{"id":25420,"date":"2025-11-25T08:38:12","date_gmt":"2025-11-25T08:38:12","guid":{"rendered":"https:\/\/agaca.coop\/?p=25420"},"modified":"2025-11-25T08:38:12","modified_gmt":"2025-11-25T08:38:12","slug":"como-nos-afecta-a-nova-pac","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/","title":{"rendered":"Como nos afecta a nova PAC"},"content":{"rendered":"<p>A agricultura europea e, en particular, o cooperativismo agr\u00edcola espa\u00f1ol e galego, enfronta unha etapa de gran incerteza. O 16 de xullo de 2025, a Comisi\u00f3n Europea presentou a s\u00faa proposta para o pr\u00f3ximo Marco Financiero Plurianual (MFP) 2028-2034, cun orzamento de case 2 bill\u00f3ns de euros \u2014o 1,26 % da renda nacional bruta da UE\u2014. A intenci\u00f3n da Comisi\u00f3n \u00e9 presentar un orzamento modernizado, simplificado e m\u00e1is flexible, aplicable a trav\u00e9s de planes de asociaci\u00f3n nacionais e rexionais (PANR) baseados no rendemento.<\/p>\n<p>Con todo, esta reformulaci\u00f3n trae consigo preocupaci\u00f3ns no sector: a integraci\u00f3n da PAC nun Fondo \u00danico dil\u00fae a s\u00faa identidade, reduce o control democr\u00e1tico e m\u00e1is dun 20 % o acceso aos fondos agr\u00edcolas.<\/p>\n<p><strong> Un marco que debe garantir equidade territorial<\/strong><\/p>\n<p>Nesta nova proposta, a agricultura e o sector agroalimentario ter\u00e1n asignados 293 700 mill\u00f3ns de euros, mentres que a rede de seguridade Unity, que ofrece apoio en situaci\u00f3ns de crise, sup\u00f3n 900 mill\u00f3ns de euros ao ano (un total de 6300 mill\u00f3ns para todo o per\u00edodo). A\u00ednda as\u00ed, estas cifras deben analizarse co contexto: os ingresos agr\u00edcolas europeos seguen estando, de media, arredor do 60 % da renda media europea, deixando aos produtores e produtoras e as cooperativas nunha posici\u00f3n especialmente vulnerable.<\/p>\n<p>O sector enfr\u00f3ntase a retos sen precedentes: aumento de custos enerx\u00e9ticos e de insumos, inflaci\u00f3n persisten te, cambios clim\u00e1ticos, conflito xeopol\u00edtico e presi\u00f3ns derivadas de tratados comerciais internacionais. Estes factores non s\u00f3 afectan \u00e1 produci\u00f3n, sen\u00f3n tam\u00e9n \u00e1 seguridade alimentaria, \u00e1 cohesi\u00f3n rural e \u00e1 competitividade das cooperativas.<\/p>\n<p>Ademais, a transici\u00f3n ecol\u00f3xica e dixital que Europa demanda require investimentos significativos e acompa\u00f1amento t\u00e9cnico constante, que deben estar garantidos por pol\u00edticas p\u00fablicas s\u00f3lidas e un marco financeiro estable.<\/p>\n<p><strong>O novo Marco Financeiro Plurianual: a simplificaci\u00f3n que pode complicar<\/strong><\/p>\n<p>A proposta da Comisi\u00f3n reorganiza a estrutura do MFP, integrando a PAC nun Fondo \u00danico, coa intenci\u00f3n de simplificar a xesti\u00f3n. Por\u00e9n, isto pode ter consecuencias negativas:<\/p>\n<p>\u2022 Perda de individualidade da PAC e posible vulneraci\u00f3n do artigo 38 do Tratado da Uni\u00f3n Europea, que define a base xur\u00eddica da pol\u00edtica agr\u00edcola com\u00fan.<br \/>\n\u2022 Competencia polos fondos entre a agricultura e outras pol\u00edticas, o que pode dificultar a mobilizaci\u00f3n de recursos a gran escala.<br \/>\n\u2022 Complexidade administrativa na preparaci\u00f3n e aprobaci\u00f3n dos plans nacionais, con risco de atrasos nos pagos aos agricultores.<br \/>\n\u2022 Menor control democr\u00e1tico por parte do Parlamento Europeo e dos ministros de Agricultura.