{"id":27302,"date":"2026-04-06T10:02:36","date_gmt":"2026-04-06T09:02:36","guid":{"rendered":"https:\/\/agaca.coop\/?p=27302"},"modified":"2026-04-06T11:22:50","modified_gmt":"2026-04-06T10:22:50","slug":"sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/","title":{"rendered":"Sucesi\u00f3n na direcci\u00f3n de AGACA: Carlos Ares sucede a Higinio Moug\u00e1n tras 38 anos"},"content":{"rendered":"<p><strong>AGACA inicia unha nova etapa coa renovaci\u00f3n da s\u00faa xerencia, un cambio que combina continuidade, experiencia e visi\u00f3n de futuro. Tras d\u00e9cadas de acompa\u00f1amento ao cooperativismo agroalimentario galego, prod\u00facese unha transici\u00f3n que permite facer balance do cami\u00f1o percorrido e, ao mesmo tempo, mirar aos retos que ve\u00f1en. Falamos co director-xerente sa\u00ednte e co entrante para co\u00f1ecer as claves desta sucesi\u00f3n e as prioridades dunha organizaci\u00f3n chamada a seguir sendo referente para as cooperativas agrarias de Galicia.<\/strong><\/p>\n<h3><span style=\"color: #218a3d;\">Higinio Moug\u00e1n Bouz\u00f3n\u00a0<\/span><\/h3>\n<figure id=\"attachment_27303\" aria-describedby=\"caption-attachment-27303\" style=\"width: 274px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a  href=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/177_BLOG-temacentral-higinio-mougan.bmp\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-27303\" src=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/177_BLOG-temacentral-higinio-mougan-274x300.jpg\" alt=\"\" width=\"274\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/177_BLOG-temacentral-higinio-mougan-274x300.jpg 274w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/177_BLOG-temacentral-higinio-mougan.bmp 461w\" sizes=\"auto, (max-width: 274px) 100vw, 274px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-27303\" class=\"wp-caption-text\">Higinio Moug\u00e1n Bouz\u00f3n (Vedra &#8211; A Couru\u00f1a, 1959)<\/figcaption><\/figure>\n<p><strong>\u2014Dende a constituci\u00f3n de AGACA en 1988, cal \u00e9 o balance destes case 40 anos?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Creo que as entidades e persoas \u00e1s que serv\u00edn (socias, dirixentes, reitoras e cooperativas en xeral) son as que te\u00f1en que xulgar o meu traballo. <strong>S<\/strong><strong>empre me sent\u00edn un servidor das cooperativas socias e das directrices emanadas dos \u00f3rganos sociais de AGACA <\/strong>(asemblea, consello reitor, xuntas sectoriais&#8230;).<\/p>\n<p>Quen se queira apropiar do que fixeron todas estas persoas e instituci\u00f3ns non o far\u00e1 baixo os valores da cooperaci\u00f3n, da colaboraci\u00f3n, do compromiso, da autoaxuda, da autoresponsabilidade, da democracia, da equidade, da solidariedade &#8230;, os valores das cooperativas.<\/p>\n<p>Creo que no seu conxunto todas as persoas e instituci\u00f3ns citadas foron e fomos capaces de ir vencendo os medos a colaborar, a cambiar e mellorar mediante unha organizaci\u00f3n econ\u00f3mica e social como a cooperativa; medos a que s\u00f3 ga\u00f1en uns poucos coa cooperaci\u00f3n e non todos, medos a que algu\u00e9n poida perder cooperando.<\/p>\n<p>Pola contra, <strong>percibo <\/strong><strong>que cada vez hai m\u00e1is ilusi\u00f3n e confianza en iniciativas econ\u00f3micas e sociais de <\/strong><strong>tipo cooperativo <\/strong>pese a que vivimos nunha sociedade moi individualista. Cada vez hai m\u00e1is persoas dispostas a participar en proxectos conxuntos viables, compromet\u00e9ndose, en moitos casos, con xenerosidade.<\/p>\n<blockquote><p><em>A evoluci\u00f3n das cooperativas agrarias nestes anos \u00e9 resultado do esforzo de moitas persoas, das socias en primeiro lugar, das que as dirixiron e as dirixen pola confianza e labor realizados, <\/em><em>das t\u00e9cnicas e traballadoras, das organizaci\u00f3ns que prestamos apoio representativo, organizativo e estrat\u00e9xico e das propias administraci\u00f3ns comunitarias, estatais e auton\u00f3micas.<\/em><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>\u2014De que fitos ou logros te sentes especialmente <\/strong><strong>or<\/strong><strong>gulloso?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Prefiro falar de etapas. Lembro que <strong>na primeira etapa<\/strong>, tal vez na primeira ducia de anos, a grande evoluci\u00f3n foi que <strong>as propias persoas das cooperativas se descubriron a si mesmas, asesor\u00e1ronse en xesti\u00f3n e iniciaron a intercooperaci\u00f3n entre si. <\/strong>Neste per\u00edodo, dende AGACA axudamos moito a conectar persoas de cooperativas distintas, a que descubriran diferentes xeitos de xestionar problemas semellantes. <strong>AGACA era un punto de encontro, un foro; <\/strong>as s\u00faas actividades, unha escusa para que contactaran e se co\u00f1eceran entre si, un lugar onde os dirixentes pod\u00edan intercambiar tel\u00e9fonos, trabar amizade, abrir acalorados debates sobre a xesti\u00f3n e estratexia cooperativa etc.<\/p>\n<p><strong>A segunda etapa<\/strong>, outra ducia ou m\u00e1is de anos, foi a da busca da eficiencia produtiva e cooperativa, a apertura aos mercados, o impulso dos resultados, a importancia da boa xesti\u00f3n, a de reco\u00f1ecemento dos grandes grupos de poder econ\u00f3mico (multinacionais, gran distribuci\u00f3n&#8230;.), <strong>a etapa <\/strong><strong>da necesaria e obrigada intercooperaci\u00f3n<\/strong>, das posibilidades da colaboraci\u00f3n entre cooperativas coa finalidade de mellorar a posici\u00f3n dos agricultores e gandeiros.<\/p>\n<p><strong>Na \u00faltima etapa, na actual, \u00e9 onde cobran grande importancia os aspectos persoais e profesionais: <\/strong>comezando polas persoas socias, a remuda xeracional na profesi\u00f3n, os aspectos relacionados coa valoraci\u00f3n social da actividade agr\u00edcola e gandeira; recuperar \u00e1 mocidade e \u00e1s mulleres para a produci\u00f3n agraria e gandeira, para os \u00f3rganos directivos; tam\u00e9n, acadar persoas traballadoras para o agro, incluso procedentes da inmigraci\u00f3n. Captar talento e man de obra para o sector e saber xestionalos acada unha enorme impor- tancia nos retos da actualidade.<\/p>\n<p><strong>\u2014Como mudou o cooperativismo agroalimentario <\/strong><strong>galego dende <\/strong><strong>finais dos anos oitenta ata ho<\/strong><strong>x<\/strong><strong>e?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Radicalmente. Pasamos de dispo\u00f1er de varios centos de miles de persoas na actividade agr\u00edcola e gandeira, con cooperativas de \u00e1mbito local, moitas delas simples asociaci\u00f3ns de produtores, a \u2014pola mala imaxe das cooperativas procedentes do r\u00e9xime anterior \u00e1 democracia\u2014 moitos menos produtores e cooperativas con maior produci\u00f3n en volume, maior facturaci\u00f3n e calidade e seguridade produtiva.<\/p>\n<p>A finais dos oitenta esmorec\u00eda a forte ritmo a econom\u00eda de subsistencia do agro e a profesionalizaci\u00f3n que comezara forte a finais dos anos sesenta estaba acadando maior importancia no rural. <strong>Nos anos 80 e 90 a reconversi\u00f3n do agro e do rural foi brutal<\/strong>. <strong>Isto obriga a cambiar e profesionalizar <\/strong>as cooperativas, <strong>mediante a concentraci\u00f3n e o dimensionamento empresarial<\/strong>.<\/p>\n<p><strong>\u2014Que papel xogou AGACA nese proceso de transformaci\u00f3n e consolidaci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n<p><strong>Acompa\u00f1a<\/strong><strong>r<\/strong><strong>, <\/strong><strong>aseso<\/strong><strong>r<\/strong><strong>a<\/strong><strong>r<\/strong><strong>, orientar, aconsellar, mediar entre cooperativas, abrir perspectivas<\/strong>. Tratar de ensinar cara a onde debemos chegar e avanzar. Tentamos ser un foro para avanzar, para ser empresas m\u00e1is competitivas, para achegar m\u00e1is valor \u00e1s persoas socias.<\/p>\n<p>Por tanto, provemos <strong>acompa\u00f1amento <\/strong><strong>organizativo, asesoramento t\u00e9cnico tratando de ser un socio estrat\u00e9xico fiable <\/strong>das cooperativas, formando todo o posible \u00e1s persoas socias, aos cadros t\u00e9cnicos, aos equipos reitores e de xesti\u00f3n. Transmitimos informaci\u00f3n constante e sen l\u00edmites: da marcha dos mercados, das pol\u00edticas p\u00fablicas e das s\u00faas tendencias, acompa\u00f1amento e informaci\u00f3n na tramitaci\u00f3n e acceso a axudas p\u00fablicas&#8230; e mesmo divulgamos aqueles fitos acadados polas propias cooperativas socias que poden ser un exemplo para as demais.<\/p>\n<p>Tratamos de que estas empresas fixeran un esforzo en <strong>anticiparse aos cambios. <\/strong>Neste senso, por exemplo, intentamos impulsar a xesti\u00f3n t\u00e9cnico-econ\u00f3mica nas gandar\u00edas de leite en varias cooperativas do sector a principios dos 90. Do mesmo xeito, hai m\u00e1is de 25 anos iniciamos un proceso de asesoramento en calidade do leite. Posteriormente, asesoramos en aspectos relacionados co benestar animal, ou mesmo, nestes \u00faltimos anos, coa pegada de carbono.<\/p>\n<blockquote><p><em>Este \u00e9 o esp\u00edrito de AGACA, tratar de ser a canle da innovaci\u00f3n, da sostibilidade, da competitividade para que as explotaci\u00f3ns e as cooperativas desenvolvan experiencias que as inicien neste eido.<\/em><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>\u2014Que aprendizaxes cres que non se deber\u00edan esquecer nunca no movemento cooperativo?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014As persoas que forman parte das cooperativas, con diferentes niveis de responsabilidade, nunca debemos esquecer o que nos diferencia. G\u00fastame citar as principais achegas, como a seguridade profesional da persoa socia, o que a levar\u00e1 \u00e1 estabilidade, a certezas.<\/p>\n<p>A maior\u00eda das cooperativas achegan apoio t\u00e9cnico especializado, pero tam\u00e9n representaci\u00f3n dos seus problemas diante das autoridades e traballo en rede con outras entidades mediante a intercooperaci\u00f3n ou mesmo con AGACA.<\/p>\n<blockquote><p><em>Unha cooperativa achega \u00e1s persoas socias vinculaci\u00f3n co territorio, <\/em><em>coa veci\u00f1anza <\/em><em>e coa contorna. Loxicamente debe achegar valor engadido e orientaci\u00f3n cara ao mercado, informaci\u00f3n xeral, de <\/em><em>t<\/em><em>endencias, <\/em><em>de gustos&#8230;<\/em><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Que significa para <\/strong><strong>ti seguir vencellado a AGACA dende unha posici\u00f3n diferente, como adxunto \u00e1 <\/strong><strong>Presidencia <\/strong><strong>e ao Consello Reitor?<\/strong><\/p>\n<p>En primeiro lugar poder comprobar como evolucionan as cooperativas e a organizaci\u00f3n na que me integrei hai anos. <strong>O paso dos anos xerou amizades, interese polas cooperativas e organizaci\u00f3ns e co\u00f1ecementos dos que non podemos, nin debemos, desprendernos <\/strong>coma se fose unha chaqueta.<\/p>\n<p>En segundo lugar, cando se requira, sexa preciso e te\u00f1a valor, <strong>trasladar experiencias e co\u00f1ecementos acadados durante anos \u00e1s persoas que tomen decisi\u00f3ns<\/strong>, sempre dende a humildade e o respecto m\u00e1ximo a aquelas con responsabilidades en diferentes \u00e1mbitos das cooperativas.<\/p>\n<h3><span style=\"color: #218a3d;\">Carlos Ares Fern\u00e1ndez<\/span><\/h3>\n<figure id=\"attachment_26891\" aria-describedby=\"caption-attachment-26891\" style=\"width: 230px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-26891 size-full\" src=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/web_carlosAres_2026_300x230.png\" alt=\"\" width=\"230\" height=\"300\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-26891\" class=\"wp-caption-text\">Carlos Ares Fern\u00e1ndez (Baracaldo, 1970)<\/figcaption><\/figure>\n<p><strong>\u2014Asumes a xerencia tras case tres d\u00e9cadas vencellado a AGACA como t\u00e9cnico. <\/strong><strong>Que representa este paso, tanto profesional como persoalmente?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Para min sup\u00f3n un paso moi importante e tam\u00e9n moi emocional. Levo case 29 anos traballando en AGACA, co\u00f1ecendo a entidade dende dentro, compartindo o d\u00eda a d\u00eda coas cooperativas e vendo como foi medrando e evolucionando o cooperativismo agroalimentario galego. Profesionalmente \u00e9 un reco\u00f1ecemento \u00e1 traxectoria e ao traballo feito durante todos estes anos, pero sobre todo \u00e9 unha responsabilidade moi grande.<\/p>\n<p><em>P<\/em><em>ersoalment<\/em><em>e<\/em> <em>sinto esta nova etapa como un compromiso renovado coas cooperativas, co equipo t\u00e9cnico de AGACA e co propio sector. <\/em><em>Co\u00f1ezo a realidade das cooperativas e das persoas que est\u00e1n detr\u00e1s delas, e iso d\u00e1lle a este novo reto un <\/em><em>significado <\/em><em>moi especial.<\/em><\/p>\n<p><strong>\u2014Viviches a evoluci\u00f3n de <\/strong><strong>AGAC<\/strong><strong>A dende dentro den<\/strong><strong>de 1996. <\/strong><strong>Que cambios consideras m\u00e1is <\/strong><strong>det<\/strong><strong>er<\/strong><strong>minan<\/strong><strong>t<\/strong><strong>es neste per\u00edodo?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Nestes anos AGACA pasou de ser unha entidade m\u00e1is centrada na representaci\u00f3n e no asesoramento b\u00e1sico a converterse nunha organizaci\u00f3n de referencia en servizos especializados, proxectos de innovaci\u00f3n e acompa\u00f1amento estrat\u00e9xico \u00e1s cooperativas.<\/p>\n<p>Houbo unha profesionalizaci\u00f3n moi importante tanto da propia asociaci\u00f3n como das cooperativas, unha maior dimensi\u00f3n empresarial do sector e unha maior capacidade de interlocuci\u00f3n coas administraci\u00f3ns. Tam\u00e9n foi clave a aposta pola formaci\u00f3n, a modernizaci\u00f3n da xesti\u00f3n e a incorporaci\u00f3n de novos \u00e1mbitos como a innovaci\u00f3n ou a sostibilidade.<\/p>\n<p>Pero quizais o m\u00e1is relevante foi a evoluci\u00f3n da propia mentalidade: hoxe falamos de cooperativas m\u00e1is competitivas, m\u00e1is abertas \u00e1 colaboraci\u00f3n e m\u00e1is conscientes do seu papel no desenvolvemento do rural galego.<\/p>\n<p><strong>\u2014Cale<\/strong><strong>s son os principais retos aos que se enfronta actualmente o cooperativismo agroalimentario galego?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Os retos son importantes e complexos. En primeiro lugar, <strong>a remuda xeracional <\/strong>e a <strong>fixaci\u00f3n de poboaci\u00f3n no rural<\/strong>, que condicionan o futuro do sector. En segundo lugar, a necesidade de ga\u00f1ar dimensi\u00f3n e competitividade nun mercado cada vez m\u00e1is globalizado e esixente.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n est\u00e1n os desaf\u00edos da <strong>dixitalizaci\u00f3n<\/strong>, a adapta<strong>ci\u00f3n<\/strong> \u00e1s novas <strong>esixencias normativas e ambientais, <\/strong>e a necesidade de <strong>po\u00f1er en valor o modelo cooperativo <\/strong>como unha f\u00f3rmula empresarial moderna, eficiente e socialmente responsable.<\/p>\n<p>E, por suposto, <strong>a volatilidade dos mercados e dos custos de produci\u00f3n<\/strong>, que obriga \u00e1s cooperativas a ser cada vez m\u00e1is profesionais e eficientes.<\/p>\n<p><strong>\u2014Se tiveses que sinalar tres prioridades para esta nova etapa en AGACA, cales ser\u00edan?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Por suposto, <strong>seguir reforzando os servizos <\/strong>que AGACA presta \u00e1s cooperativas, adapt\u00e1ndoos \u00e1s novas necesidades e anticip\u00e1ndonos aos cambios que ve\u00f1en.<\/p>\n<p>Ademais, imos seguir impulsando a <strong>cooperaci\u00f3n entre cooperativas<\/strong>, fomentando procesos de integraci\u00f3n, colaboraci\u00f3n e creaci\u00f3n de sinerx\u00edas que lles permitan ga\u00f1ar dimensi\u00f3n e forza.<\/p>\n<p>E tam\u00e9n, po\u00f1er un foco especial <strong>na remuda xeracional, <\/strong>na formaci\u00f3n e na <strong>incorporaci\u00f3n de novas persoas ao sector cooperativo<\/strong>, garantindo o seu futuro.<\/p>\n<p>A\u00ednda que ser\u00eda unha cuarta, quero destacar tam\u00e9n a especial atenci\u00f3n que estamos dedicando \u00e1 reforma e desenvolmento da <strong>nova lei de cooperativas de Galicia<\/strong>, unha norma fundamental para o cooperativismo agroalimentario, que debe dar respostas \u00e1s necesidades econ\u00f3micas e sociais actuais e futuras, e permitir que as cooperativas poidan competir en igualdade de condici\u00f3ns coas sociedades de capital, onde a f\u00f3rmula cooperativa unifique a viabilidade econ\u00f3mica e o compromiso social.<\/p>\n<p><strong>\u2014Com<\/strong><strong>o defines o teu estilo de liderado e de <\/strong><strong>t<\/strong><strong>r<\/strong><strong>aballo?<\/strong><\/p>\n<p>O meu estilo bas\u00e9ase na proximidade, na escoita activa e no traballo en equipo. Son unha persoa que co\u00f1ece ben a casa, \u00e1s cooperativas e ao equipo humano, e creo moito na <strong>colaboraci\u00f3n e no di\u00e1logo<\/strong>.<\/p>\n<blockquote><p><em>G\u00fastame <\/em><em>un liderado participativo, no que se compartan obxectivos e responsabilidades, e no que as <\/em><em>decisi\u00f3ns <\/em><em>se tomen co\u00f1ecendo ben a realidade do terreo.<\/em><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>\u2014Que mensaxe che gustar\u00eda <\/strong><strong>tr<\/strong><strong>asladar<\/strong> <strong>\u00e1s <\/strong><strong>cooper<\/strong><strong>ati<\/strong><strong>v<\/strong><strong>as socias neste inicio de etapa?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Gustar\u00edame trasladarlles unha mensaxe de <strong>confianza <\/strong>e de <strong>continuidade<\/strong>, pero tam\u00e9n de <strong>ilusi\u00f3n e <\/strong>de <strong>futuro<\/strong>. AGACA vai seguir sendo unha ferramenta \u00fatil, pr\u00f3xima e comprometida coas cooperativas.<\/p>\n<p>Poden contar cunha asociaci\u00f3n que co\u00f1ece ben a s\u00faa realidade, que est\u00e1 ao seu lado e que vai traballar para axudalas a afrontar os retos que te\u00f1en por diante.<\/p>\n<p><strong>\u2014Como imaxinas AGACA dentro de dez anos?<\/strong><\/p>\n<p>\u2014Imaxino unha AGACA a\u00ednda m\u00e1is forte, m\u00e1is innovadora e m\u00e1is influ\u00ednte, cun papel clave no desenvolvemento do cooperativismo agroalimentario galego.<\/p>\n<p>Unha entidade <strong>que siga sendo referente en servizos<\/strong>, formaci\u00f3n e acompa\u00f1amento, e que contrib\u00faa a que as cooperativas sexan empresas cada vez m\u00e1is competitivas, sostibles e preparadas para o futuro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ler revista completa:<br \/>\n<a  href=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/?goto=TEoTW1kWBwFbHxkQTQU8CwsAFBJXFjxcPh88NiIEIhc_KlJRVVEZQipXLUQaU0cgGTwxDXIfGCcxFlo6WXl-ThIR\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-27276 size-medium\" title=\"Cooperaci\u00f3n Galega 176\" src=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/177-portada-wb-222x300.png\" alt=\"\" width=\"222\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/177-portada-wb-222x300.png 222w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/177-portada-wb.png 597w\" sizes=\"auto, (max-width: 222px) 100vw, 222px\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Falamos co director-xerente sa\u00ednte e co entrante para co\u00f1ecer as claves desta sucesi\u00f3n e as prioridades dunha organizaci\u00f3n chamada a seguir sendo referente para as cooperativas agrarias de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":27276,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[267],"tags":[],"class_list":["post-27302","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-gl"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v19.11 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Sucesi\u00f3n na direcci\u00f3n de AGACA: Carlos Ares sucede a Higinio Moug\u00e1n tras 38 anos - AGACA<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Sucesi\u00f3n na direcci\u00f3n de AGACA: Carlos Ares sucede a Higinio Moug\u00e1n tras 38 anos - AGACA\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Falamos co director-xerente sa\u00ednte e co entrante para co\u00f1ecer as claves desta sucesi\u00f3n e as prioridades dunha organizaci\u00f3n chamada a seguir sendo referente para as cooperativas agrarias de Galicia.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"AGACA\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2026-04-06T09:02:36+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2026-04-06T10:22:50+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/177-portada-wb.png\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"597\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"808\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/png\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Agaca\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Agaca\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"10 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/\",\"name\":\"Sucesi\u00f3n na direcci\u00f3n de AGACA: Carlos Ares sucede a Higinio Moug\u00e1n tras 38 anos - AGACA\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\"},\"datePublished\":\"2026-04-06T09:02:36+00:00\",\"dateModified\":\"2026-04-06T10:22:50+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Sucesi\u00f3n na direcci\u00f3n de AGACA: Carlos Ares sucede a Higinio Moug\u00e1n tras 38 anos\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/\",\"name\":\"AGACA\",\"description\":\"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\",\"name\":\"Agaca\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Agaca\"},\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Sucesi\u00f3n na direcci\u00f3n de AGACA: Carlos Ares sucede a Higinio Moug\u00e1n tras 38 anos - AGACA","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Sucesi\u00f3n na direcci\u00f3n de AGACA: Carlos Ares sucede a Higinio Moug\u00e1n tras 38 anos - AGACA","og_description":"Falamos co director-xerente sa\u00ednte e co entrante para co\u00f1ecer as claves desta sucesi\u00f3n e as prioridades dunha organizaci\u00f3n chamada a seguir sendo referente para as cooperativas agrarias de Galicia.","og_url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/","og_site_name":"AGACA","article_published_time":"2026-04-06T09:02:36+00:00","article_modified_time":"2026-04-06T10:22:50+00:00","og_image":[{"width":597,"height":808,"url":"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/177-portada-wb.png","type":"image\/png"}],"author":"Agaca","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"Agaca","Tempo de lectura":"10 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/","url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/","name":"Sucesi\u00f3n na direcci\u00f3n de AGACA: Carlos Ares sucede a Higinio Moug\u00e1n tras 38 anos - AGACA","isPartOf":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website"},"datePublished":"2026-04-06T09:02:36+00:00","dateModified":"2026-04-06T10:22:50+00:00","author":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/sucesion-na-direccion-de-agaca-carlos-ares-sucede-a-higinio-mougan-tras-38-anos\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Sucesi\u00f3n na direcci\u00f3n de AGACA: Carlos Ares sucede a Higinio Moug\u00e1n tras 38 anos"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website","url":"https:\/\/agaca.coop\/","name":"AGACA","description":"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f","name":"Agaca","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","caption":"Agaca"},"url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27302","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=27302"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27302\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27326,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/27302\/revisions\/27326"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/27276"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=27302"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=27302"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=27302"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}