunha explotación gandeira inscrita na sección correspondente segundo o tipo de gando no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.

b) O gando bovino, ovino e cabrún deberá cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras de acordo coa normativa aplicable para o efecto.

No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza Celta e cumprir cos requisitos sanitarios establecidos no Real decreto 599/2011, do 29 de abril, polo que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino, e no Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.

c) Estar identificado de acordo coa normativa aplicable para o efecto e, no caso de gando porcino de raza Celta, deberán estar identificados individualmente e estar inscritos no Libro xenealóxico da raza.

ÁMBITO TEMPORAL

Nas 24 horas seguintes ao ataque no caso de gando en réxime intensivo e de 3 días hábiles no caso de gando en réxime semiextensivo ou extensivo, as persoas propietarias das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático mediante unha chamada, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.
Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos/das axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta.

CUANTÍA DE LA AYUDA

O importe das compensacións dos danos establecerase en función das contías establecidas no anexo I da orde.

Especie Clase e idade Custo calidade normal Custo calidade selecta (*) Lucro cesante carne (femias) Lucro cesante leite (femias)
Ovino Cordeiro < 12 meses 110,11 € 140,14 €
Ovino Adulto ≥ 12 meses e < 6 anos 181,61 € 197,34 € 18,59 € 210,21 €
Ovino Adulto ≥ 6 anos 41,47 € 48,62 €
Cabrún Cabrito < 12 meses 115,83 € 173,03 €
Cabrún Adulto ≥ 12 meses e < 6 anos 161,59 € 207,35 € 10,01 € 318,89 €
Cabrún Adulto ≥ 6 anos 41,47 € 48,62 €
Especie Clase e idade Custo raza Celta
Porcino Leitón < 3 meses 130,13 €
Porcino Porco ≥ 3 meses e < 6 meses 217,36 €
Porcino Porco ≥ 6 meses e < 9 meses 288,86 €
Porcino Porco da ceba ≥ 9 e < 12 meses 433,29 €
Porcino Porco da ceba ≥ 12 meses 549,12 €
Porcino Reprodutora 520,52 €
Porcino Reprodutora preñada 577,72 €
Porcino Reprodutor 650,65 €
Especie Clase e idade Custo Rubia Galega Custo outras razas autóctonas Custo vacún leiteiro Custo resto de reses de gando vacún Lucro cesante carne (femias) Lucro cesante leite (femias)
Bovino Becerro < 2 meses 533,39 € 629,20 € 418,99 € 418,99 €
Bovino Becerro ≥ 2 meses e < 4 meses 670,67 € 800,80 € 533,39 € 533,39 €
Bovino Becerro ≥ 4 meses e < 6 meses 1.131,13 € 1.465,75 € 979,55 € 979,55 €
Bovino Becerro ≥ 6 meses e < 1 ano 1.151,15 € 1.515,80 € 1.012,44 € 1.012,44 €
Bovino Vacún ≥ 1 ano e < 2 anos 1.537,25 € 2.009,15 € 1.675,96 € 1.341,34 €
Bovino Vacún ≥ 2 anos e < 6 anos 1.904,76 € 2.858,57 € 2.536,82 € 1.748,89 € 138,71 € 1.983,41 €
Bovino Vacún ≥ 6 anos e < 9 anos 1.522,95 € 2.093,52 € 1.397,11 € 1.397,11 € 138,71 € 1.983,41 €
Bovino Vacún ≥ 9 anos 913,77 € 1.141,14 € 763,62 € 763,62 € 138,71 € 1.983,41 €

Especie Clase e idade Custo Pura Raza Galega Custo outros cabalos
Equino Poldro < 2 meses 346,06 € 277,42 €
Equino Poldro ≥ 2 meses e < 4 meses 451,88 € 346,06 €
Equino Poldro ≥ 4 meses e < 6 meses 629,20 € 523,38 €
Equino Poldro ≥ 6 meses e < 1 ano 943,80 € 787,93 €
Equino Equino ≥ 1 ano e < 2 anos 1.006,72 € 859,43 €
Equino Equino ≥ 2 anos e < 10 anos 1.258,40 € 858,00 €
Equino Equino ≥ 10 anos 943,80 € 712,14 €
Equino Asnal < 1 ano 95,81 €
Equino Asnal ≥ 1 ano e < 10 anos 317,46 €
Equino Asnal ≥ 10 anos 238,81 €
Equino Mular < 1 ano 158,73 €
Equino Mular ≥ 1 ano e < 10 anos 476,19 €
Equino Mular ≥ 10 anos 354,64 €

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2025 e o 16 de decembro de 2025, o prazo de presentación será ata o 16 de xaneiro de 2026. É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o ataque.
b) Para os danos ocasionados a partir do 16 de decembro de 2025, o prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano, ao teléfono 012.

  • Facebook
  • Twitter