– Préstamos de financiación de inversiones y capital circulante con bonificación de intereses garantizados. Hasta fin de presupuesto.

Información de la ayuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen de la ORDEN en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la ORDEN completa en el enlace “web”.

— ORDEN del 25 de septiembre de 2025 por la que se regulan el procedimiento para reconocer el derecho a préstamos de financiación de inversiones y capital circulante con bonificación de intereses garantizados por el Instrumento financiero de gestión centralizada en el marco del Plan Estratégico de la Política Agraria Común de España 2023-2027, cofinanciado por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) (Código de procedimiento MR350A). Consellería de Medio Rural. DOG 193 (07/10/2025)

OBJETO

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento para recoñecer o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante con bonificación de xuros garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da PAC 2023- 2027 (PEPAC), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), convocándoos para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva.

PERSONAS BENEFICIARIAS

As persoas que desexen acceder ao instrumento financeiro deberán cumprir os seguintes requisitos:

a. Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto no caso de ser unha persoa agricultora moza ou nova, que estará exenta de cumprir esta condición.
b. Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.
c. Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012 polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.
d. Que a súa actividade principal sexa a agraria.
e. Dispor dunha contabilidade específica Feader.
f. Non ter recoñecido o dereito a un préstamo garantido polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 para a mesma intervención e finalidade.

CONDICIONES DE LOS PRÉSTAMOS

Poderán solicitarse os seguintes préstamos en función da intervención:

a. Na intervención 68411 Axudas aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático, uso eficiente dos recursos naturais e benestar animal, os préstamos só poderán ser para o financiamento dun investimento.
b. Na intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, os préstamos poderán ser para o financiamento dun investimento ou para capital circulante.

As tipoloxías e condicións dos préstamos seguirán o estipulado no convenio outorgado entre a SAECA e as entidades financeiras.

As entidades financeiras coas que se poderán formalizar os préstamos regulados nesta orde serán as que estean adheridas ao Instrumento financeiro de xestión centralizada mediante a sinatura dun convenio tipo coa SAECA.

Todos os préstamos levan unha bonificación de xuros de 3 puntos porcentuais durante os tres primeiros anos.

DISPOSICIONES ESPECÍFICAS

Sección 1ª. Intervención 68411 Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais.

OPERACIONES SUSCEPTIBLES DE APOYO FINANCIERO MEDIANTE PRÉSTAMO GARANTIZADO

Serán obxecto de axuda mediante o instrumento financeiro os gastos dos investimentos produtivos que teñan como obxectivo contribuír a:

a. Accións de mitigación ou adaptación ao cambio climático.
b. Investimentos para a xestión eficiente dos recursos auga, solo e aire.
c. Mellora da eficiencia enerxética e produción de enerxías verdes.
d. Investimentos para a mellora do benestar animal.
e. Investimentos en medidas de bioseguridade nas explotacións agrarias.

Serán elixibles os investimentos que se realicen con anterioridade á data de presentación da solicitude (non poderán ser anteriores o 01/01/2023), sempre que non se executasen na súa totalidade.

Non serán susceptibles: o IVE, taxas, licenzas administrativas ou impostos, xuros de demora, recargas, multas e sancións, gastos de procedementos xudiciais, a adquisición de terreos por importe superior ó 10% do custo elexible (excepto a compra de terras por persoas agricultoras mozas), a comrpa de dereitos de producción agrícola, compra de dereitos de pagamento, investimentos de simple substitución, maquinaria de segunda man, gastos de conservación e mantemento, montes baixos de ciclo curto, maquinaria relacionada coa transformación e comercialización de productos agrarios, maquinaria forestal, xuros de débeda.

CARACTERÍSTICAS DEL PRÉSTAMO GARANTIZADO

– Importe de préstamo: mínimo 30.000 €; máximo 250.000 €
– Tipo de préstamo:

Nº de anos 3 5 5 8 8 8 10 10 10 12 12 12 15 15 15 20
Nº de anos de amortización 3 5 4 8 7 6 10 9 8 12 11 10 15 14 13 16
Nº de anos de carencia 0 0 1 0 1 2 0 1 2 0 1 2 0 1 2 4

Sección 2ª. Intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias. Recoñecemento do dereito a un préstamo garantido con bonificación de xuros.

Mediante esta intervención os préstamos poderán ser para o financiamento dun investimento ou capital circulante.

PRÉSTAMOS PARA INVERSIONES

OPERACIONES SUSCETIBLES DE APOYO FINANCIERO MEDIANTE PRÉSTAMO GARANTIZADO

Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan mellora do rendemento global, competitividade ou viabilidade das explotacións como:

– Reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoña reducción dos custos de produción ou incemento da productividade.
– Compra de construccións agrarias en desuso, a través dunha transmisión ou coa intermediación do Banco de Explotacións.
– Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude froiteira
– Compra de animais e terreos conforme art. 73.3.d) Regulamento (UE) 2021/2115
– Investimentos inmateriais asociados á realización de investimentos materiais (gastos xerais, licenzas de sofware ou outros permisos).
– Investimentos para adaptarse a normas de obrigado cumprimento (período de gracia de 12-24 meses)

Os investimentos poderán estar iniciados dende 01/01/2023 sempre que non se executasen na súa totalidade.

Non serán elixibles: compra de dereitos de produción agrícola, compra de dereitos de pagamento, investimentos de simple substitución, maquinaria de segunda man, gastos de mantemento, montes baixos de ciclo curto, maquinaria relacionada coa transformación e comercialización de produtos agrarios, maquinaria e investimentos forestais, IVE, taxas administrativas, xuros de débeda, adquisicións de terreos por importe superior ó 10% do custo total elixible.

GASTOS EN INVERSIONES EN REGADÍOS

Serán obxecto de axuda os investimentos en instalacións de rega de carácter privativo que non comporten aumento da superficie de rega sempre que a autoridade competente en planificación hidrolóxica considere a actuación dentro do seu programa de medidas.
Debe instalarse un sistema de medición que permita medir por contador o uso da auga correspondente ao investimento obxecto da axuda.
Debe haber unha avaliación inicial do aforro potencial de auga. Este aforro potencial debe estar entre o 5-25%.

– En actuacións que substitúan a rega a pé por rega por aspersión o aforro potencial mínimo será do 15%.
– En actuacións que substitúan a rega a pé por rega localizada o aforro potencial mínimo será do 25%.
– En actuacións que substitúan a rega por aspersión por rega localizada o aforro potencial mínimo será do 10%.
– En actuacións que substitúan a rega localizada por outra de tecnoloxías en microlocalización, o aforro potencal mínimo será do 5%.

CARACTERÍSTICAS DEL PRÉSTAMO GARANTIZADO

– Importe do préstamo: mínimo 30.000 €, máximo 500.000 €
– Tipo de préstamo:

Nº de anos 3 5 5 8 8 8 10 10 10 12 12 12 15 15 15 20
Nº de anos de amortización 3 5 4 8 7 6 10 9 8 12 11 10 15 14 13 16
Nº de anos de carencia 0 0 1 0 1 2 0 1 2 0 1 2 0 1 2 4

PRÉSTAMOS PARA CAPITAL CIRCULANTE

Considérase como capital circulante: a compra de dereitos de produción agrícola, gastos de conservación e mantemento. O importe das axudas non excederá de 200.000 € durante calquera período de 3 exercicios fiscais.

CARACTERÍSTICAS DEL PRÉSTAMOS GARANTIZADO

– Importe do préstamo: mínimo 15.000 €, máximo 30.000 €
– Tipo de préstamo:

Nº de anos 3 5
Nº de anos de amortización 3 5
Nº de anos de carencia 0 0

EQUIVALENTE DE SUBVENCIÓN BRUTA (ESB)

Cálculo do ESB = importe nominal do préstamo (EUR) × custo do risco (práctica habitual) × taxa da garantía × taxa do límite máximo da garantía × duración media ponderada do préstamo (anos).

O ESB en forma de bonificación de xuros calcularase a unha taxa de actualización calculada conforme o disposto na Comunicación da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización (2008/C 14/02).

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

Xunto coa solicitude (anexo I) deberase presentar a seguinte documentación:

a. Acreditación da persoa representante da súa representación (se é o caso).
b. Anexo II de autorización á SAECA para obter directamente por medios telemáticos a información que considere precisa para elaborar o informe de viabilidade crediticia.
c. Anexo III de comprobación de datos das persoas socias (se é o caso).
d. Xustificante da capacitación profesional.
e. Memoria técnico-económica que describa os investimentos previstos ou, no caso de préstamos a gastos de capital circulante, unha lista de gastos da explotación cuxo financiamento se pretende afrontar.
f. No caso de adquisición de terreos ou bens inmobles, certificado de taxación.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de solicitude para todos os préstamos garantidos estará aberto permanentemente ata que se esgote o orzamento.

DOTACIÓN PRESUPUESTARIA

a) Intervención 68411 Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais: 1.800.000 €
b) Intervención 68412 Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias: 4.298.000 €

  • Facebook
  • Twitter