{"id":24736,"date":"2025-09-09T11:55:28","date_gmt":"2025-09-09T11:55:28","guid":{"rendered":"https:\/\/agaca.coop\/?p=24736"},"modified":"2025-09-09T11:55:28","modified_gmt":"2025-09-09T11:55:28","slug":"entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/","title":{"rendered":"Entrevista AEIGA: \u201cDemostramos que \u00e9 posible combinar viabilidade econ\u00f3mica con compromiso social\u201d"},"content":{"rendered":"<p>As Empresas de Inserci\u00f3n son unha f\u00f3rmula singular da econom\u00eda social que combina actividade empresarial con inserci\u00f3n sociolaboral de persoas en situaci\u00f3n de risco de exclusi\u00f3n. En Galicia, este\u00a0 modelo v\u00e9n consolid\u00e1ndose grazas ao labor de AEIGA, a asociaci\u00f3n que as representa dende 2007. Falamos coa presidenta da entidade, Mar\u00eda Isabel Fraga Castro, para co\u00f1ecer en profundidade como funcionan estas empresas, que impacto te\u00f1en e cales son os seus principais retos.<\/p>\n<p><strong>Cooperaci\u00f3n Galega (C.G.):<\/strong> Cantas empresas representan e en que actividades est\u00e1n presentes?<\/p>\n<p><strong>Isabel Fraga (I.F.):<\/strong> Na actualidade, AEIGA representa a 12 Empresas de Inserci\u00f3n en Galicia. Operan en sectores econ\u00f3micos moi diversos, como a xesti\u00f3n de residuos t\u00e9xtiles, voluminosos e aceite vexetal, a limpeza, a restauraci\u00f3n, a agricultura ecol\u00f3xica, obras menores, servizos, desbroces e mantemento de zonas verdes, entre outros \u00e1mbitos con potencial para xerar emprego inclusivo. Este ano incorpor\u00e1ronse tres novas empresas, o que reflicte a consolidaci\u00f3n e o crecemento do sectorna nosa comunidade.<\/p>\n<p><strong>C.G.:<\/strong> Cal \u00e9 o apoio m\u00e1is habitual que presta \u00e1s empresas asociadas?<\/p>\n<p><strong>I.F.:<\/strong> O apoio m\u00e1is habitual c\u00e9ntrase no asesoramento t\u00e9cnico e normativo, na interlocuci\u00f3n coas administraci\u00f3ns p\u00fablicas, no acompa\u00f1amento en procesos de creaci\u00f3n e cualificaci\u00f3n como Empresas de Inserci\u00f3n, as\u00ed como na promoci\u00f3n da visibilidade e da cooperaci\u00f3n entre as entidades asociadas. Actualmente estamos a traballar en varias li\u00f1as: o fomento da reserva de contratos reservados por parte da Administraci\u00f3n P\u00fablica para empresas de inserci\u00f3n e centros especiais de emprego de iniciativa social e no impulso da creaci\u00f3n de novas empresas de inserci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>C.G.:<\/strong> Para quen non o co\u00f1eza, como definir\u00eda dunha forma sinxela que \u00e9 unha Empresa de Inserci\u00f3n?<\/p>\n<p><strong>I.F.:<\/strong> Unha empresa de inserci\u00f3n \u00e9 unha entidade de econom\u00eda social que combina a actividade empresarial coa funci\u00f3n social de inserir laboralmente a persoas en situaci\u00f3n ou risco de exclusi\u00f3n social. Ofrecen unha oportunidade real e digna de integraci\u00f3n a trav\u00e9s do traballo. A trav\u00e9s do seu modelo, demostran que \u00e9 posible combinar viabilidade econ\u00f3mica con compromiso social, convert\u00e9ndose nunha ferramenta eficaz para facer fronte \u00e1s desigualdades estruturais e contribu\u00edr a unha sociedade m\u00e1is xusta, inclusiva e cohesionada. Son un instrumento de transici\u00f3n cara ao emprego ordinario para persoas que precisan dun acompa\u00f1amento especializado. Estes itinerarios combinan o traballo remunerado cun proceso de acompa\u00f1amento e formaci\u00f3n que ten car\u00e1cter transitorio, o tempo m\u00e1ximo de permanencia dunha persoa en inserci\u00f3n na empresa \u00e9 de tres anos, e o obxectivo final \u00e9 a s\u00faa incorporaci\u00f3n ao mercado laboral ordinario.<\/p>\n<p>Por outra banda, nas Empresas de Inserci\u00f3n \u00e9 obrigatoria a presenza de persoal t\u00e9cnico de acompa\u00f1amento \u00e1 produci\u00f3n e \u00e1 inserci\u00f3n. Estas persoas profesionais desempe\u00f1an unha funci\u00f3n clave: acompa\u00f1an \u00e1 persoa traballadora durante toda a s\u00faa estancia na empresa, traballando aspectos sociais, persoais e profesionais. Isto \u00e9 o que permite \u00e1 persoa mellorar a s\u00faa empregabilidade real. Pero a\u00ednda m\u00e1is importante \u00e9 que este persoal t\u00e9cnico tam\u00e9n realiza tarefas de prospecci\u00f3n laboral no mercado ordinario, co obxectivo de facilitar a integraci\u00f3n efectiva das persoas unha vez rematada a s\u00faa etapa na Empresa de Inserci\u00f3n. Ademais, fan seguimentos posteriores para garantir a continuidade do proceso de inclusi\u00f3n e evitar reca\u00eddas.<\/p>\n<p><strong>C.G.:<\/strong> Cales son os requisitos b\u00e1sicos que debe cumprir unha empresa para obter esa cualificaci\u00f3n de Empresa de Inserci\u00f3n?<\/p>\n<p><strong>I.F.:<\/strong> En primeiro lugar, a empresa debe ser promovida por unha ou varias entidades sen \u00e1nimo de lucro, inclu\u00eddas as de dereito p\u00fablico, cuxo obxecto social contemple a inserci\u00f3n social de persoas en situaci\u00f3n de vulnerabilidade, e ter unha actividade econ\u00f3mica real e diferenciada. \u00c9 imprescindible que reinvista polo menos o 80 % dos beneficios na mellora da propia empresa ou nas acci\u00f3ns de inserci\u00f3n, sen repartir dividendos. Ademais, a porcentaxe de persoas traballadoras en inserci\u00f3n non pode ser inferior ao 30 % do cadro de persoal, e debe alcanzar o 50 % no prazo de tres anos dende a cualificaci\u00f3n. Estas persoas deben ser contratadas con todas as garant\u00edas laborais e desenvolver un itinerario individualizado de inserci\u00f3n, acompa\u00f1ado por profesionais que lles presten apoio social, formativo e laboral. Tam\u00e9n debe inscribirse no Rexistro de Empresas de Inserci\u00f3n da Xunta de Galicia e acreditar que disp\u00f3n dos recursos t\u00e9cnicos e humanos necesarios para garantir o cumprimento destes obxectivos.<\/p>\n<p><strong>C.G.:<\/strong> Falamos tam\u00e9n das persoas. A quen van dirixidos eses contratos de inserci\u00f3n e como se acompa\u00f1a a s\u00faa incorporaci\u00f3n ao mercado laboral?<\/p>\n<p><strong>I.F.:<\/strong> Van dirixidos a persoas en situaci\u00f3n ou risco de exclusi\u00f3n social que, a pesar de poder e querer traballar, atopan serias dificultades para acceder ao mercado laboral ordinario polos condicionantes da s\u00faa realidade persoal, social ou formativa. Falamos de persoas derivadas polos servizos sociais ou por outras entidades acreditadas, que pertencen a colectivos especialmente vulnerables: persoas desempregadas de longa duraci\u00f3n, sen fogar, mulleres v\u00edtimas de violencia de x\u00e9nero, persoas migrantes sen rede de apoio, mozos e mozas sen cualificaci\u00f3n, persoas con antecedentes penais, entre outros perf\u00eds recollidos na normativa.<\/p>\n<p><strong>C.G.:<\/strong> Que datos ou exemplos nos poder\u00edan axudar a entender o impacto real que estas empresas te\u00f1en en Galicia?<\/p>\n<p><strong>I.F.:<\/strong> O impacto vese reflectido tanto nos datos cuantitativos \u2014 n\u00famero de persoas que cada ano acceden a un emprego\u2014 como cualitativos, pois representan uncambio real na vida das persoas. Moitas delas acadan autonom\u00eda econ\u00f3mica, autoestima e novas oportunidades vitais. Ademais, estas empresas contrib\u00faen ao desenvolvemento local sostible e \u00e1 cohesi\u00f3n social dos seus territorios. Cada persoa contratada sup\u00f3n un aforro \u00e1 Administraci\u00f3n en canto a eliminaci\u00f3n de posibles axudas que poida estar cobrando esa persoa, cotizaci\u00f3ns \u00e1 Seguridade Social, aumento do consumo etc. Polo tanto, sup\u00f3n tam\u00e9n unha menor dependencia dos servizos sociais e maior recadaci\u00f3n fiscal.<\/p>\n<p>Segundo os datos do Balance Social de AEIGA no 2024, estamos falando dun retorno econ\u00f3mico v\u00eda impostos a administraci\u00f3ns p\u00fablicas de 460 443,51\u20ac e un aforro para a administraci\u00f3n p\u00fablica pola contrataci\u00f3n de persoas con rendas de inserci\u00f3n, de 68 624,80\u20ac.<\/p>\n<p><strong>C.G.:<\/strong> Que dificultades ou retos atopan tanto no apartado econ\u00f3mico como no normativo?<\/p>\n<p><strong>I.F.:<\/strong> Entre os principais retos destacan a inestabilidade e insuficiencia dalgunhas li\u00f1as de financiamento p\u00fablico, a complexidade administrativa para o reco\u00f1ecemento e funcionamento das Empresas de Inserci\u00f3n, e a necesidade de maior reco\u00f1ecemento institucional e social do seu labor. Tam\u00e9n se enfrontan a dificultades para acceder a contrataci\u00f3ns p\u00fablicas reservadas; a pesar do marco normativo existente, hai unha escasa implantaci\u00f3n real nas administraci\u00f3ns locais e auton\u00f3micas. Atopamos complicado o acceso tam\u00e9n a contratos privados, en moitos casos por desco\u00f1ecemento do seu valor social ou por prexu\u00edzos sobre a calidade do servizo.<\/p>\n<p><strong>C.G.:<\/strong> Por \u00faltimo, que mensaxe lle lanzar\u00edan \u00e1s cooperativas e entidades de AGACA que queiran achegarse ou colaborar coas Empresas de Inserci\u00f3n?<\/p>\n<p><strong>I.F.:<\/strong> Anim\u00e1molas a co\u00f1ecer m\u00e1is de preto a realidade das Empresas de Inserci\u00f3n e a establecer sinerx\u00edas. A colaboraci\u00f3n entre entidades de econom\u00eda social \u00e9 clave para fortalecer o sector e avanzar cara a unha sociedade m\u00e1is inclusiva. Hai moitas oportunidades de traballo conxunto, dende a contrataci\u00f3n de servizos ata a creaci\u00f3n de proxectos compartidos con impacto social. Ademais, podemos dotar de talento \u00e1s cooperativas nun momento no que moitas delas est\u00e1n a ter dificultades para incorporar man de obra nas s\u00faas explotaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>As Empresas de Inserci\u00f3n poden ser unha ponte eficaz entre persoas con potencial e ganas de traballar, e cooperativas que precisan reforzar os seus equipos. Un beneficio mutuo, con impacto social real.<\/p>\n<p>CONTACTO DE AEIGA:<br \/>\n881 957 452 \/ 698 120 455\u00a0 \u00a0 aeigagalicia@aeiga.org<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-21973 alignleft\" src=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Es_factory-logo-provisinonal-vtcal.png\" alt=\"\" width=\"259\" height=\"129\" \/><\/p>\n<p><strong>Esta entre<\/strong><strong>vista enm\u00e1rcase dentro do proxecto europeo Es-Factory, unha red de Aceleradoras de econom\u00eda social para impulsar e consolidar empresas en novas acti <\/strong><strong>vidades emerxentes de Galicia e Norte de Portugal. Este proxecto est\u00e1 cofinanciado pola Uni\u00f3n Europea a trav\u00e9s do Programa Interreg VI-A Espa\u00f1a-Portugal (POCTEP) 2021-2027.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Traballan en ES-Factory oito entidades de Galicia e da rexi\u00f3n Norte de Portugal: a Secretar\u00eda Xeral de Emprego e Relaci\u00f3ns Laborais da Xunta de Galicia (que lidera o proxecto); a Universidade de Santiago de Compostela (USC); a Agrupaci\u00f3n Empresarialde Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL); a Uni\u00f3n de Cooperativas ESPAZOCOOP, AGACA; a Universidade de Tr\u00e1s-os-Montes e Alto Douro (UTAD); a Associa\u00e7\u00e3o Centro Incuba\u00e7\u00e3o Base Tecnol\u00f3xica do Minho (In.Cubo) e a Associa\u00e7\u00e3o Universidade-<\/strong><strong>Empresa para ou Desenvolvimento (TecMinho).<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As Empresas de Inserci\u00f3n son unha f\u00f3rmula singular da econom\u00eda social que combina actividade empresarial con inserci\u00f3n sociolaboral de persoas en situaci\u00f3n de risco de exclusi\u00f3n. En Galicia, este\u00a0 modelo v\u00e9n consolid\u00e1ndose grazas ao labor de AEIGA, a asociaci\u00f3n que as representa dende 2007. Falamos coa presidenta da entidade, Mar\u00eda Isabel Fraga Castro, para co\u00f1ecer [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":24737,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[267],"tags":[],"class_list":["post-24736","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-gl"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v19.11 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Entrevista AEIGA: \u201cDemostramos que \u00e9 posible combinar viabilidade econ\u00f3mica con compromiso social\u201d - AGACA<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Entrevista AEIGA: \u201cDemostramos que \u00e9 posible combinar viabilidade econ\u00f3mica con compromiso social\u201d - AGACA\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"As Empresas de Inserci\u00f3n son unha f\u00f3rmula singular da econom\u00eda social que combina actividade empresarial con inserci\u00f3n sociolaboral de persoas en situaci\u00f3n de risco de exclusi\u00f3n. En Galicia, este\u00a0 modelo v\u00e9n consolid\u00e1ndose grazas ao labor de AEIGA, a asociaci\u00f3n que as representa dende 2007. Falamos coa presidenta da entidade, Mar\u00eda Isabel Fraga Castro, para co\u00f1ecer [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"AGACA\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-09-09T11:55:28+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Arroupa.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1200\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"675\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Agaca\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Agaca\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"7 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/\",\"name\":\"Entrevista AEIGA: \u201cDemostramos que \u00e9 posible combinar viabilidade econ\u00f3mica con compromiso social\u201d - AGACA\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\"},\"datePublished\":\"2025-09-09T11:55:28+00:00\",\"dateModified\":\"2025-09-09T11:55:28+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Entrevista AEIGA: \u201cDemostramos que \u00e9 posible combinar viabilidade econ\u00f3mica con compromiso social\u201d\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/\",\"name\":\"AGACA\",\"description\":\"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\",\"name\":\"Agaca\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Agaca\"},\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Entrevista AEIGA: \u201cDemostramos que \u00e9 posible combinar viabilidade econ\u00f3mica con compromiso social\u201d - AGACA","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Entrevista AEIGA: \u201cDemostramos que \u00e9 posible combinar viabilidade econ\u00f3mica con compromiso social\u201d - AGACA","og_description":"As Empresas de Inserci\u00f3n son unha f\u00f3rmula singular da econom\u00eda social que combina actividade empresarial con inserci\u00f3n sociolaboral de persoas en situaci\u00f3n de risco de exclusi\u00f3n. En Galicia, este\u00a0 modelo v\u00e9n consolid\u00e1ndose grazas ao labor de AEIGA, a asociaci\u00f3n que as representa dende 2007. Falamos coa presidenta da entidade, Mar\u00eda Isabel Fraga Castro, para co\u00f1ecer [&hellip;]","og_url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/","og_site_name":"AGACA","article_published_time":"2025-09-09T11:55:28+00:00","og_image":[{"width":1200,"height":675,"url":"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Arroupa.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Agaca","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"Agaca","Tempo de lectura":"7 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/","url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/","name":"Entrevista AEIGA: \u201cDemostramos que \u00e9 posible combinar viabilidade econ\u00f3mica con compromiso social\u201d - AGACA","isPartOf":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website"},"datePublished":"2025-09-09T11:55:28+00:00","dateModified":"2025-09-09T11:55:28+00:00","author":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/entrevista-aeiga-demostramos-que-e-posible-combinar-viabilidade-economica-con-compromiso-social\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Entrevista AEIGA: \u201cDemostramos que \u00e9 posible combinar viabilidade econ\u00f3mica con compromiso social\u201d"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website","url":"https:\/\/agaca.coop\/","name":"AGACA","description":"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f","name":"Agaca","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","caption":"Agaca"},"url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24736","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24736"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24736\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24739,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24736\/revisions\/24739"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24737"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24736"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24736"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24736"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}