<\/p>\n<p>A Copa-Cogeca destaca que este cambio xera incerteza e erosiona a confianza do sector, especialmente nun momento no que as decisi\u00f3ns sobre a transici\u00f3n cara a sistemas de produci\u00f3n m\u00e1is sostibles son fundamentais. COPA-COGECA \u00e9 a combinaci\u00f3n dos nomes de d\u00faas organizaci\u00f3ns da Uni\u00f3n Europea: a Confederaci\u00f3n de Organizaci\u00f3ns Profesionais Agrarias (COPA) e o Comit\u00e9 General de Cooperativismo Agrario (COGECA). Xuntas representan a voz de m\u00e1is de 23 mill\u00f3ns de profesionais da agricultura e 22 000 cooperativas agr\u00edcolas de toda a UE.<\/p>\n<p>As organizaci\u00f3ns cooperativas insisten en que calquera simplificaci\u00f3n debe ir acompa\u00f1ada dun reco\u00f1ecemento expl\u00edcito do papel das cooperativas como garantes da vertebraci\u00f3n territorial, da innovaci\u00f3n e do emprego no medio rural.<\/p>\n<p><strong>Asignaci\u00f3ns financeiras e risco de recorte<\/strong><\/p>\n<p>A pesar dun aumento do 1,26 % do Produto Nacional Bruto da UE no MFP, a PAC sufrir\u00eda un recorte do 20 % respecto ao per\u00edodo actual, reducindo a s\u00faa proporci\u00f3n no orzamento total da UE do 33,2 % ao 14,7 %. Esta diminuci\u00f3n compromete:<\/p>\n<p>\u2022 O apoio aos ingresos dos profesionais da agri cultura, fundamentais para manter niveis de vida equitativos e a produtividade.<br \/>\n\u2022 O desenvolvemento rural, antes protexido polo FEADER, que fomenta a sostibilidade, a innovaci\u00f3n e a remuda xeracional e que desaparece coa nova proposta.<br \/>\n\u2022 A capacidade de responder a cat\u00e1strofes clim\u00e1ticas, pragas ou crises de mercado.<\/p>\n<p>Ademais, moitas medidas deixar\u00edan de estar financiadas ao 100 % pola UE, pasando a un sistema de cofinanciamento dependente dos Estados membros, o que poder\u00eda xerar desigualdades entre pa\u00edses e rexi\u00f3ns e dificultar a planificaci\u00f3n a longo prazo das cooperativas.<\/p>\n<p>O cooperativismo agrario reivindica manter o FEADER como fondo diferenciado, con gobernanza propia e capacidade de dese\u00f1o territorial, para garantir pol\u00edticas adaptadas \u00e1s necesidades reais das cooperativas e das zonas rurais.<\/p>\n<p><strong> Apoio aos ingresos e pagos aos profesionais da agricultura<\/strong><\/p>\n<p>As propostas mante\u00f1en algunhas axudas por superficie e por animal, pero introducen degresividade e l\u00edmites m\u00e1ximos obrigatorios, que non te\u00f1en en conta as diferencias estruturais entre Estados membros nin a contribuci\u00f3n ao mercado \u00fanico e \u00e1 seguridade alimentaria. Esta situaci\u00f3n xera d\u00fabidas sobre se profesionais da agricultura europeos poder\u00e1n manter niveis de renda sufi cientes nun contexto de presi\u00f3n de custos e volatilidade de mercados.<\/p>\n<p>As cooperativas e organizaci\u00f3ns agrarias propo\u00f1en que o novo modelo de axudas dea prioridade \u00e1 remuda xe racional, fortaleza o papel da muller no rural e incentive a innovaci\u00f3n produtiva, garantindo a rendibilidade e o atractivo das explotaci\u00f3ns de maneira sostible.<\/p>\n<p><strong>Organizaci\u00f3n Com\u00fan de Mercados(OCM): m\u00e1is incerteza<\/strong><\/p>\n<p>As intervenci\u00f3ns sectoriais da OCM unifican os sistemas nun men\u00fa \u00fanico de medidas, pero sen abordar cues ti\u00f3ns clave para as cooperativas como a planificaci\u00f3n da oferta, a optimizaci\u00f3n de custos ou a concentraci\u00f3n comercial e a mellora da competitividade.<\/p>\n<p>Ademais, as axudas \u00e1s Organizaci\u00f3ns de Produtores (OP) depender\u00e1n do orzamento asignado polos Esta dos, perdendo o car\u00e1cter garantido que ti\u00f1an ata o de agora, aumentando a incerteza sobre a s\u00faa viabilida de e capacidade de investimento. Isto incrementa a preocupaci\u00f3n, especialmente para cooperativas con actividades industriais e de valor engadido, que precisan estabilidade para planificar investimentos a medio e longo prazo.<\/p>\n<p>O cooperativismo reclama que a OCM reco\u00f1eza o papel estrat\u00e9xico das cooperativas na cadea de valor, na innovaci\u00f3n e na bioeconom\u00eda circular, garantindo instrumentos que incentiven a integraci\u00f3n e a comercializaci\u00f3n conxunta.<\/p>\n<p><strong>Riscos identificados <\/strong><\/p>\n<p>O informe de Cooperativas Agro-alimentarias de Espa\u00f1a sinala os seguintes riscos:<\/p>\n<p>\u2022 Recorte orzamentario severo: -22 % na PAC da UE, -14 % para Espa\u00f1a<\/p>\n<p>\u2022 Fragmentaci\u00f3n do mercado \u00fanico e risco de renacionalizaci\u00f3n<\/p>\n<p>\u2022 Debilitamento das medidas hist\u00f3ricas de interese para as cooperativas<\/p>\n<p>\u2022 Menor peso institucional da agricultura<\/p>\n<p>\u2022 D\u00fabidas sobre o futuro das OP de froitas e hortalizas e das medidas de investimento en cooperativas<\/p>\n<p>\u2022 Carga administrativa elevada e risco de colapso nos sistemas de xesti\u00f3n dos Estados membros<\/p>\n<p>Asemade, identif\u00edcase a necesidade de reforzar a in novaci\u00f3n, a dixitalizaci\u00f3n e a sostibilidade ambiental como eixos centrais de competitividade para o cooperativismo, e de impulsar a cooperaci\u00f3n interterritorial para fortalecer a cohesi\u00f3n europea e o desenvolvemento rural sostible.<\/p>\n<p><strong>Implicaci\u00f3ns para Galicia<\/strong><\/p>\n<p>Mentres Espa\u00f1a \u00e9, no conxunto, un pa\u00eds de forte base agraria, Galicia \u00e9 eminentemente gandeira, cun peso decisivo no sector l\u00e1cteo e na produci\u00f3n de carne. Isto fai que as prioridades galegas \u2014ligadas \u00e1 estabilidade de prezos, \u00e1 sostibilidade das explotaci\u00f3ns e ao apoio \u00e1s cooperativas\u2014 non sempre coincidan coas posici\u00f3ns dominantes a nivel estatal.<\/p>\n<p>As\u00ed, tendo en conta que en Galicia o tecido cooperativo \u00e9 especialmente forte, detectamos riscos adicionais:<br \/>\n\u2022 As cooperativas galegas poder\u00edan ver diminu\u00edda a s\u00faa capacidade de planificaci\u00f3n e investimento,afectando especialmente aos sectores de leite, horta e froita.<br \/>\n\u2022 A reduci\u00f3n das axudas directas e a fragmentaci\u00f3n do financiamento fai m\u00e1is dif\u00edcil manter a competitividade fronte a produtos importados de pa\u00edses con normas m\u00e1is laxas e custos m\u00e1is baixos.<br \/>\n\u2022 O desenvolvemento rural, fundamental para Galicia polo seu tecido social e econ\u00f3mico, ver\u00edase comprometido se o FEADER perde independencia dentro do Fondo \u00danico.<\/p>\n<p>Estas preocupaci\u00f3ns foron tam\u00e9n compartidas recentemente nun encontro entre a Conseller\u00eda do Medio Rural \u2014coa presenza da conselleira e do director xeral da PAC\u2014 e as principais organizaci\u00f3ns agrarias galegas (AGACA, Uni\u00f3ns Agrarias, SLG e ASAGA). Na reuni\u00f3n, constatouse a decepci\u00f3n pola desaparici\u00f3n pr\u00e1ctica do segundo piar da PAC, que pasa a cen tralizarse a nivel estatal, o que poder\u00eda supo\u00f1er para Galicia a perda duns 80 mill\u00f3ns de euros anuais en fondos FEADER destinados a mobilidade de terras, infraestruturas rurais e outras actuaci\u00f3ns clave para omedio rural.<\/p>\n<p>Dende a Conseller\u00eda instouse a artellar unha resposta conxunta entre administraci\u00f3n e sector para facer fron te com\u00fan e defender unha posici\u00f3n compartida en Bruxelas e Madrid. Pola s\u00faa banda, AGACA manifestou o seu total acordo con esta estratexia, advertindo de que se aveci\u00f1an dous anos longos e complexos de negociaci\u00f3ns nos que ser\u00e1 necesario reverter unha proposta que reduce o peso da gander\u00eda e da agricultura no conxunto da PAC. Ademais, salientou que o novo dese\u00f1o favorece a fragmentaci\u00f3n das axudas e contrad\u00ed estudos previos da propia Comisi\u00f3n Europea, mentres que a Conseller\u00eda alertou dun recorte orzamentario superior ao 20 % e do incremento do cofinanciamento auton\u00f3mico do 28 % ao 33 %.<\/p>\n<p>A reuni\u00f3n mantida rematou co acordo de crear unha Comisi\u00f3n de Traballo conxunta con todas as organizaci\u00f3ns presentes na que a Conseller\u00eda se compromete<br \/>\nco fin de avanzar en propostas e estratexias para loitar por m\u00e1s fondos e polo segundo piar. Neste contexto, como membro do Consello Reitor e dos grupos de traballo de Cooperativas Agro-alimen tarias de Espa\u00f1a, AGACA participa activamente na definici\u00f3n das posici\u00f3ns com\u00fans do cooperativis mo espa\u00f1ol e na s\u00faa translaci\u00f3n a Bruxelas. Dende esa plataforma, traballa para que as particularidades galegas sexan reco\u00f1ecidas nas pol\u00edticas europeas xa que as cooperativas dependen dun marco estable e previsible, capaz de garantir ingresos aos produtores e produtoras, impulsar innovaci\u00f3n e fortalecer a posici\u00f3n do sector no mercado \u00fanico. Ademais, AGACA promove que o novo dese\u00f1o da PAC post-2027 integre mecanismos que favorezan a innova ci\u00f3n, a dixitalizaci\u00f3n, a igualdade e a participaci\u00f3n activa da xuventude no rural galego.<\/p>\n<p><strong>CONCLUSI\u00d3NS<\/strong><\/p>\n<p>As propostas da Comisi\u00f3n Europea para o MFP e a PAC 2028-2034 presentan riscos significativos para a agricultura europea, espa\u00f1ola e galega. A reduci\u00f3n do orzamento, a perda de previsi\u00f3n nos pagos, a fragmentaci\u00f3n do mercado \u00fanico e a diminuci\u00f3n do peso institucional do sector comprometen a competitividade, a sostibili dade e a cohesi\u00f3n rural.<\/p>\n<p>Ao mesmo tempo, esta etapa ofrece a oportunidade de reforzar o papel das cooperativas como motores de innovaci\u00f3n, dixitalizaci\u00f3n e bioeconom\u00eda circular, as\u00ed como de promover a remuda xeracional, mellorar a formaci\u00f3n t\u00e9cnica e empresarial da mocidade rural e fortalecer o papel das mulleres nas estruturas cooperativas, facendo da PAC un instrumento efectivo de cohesi\u00f3n social e territorial.<\/p>\n<p>Neste novo escenario, Galicia reclama voz propia. A creaci\u00f3n da Comisi\u00f3n de Traballo conxunta acordada entre a Conseller\u00eda e as organizaci\u00f3ns agrarias sup\u00f3n un primeiro paso para defender de maneira unitaria os intereses dun sector que non pode quedar marxinado pola centralizaci\u00f3n de fondos nin polos recortes orzamentarios.<\/p>\n<p>O cooperativismo galego e espa\u00f1ol necesita un marco estable, coherente e suficientemente financiado para poder seguir contribu\u00edndo \u00e1 seguridade alimentaria, \u00e1 innovaci\u00f3n e \u00e1 vitalidade das zonas rurais. As palabras de apoio \u00e1 agricultura deben traducirse en acci\u00f3ns concretas, cun compromiso real cos intereses das cooperativas e dos agricultores e agricultoras, especialmente nas rexi\u00f3ns como Galicia, onde o sector \u00e9 motor econ\u00f3mico e social.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A agricultura europea e, en particular, o cooperativismo agr\u00edcola espa\u00f1ol e galego, enfronta unha etapa de gran incerteza. O 16 de xullo de 2025, a Comisi\u00f3n Europea presentou a s\u00faa proposta para o pr\u00f3ximo Marco Financiero Plurianual (MFP) 2028-2034, cun orzamento de case 2 bill\u00f3ns de euros \u2014o 1,26 % da renda nacional bruta da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":25437,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[267],"tags":[1057],"class_list":["post-25420","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-gl","tag-pac-gl"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v19.11 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Como nos afecta a nova PAC - AGACA<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Como nos afecta a nova PAC - AGACA\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"A agricultura europea e, en particular, o cooperativismo agr\u00edcola espa\u00f1ol e galego, enfronta unha etapa de gran incerteza. O 16 de xullo de 2025, a Comisi\u00f3n Europea presentou a s\u00faa proposta para o pr\u00f3ximo Marco Financiero Plurianual (MFP) 2028-2034, cun orzamento de case 2 bill\u00f3ns de euros \u2014o 1,26 % da renda nacional bruta da [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"AGACA\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-11-25T08:38:12+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/01-campo-maiz-1024x768.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1024\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"768\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Agaca\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Agaca\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"9 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/\",\"name\":\"Como nos afecta a nova PAC - AGACA\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\"},\"datePublished\":\"2025-11-25T08:38:12+00:00\",\"dateModified\":\"2025-11-25T08:38:12+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Como nos afecta a nova PAC\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/\",\"name\":\"AGACA\",\"description\":\"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\",\"name\":\"Agaca\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Agaca\"},\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Como nos afecta a nova PAC - AGACA","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Como nos afecta a nova PAC - AGACA","og_description":"A agricultura europea e, en particular, o cooperativismo agr\u00edcola espa\u00f1ol e galego, enfronta unha etapa de gran incerteza. O 16 de xullo de 2025, a Comisi\u00f3n Europea presentou a s\u00faa proposta para o pr\u00f3ximo Marco Financiero Plurianual (MFP) 2028-2034, cun orzamento de case 2 bill\u00f3ns de euros \u2014o 1,26 % da renda nacional bruta da [&hellip;]","og_url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/","og_site_name":"AGACA","article_published_time":"2025-11-25T08:38:12+00:00","og_image":[{"width":1024,"height":768,"url":"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/01-campo-maiz-1024x768.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Agaca","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"Agaca","Tempo de lectura":"9 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/","url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/","name":"Como nos afecta a nova PAC - AGACA","isPartOf":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website"},"datePublished":"2025-11-25T08:38:12+00:00","dateModified":"2025-11-25T08:38:12+00:00","author":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/como-nos-afecta-a-nova-pac\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Como nos afecta a nova PAC"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website","url":"https:\/\/agaca.coop\/","name":"AGACA","description":"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f","name":"Agaca","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","caption":"Agaca"},"url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25420","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25420"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25420\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25421,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25420\/revisions\/25421"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25437"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25420"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25420"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25420"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}