• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego
No Result
View All Result
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Premios con nome propio ás cooperativas galegas

Publicado en Cooperación Galega - Número 174 Agosto 2025

9 de septiembre de 2025
in Blog
Premios con nome propio ás cooperativas galegas
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Bico de Xeado, Condes de Albarei e Lemos reciben recoñecementos estatais e galegos pola súa aposta pola innovación, o seu avance cara a Igualdade e por construír un modelo cooperativo sostible e con raíces. Tres cooperativas galegas veñen de ser distinguidas en 2025 polos seus méritos no ámbito da innovación, da igualdade e da traxectoria cooperativa. Os premios outorgados por Cooperativas Agro-alimentarias de España e polo Consello Galego de Cooperativas recoñecen o compromiso, o liderado e a capacidade de transformación de entidades que nacen do territorio e que traballan con e para as persoas.

A Cooperativa Agraria Provincial da Coruña (CAP), artífice da marca de xeados artesanais Bico de Xeado, foi distinguida pola súa capacidade innovadora; a adega Condes de Albarei recibiu o premio polo seu compromiso coa igualdade; e a Cooperativa Lemos pola súa traxectoria exemplar. Representan tres formas diferentes, pero complementarias, de avanzar cara a un modelo cooperativo que responde aos retos do presente e do futuro sen perder de vista a súa identidade.

Bico de Xeado, iniciativa innovadora

CAP, cooperativa de segundo grao fundada en 1980 e formada por 30 entidades socias, soubo dar un xiro estratéxico ao sector lácteo galego. O salto decisivo levárono a cabo en 2011 coa creación de Bico de Xeado, unha marca de xeados artesanais elaborados con leite de vaca da raza Jersey, coñecida polo seu alto contido proteína e a súa cremosidade.

A súa marca de xeados artesanais, elaborados con leite procedente de granxas propias e pasteurizado no mesmo día, é xa un referente na comercialización de produtos lácteos con identidade. O lanzamento de Bico de Xeado supuxo un punto de inflexión: a cooperativa incrementou vendas, abriu 30 tendas propias en Galicia e noutras zonas de España, ademais de 25 franquicias, e consolidouse como un modelo de integración vertical que combina produción, transformación e venda directa á persoa consumidora.

Pero a innovación da CAP non se limita ao produto final. A cooperativa aposta por unha gandería sostible e eficiente, cunha decidida orientación cara á calidade e ao benestar animal. A introdución da raza Jersey e a análise xenética para seleccionar exemplares con presenza do xene A2A2, máis dixestivo, son exemplos da súa visión estratéxica.

A participación en proxectos como SmartZ4Milk e LaZteo, centrados na dixitalización e sustentabilidade do sector lácteo, reforza esta aposta por un modelo agroalimentario conectado, trazable e respectuoso co medio. Ademais, a CAP desenvolve unha intensa actividade de asesoramento técnico e de transferencia tecnolóxica, poñendo ao servizo das súas cooperativas socias ferramentas para mellorar a rendibilidade e competitividade das explotacións. Por iso foi galardoada co Premio á Innovación 2025 de Cooperativas Agro-alimentarias de España. Este recoñecemento salienta unha traxectoria de máis de catro décadas, marcada pola aposta por dar valor á produción láctea galega a través da transformación, a tecnoloxía e o coñecemento.

Súmase, ademais, a outros premios recibidos nos últimos anos, como o Galicia Alimentación ou o PEL á mellor iniciativa transformadora do rural. En conxunto, consolidan a Bico de Xeado como unha marca que nace do campo galego e que representa unha nova forma de facer cooperativismo con futuro.

Condes de Albarei e a igualdade

O Premio á Igualdade de Oportunidades 2025 foi para a cooperativa vitivinícola Condes de Albarei, situada en Cambados, polo seu compromiso coa equidade de xénero e a creación dun espazo cooperativo inclusivo e diverso. Fundada en 1988 por un grupo de viticultores do Val do Salnés, a súa traxectoria está estreitamente ligada ao desenvolvemento do albariño como símbolo de calidade e identidade galega.

Dende os seus inicios, Condes de Albarei foi incorporando mulleres a postos de responsabilidade. Xa en 1994 incorporou a primeira muller ao consello reitor e, dende entón, a presenza feminina non fixo máis que medrar, ata acadar a paridade. Hoxe en día hai tres mulleres no consello reitor e, unha delas, Dolores Calvo, asume a presidencia. Ademais, a metade dos departamentos están liderados por mulleres. A súa presidenta lidera tamén a Asociación Española de Mulleres de Cooperativas Agro-alimentarias (AMCAE), converténdose nunha voz referente a nivel estatal.

A cooperativa elaborou en 2023, co apoio de AGACA, o seu Plan de Igualdade, que inclúe medidas concretas para favorecer a conciliación, eliminar estereotipos e fomentar o empoderamento feminino. A Comisión de Igualdade, paritaria e representativa, garante o seguimento das accións e atende as posibles demandas do persoal.

Entre as iniciativas desenvolvidas destacan os programas formativos para socias e mulleres dos arredores, os cursos de profesionalización no viñedo e os convenios coa Mancomunidade do Salnés para mellorar a empregabilidade de persoas da zona que non teñen cualificación profesional e están buscando emprego. A cooperativa mantén tamén unha colaboración activa con entidades como Boa Vida, orientada a persoas en  risco de exclusión. Ademais do seu compromiso coa igualdade, Condes de Albarei promove accións culturais, sociais e educativas na súa comarca, reafirmando a súa implicación co territorio e a súa vocación cooperativa transformadora.

O premio recoñece así non só unha traxectoria de máis de trinta anos no sector vitivinícola, senón tamén unha firme vontade de construír un modelo máis xusto e inclusivo.

Lemos e o seu case medio século de traxectoria

A Cooperativa Lemos recibiu o Premio á Traxectoria Cooperativa 2025, outorgado polo Consello Galego de Cooperativas, polo seu papel fundamental na consolidación do cooperativismo agrogandeiro na comarca de Monforte de Lemos e o seu exemplo de evolución sostida, diversificación e responsabilidade social.

Nacida en 1978 para dar resposta ás necesidades de alimentación animal dun grupo de 98 profesionais da gandería da zona, Lemos converteuse ao longo dos anos nunha cooperativa multiservizos de referencia. Actualmente conta con máis de 800 socios e socias, 40 persoas empregadas, ofrece asesoramento técnico, fiscal e veterinario, e proporciona ás súas socias e socios todo tipo de insumos e solucións para a actividade agrogandeira.

A súa integración en agrupacións como AGACA, Acolact, Delagro ou Artesáns Gandeiros permitiulle reforzar alianzas, ampliar servizos e participar en proxectos de transformación agroindustrial. En 2017, a compra do 80 % da industria láctea Celega, situada no concello do Saviñao, permitiulle pechar o ciclo produtivo do leite: produción, transformación e comercialización.

Os investimentos realizados dende entón, orientados á eficiencia enerxética, ao benestar animal e á economía circular, fixeron de Celega un referente industrial en Galicia. Lemos tamén foi pioneira na implantación de servizos como a substitución en explotacións, os carros mesturadores ou o servizo de podoloxía bovina. Xestiona unha Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) que integra hoxe máis de 280 explotacións e participa activamente en programas oficiais de control sanitario.

Na súa aposta polo futuro, a cooperativa fomenta a incorporación de persoas mozas e de mulleres, tanto nas explotacións como no cadro de persoal. Case o 30 % do seu plantel son mulleres, e o 90 % da súa xunta reitora ten entre 30 e 55 anos. Impulsan tamén cursos de empoderamento feminino no rural, en colaboración con entidades públicas e cooperativas doutras comarcas. Este recoñecemento á súa traxectoria non é só un premio ao pasado, senón ao seu presente e ao seu futuro. Foi quen de manterse fiel aos valores cooperativos, adaptarse aos tempos e seguir sendo unha peza clave na dinamización do sector primario galego.

Bico de Xeado, Condes de Albarei e Lemos representan tres formas de facer cooperativismo: innovando, construíndo espazos igualitarios e fortalecendo o rural dende dentro. Cada unha, dende o seu ámbito e contexto, mostra como a fórmula cooperativa continúa sendo unha ferramenta eficaz para responder a necesidades colectivas, crear valor tecer comunidade.

O recoñecemento que recibiron este ano é tamén unha chamada de atención, lembrar que hai outro modelo empresarial posible, centrado nas persoas, no territorio e no futuro compartido.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Canal Interno de Información
  • Comunicación a proveedores
  • Español
  • Gallego

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
    • Datos
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}