A Unión Europea prevé poñer en marcha medidas de restauración en zonas concretas do territorio co fin de acadar o obxectivo de restaurar, polo menos, o 20% das zonas terrestres e o 20% das zonas mariñas, e pretende plantar, como mínimo, tres mil millóns máis de árbores para 2030. En Galicia, con case o 70% do territorio a monte e menos do 30% de Superficie Agraria Útil, estamos en condicións de demandar unha compensación por ter superada amplamente esta esixencia en comparación co resto do territorio da UE.
O Pacto Verde Europeo é a nova estratexia de crecemento da UE e debería conducir a unha transformación progresiva e profunda das nosas economías, o que terá unha forte incidencia nos patróns comerciais, mentres que a ampla rede de acordos comerciais bilaterais da UE deberá comprometernos cos nosos socios en materia de cambio climático e biodiversidade e, polo tanto, esixe a introdución de medidas «espello» nas relacións comerciais.
Estas medidas deixarán á marxe os emprazamentos mariños dedicados a enerxías renovables e a usos militares e de defensa. A produción de alimentos é secundaria. Só se contemplan medidas de restauración das poboacións de polinizadores e de restauración dos ecosistemas forestais. Os Estados membros deberán avaliar a «viabilidade da restauración, a rendibilidade e os intereses socioeconómicos en conflito» e ter en conta os «plans estratéxicos da PAC». Pero o máis curioso é que «a Comisión examinará as repercusións socioeconómicas, especialmente nas zonas rurais, e o impacto do Plan Nacional de Restauración, en particular na produción agrícola e forestal, co fin de garantir que non dea lugar a que a produción se desprace fóra da Unión». Agardarán que os alimentos se produzan por arte de maxia?
Claramente os gobernos da UE só queren ao medio rural para producir alimentos baratos (ou non moi caros) e suficientes.
Aplicarase a partir da data en que a Comisión proporcione datos sólidos e científicos ao Parlamento Europeo e ao Consello sobre as condicións necesarias para garantir a seguridade alimentaria a longo prazo, respectando a necesidade de terras cultivables na agricultura convencional e ecolóxica, o impacto da restauración da natureza na produción, dispoñibilidade e prezos dos alimentos. Por iso, avaliará anualmente se procede ou non retrasar a consecución dos obxectivos mirando os indicadores seguintes: que o prezo medio dos alimentos aumente un 10% nun ano ou que a produción total de alimentos na UE diminúa un 5% nun ano. Claramente os gobernos da UE só queren ao medio rural para producir alimentos baratos (ou non moi caros) e suficientes.
Con estas condicións, pódese prever que os alimentos van subir de prezo.
Por tanto, con estas condicións, pódese prever que os alimentos van subir de prezo. As crises alimentarias reaparecerán e os responsables non serán nin profesionais da agricultura nin da distribución. Será cuestión de desaxustes entre oferta e demanda motivados polos sobrecustos e inseguridades dun mundo que xa non será tan global, e, sobre todo, porque queren alimentos sen agricultores e iso, por agora, non pode ser.
Queren alimentos sen agricultores e iso, por agora, non pode ser.
Pese a que a UE non ten unha estratexia alimentaria, nin trazas de tela, os agricultores e gandeiros que resistan estas medidas deberían ver compensados en prezos as medidas a adoptar. Nesta próxima resiliencia da produción as cooperativas deberán acompañar e viabilizar a produción, pois non vemos a poboación da UE acostumarse a pasar sen alimentos.
Leer revista completa:





