RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumen de la ORDEN en “Documentación” (formato PDF en gallego) y consultar la ORDEN completa en el enlace “web”.
— ORDEN del 29 de agosto de 2025 por la que se establecen las bases reguladoras y la convocatoria de las ayudas para la reparación de daños causados por los incendios, destinadas a titulares de terrenos cinegéticos ordenados (tecores) de Galicia afectados por los incendios. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. DOG 166 (30/08/2025)
OBJETO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases para o outorgamento de axudas específicas para sufragar os gastos derivados das actuacións que se leven a cabo para paliar os danos causados nos terreos cinexeticamente ordenados como consecuencia dos incendios que afectan a Galicia durante o verán de 2025.
Código de procedemento: MT100A
PERSONAS BENEFICIARIAS
Titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecores) de Galicia que fosen afectados pola vaga de incendios en Galicia no verán de 2025.
GASTOS SUBVENCIONABLES
a) As actuacións realizadas sobre terreos cinexeticamente ordenados coa finalidade de recuperación dos hábitats cinexéticos e a protección dos solos nas zonas afectadas polos lumes. Consistirán na sementeira de cereais nos tecores afectados pola vaga de lumes forestais referida. Para tal efecto, as actuacións de sementeira poderanse estender ata o 10 % da superficie queimada.
b) As actuacións de recuperación, reparación e/ou reposición de infraestruturas e instalacións destruídas polos incendios (refuxios, fontes, comedeiros, bebedoiros, tobeiras, cercas, infraestruturas de aclimatación, elementos de sinalización, etc.).
CUANTÍA DE LA AYUDA
a) Actuacións de sementeira de cereais: o custo subvencionable será dun máximo de 650 euros por hectárea, cun límite máximo por entidade de 30.000 euros.
b) Actuacións de recuperación, reparación e/ou reposición de infraestruturas e instalacións: subvencionarase o 100 % dos gastos acreditados en reparacións e/ou reposicións das infraestruturas e/ou instalacións ata un máximo de 12.000 euros por solicitante.
ANTICIPOS
Poderán realizarse pagamento anticipado do 100%, quedando estes exentos da obriga de constituir garantías.
PLAZO DE SOLICITUD
Dende o 1 de setembro de 2025 ata o 1 de outubro de 2025.



