{"id":24734,"date":"2025-09-09T11:42:55","date_gmt":"2025-09-09T11:42:55","guid":{"rendered":"https:\/\/agaca.coop\/?p=24734"},"modified":"2025-09-09T11:42:55","modified_gmt":"2025-09-09T11:42:55","slug":"premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/","title":{"rendered":"Premios con nome propio \u00e1s cooperativas galegas"},"content":{"rendered":"<p>Bico de Xeado, Condes de Albarei e Lemos reciben reco\u00f1ecementos estatais e galegos pola s\u00faa aposta pola innovaci\u00f3n, o seu avance cara a Igualdade e por constru\u00edr un modelo cooperativo sostible e con ra\u00edces. Tres cooperativas galegas ve\u00f1en de ser distinguidas en 2025 polos seus m\u00e9ritos no \u00e1mbito da innovaci\u00f3n, da igualdade e da traxectoria cooperativa. Os premios outorgados por Cooperativas Agro-alimentarias de Espa\u00f1a e polo Consello Galego de Cooperativas reco\u00f1ecen o compromiso, o liderado e a capacidade de transformaci\u00f3n de entidades que nacen do territorio e que traballan con e para as persoas.<\/p>\n<p>A Cooperativa Agraria Provincial da Coru\u00f1a (CAP), art\u00edfice da marca de xeados artesanais Bico de Xeado, foi distinguida pola s\u00faa capacidade innovadora; a adega Condes de Albarei recibiu o premio polo seu compromiso coa igualdade; e a Cooperativa Lemos pola s\u00faa traxectoria exemplar. Representan tres formas diferentes, pero complementarias, de avanzar cara a un modelo cooperativo que responde aos retos do presente e do futuro sen perder de vista a s\u00faa identidade.<\/p>\n<h3>Bico de Xeado, iniciativa innovadora<\/h3>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-24731 alignleft\" src=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/CAP-Innovacion-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/CAP-Innovacion-300x200.jpg 300w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/CAP-Innovacion-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/CAP-Innovacion-768x512.jpg 768w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/CAP-Innovacion-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/CAP-Innovacion-2048x1365.jpg 2048w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/CAP-Innovacion-750x500.jpg 750w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/CAP-Innovacion-1140x760.jpg 1140w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>CAP, cooperativa de segundo grao fundada en 1980 e formada por 30 entidades socias, soubo dar un xiro estrat\u00e9xico ao sector l\u00e1cteo galego. O salto decisivo lev\u00e1rono a cabo en 2011 coa creaci\u00f3n de Bico de Xeado, unha marca de xeados artesanais elaborados con leite de vaca da raza Jersey, co\u00f1ecida polo seu alto contido prote\u00edna e a s\u00faa cremosidade.<\/p>\n<p>A s\u00faa marca de xeados artesanais, elaborados con leite procedente de granxas propias e pasteurizado no mesmo d\u00eda, \u00e9 xa un referente na comercializaci\u00f3n de produtos l\u00e1cteos con identidade. O lanzamento de Bico de Xeado supuxo un punto de inflexi\u00f3n: a cooperativa incrementou vendas, abriu 30 tendas propias en Galicia e noutras zonas de Espa\u00f1a, ademais de 25 franquicias, e consolidouse como un modelo de integraci\u00f3n vertical que combina produci\u00f3n, transformaci\u00f3n e venda directa \u00e1 persoa consumidora.<\/p>\n<p>Pero a innovaci\u00f3n da CAP non se limita ao produto final. A cooperativa aposta por unha gander\u00eda sostible e eficiente, cunha decidida orientaci\u00f3n cara \u00e1 calidade e ao benestar animal. A introduci\u00f3n da raza Jersey e a an\u00e1lise xen\u00e9tica para seleccionar exemplares con presenza do xene A2A2, m\u00e1is dixestivo, son exemplos da s\u00faa visi\u00f3n estrat\u00e9xica.<\/p>\n<p>A participaci\u00f3n en proxectos como SmartZ4Milk e LaZteo, centrados na dixitalizaci\u00f3n e sustentabilidade do sector l\u00e1cteo, reforza esta aposta por un modelo agroalimentario conectado, trazable e respectuoso co medio. Ademais, a CAP desenvolve unha intensa actividade de asesoramento t\u00e9cnico e de transferencia tecnol\u00f3xica, po\u00f1endo ao servizo das s\u00faas cooperativas socias ferramentas para mellorar a rendibilidade e competitividade das explotaci\u00f3ns. Por iso foi galardoada co Premio \u00e1 Innovaci\u00f3n 2025 de Cooperativas Agro-alimentarias de Espa\u00f1a. Este reco\u00f1ecemento salienta unha traxectoria de m\u00e1is de catro d\u00e9cadas, marcada pola aposta por dar valor \u00e1 produci\u00f3n l\u00e1ctea galega a trav\u00e9s da transformaci\u00f3n, a tecnolox\u00eda e o co\u00f1ecemento.<\/p>\n<p>S\u00famase, ademais, a outros premios recibidos nos \u00faltimos anos, como o Galicia Alimentaci\u00f3n ou o PEL \u00e1 mellor iniciativa transformadora do rural. En conxunto, consolidan a Bico de Xeado como unha marca que nace do campo galego e que representa unha nova forma de facer cooperativismo con futuro.<\/p>\n<h3>Condes de Albarei e a igualdade<\/h3>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-24729 alignright\" src=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Premiados-Condes-de-Alberei-Igualdad-1-300x196.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"196\" srcset=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Premiados-Condes-de-Alberei-Igualdad-1-300x196.jpg 300w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Premiados-Condes-de-Alberei-Igualdad-1-1024x668.jpg 1024w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Premiados-Condes-de-Alberei-Igualdad-1-768x501.jpg 768w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Premiados-Condes-de-Alberei-Igualdad-1-1536x1002.jpg 1536w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Premiados-Condes-de-Alberei-Igualdad-1-2048x1337.jpg 2048w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Premiados-Condes-de-Alberei-Igualdad-1-750x489.jpg 750w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Premiados-Condes-de-Alberei-Igualdad-1-1140x744.jpg 1140w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>O Premio \u00e1 Igualdade de Oportunidades 2025 foi para a cooperativa vitivin\u00edcola Condes de Albarei, situada en Cambados, polo seu compromiso coa equidade de x\u00e9nero e a creaci\u00f3n dun espazo cooperativo inclusivo e diverso. Fundada en 1988 por un grupo de viticultores do Val do Saln\u00e9s, a s\u00faa traxectoria est\u00e1 estreitamente ligada ao desenvolvemento do albari\u00f1o como s\u00edmbolo de calidade e identidade galega.<\/p>\n<p>Dende os seus inicios, Condes de Albarei foi incorporando mulleres a postos de responsabilidade. Xa en 1994 incorporou a primeira muller ao consello reitor e, dende ent\u00f3n, a presenza feminina non fixo m\u00e1is que medrar, ata acadar a paridade. Hoxe en d\u00eda hai tres mulleres no consello reitor e, unha delas, Dolores Calvo, asume a presidencia. Ademais, a metade dos departamentos est\u00e1n liderados por mulleres. A s\u00faa presidenta lidera tam\u00e9n a Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Mulleres de Cooperativas Agro-alimentarias (AMCAE), convert\u00e9ndose nunha voz referente a nivel estatal.<\/p>\n<p>A cooperativa elaborou en 2023, co apoio de AGACA, o seu Plan de Igualdade, que incl\u00fae medidas concretas para favorecer a conciliaci\u00f3n, eliminar estereotipos e fomentar o empoderamento feminino. A Comisi\u00f3n de Igualdade, paritaria e representativa, garante o seguimento das acci\u00f3ns e atende as posibles demandas do persoal.<\/p>\n<p>Entre as iniciativas desenvolvidas destacan os programas formativos para socias e mulleres dos arredores, os cursos de profesionalizaci\u00f3n no vi\u00f1edo e os convenios coa Mancomunidade do Saln\u00e9s para mellorar a empregabilidade de persoas da zona que non te\u00f1en cualificaci\u00f3n profesional e est\u00e1n buscando emprego. A cooperativa mant\u00e9n tam\u00e9n unha colaboraci\u00f3n activa con entidades como Boa Vida, orientada a persoas en\u00a0 risco de exclusi\u00f3n. Ademais do seu compromiso coa igualdade, Condes de Albarei promove acci\u00f3ns culturais, sociais e educativas na s\u00faa comarca, reafirmando a s\u00faa implicaci\u00f3n co territorio e a s\u00faa vocaci\u00f3n cooperativa transformadora.<\/p>\n<p>O premio reco\u00f1ece as\u00ed non s\u00f3 unha traxectoria de m\u00e1is de trinta anos no sector vitivin\u00edcola, sen\u00f3n tam\u00e9n unha firme vontade de constru\u00edr un modelo m\u00e1is xusto e inclusivo.<\/p>\n<h3>Lemos e o seu case medio s\u00e9culo de traxectoria<\/h3>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-24727 alignleft\" src=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/05.07.2025_Dia-cooperativismo_Paula-Cermeno_139-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"200\" srcset=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/05.07.2025_Dia-cooperativismo_Paula-Cermeno_139-300x200.jpg 300w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/05.07.2025_Dia-cooperativismo_Paula-Cermeno_139-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/05.07.2025_Dia-cooperativismo_Paula-Cermeno_139-768x512.jpg 768w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/05.07.2025_Dia-cooperativismo_Paula-Cermeno_139-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/05.07.2025_Dia-cooperativismo_Paula-Cermeno_139-2048x1366.jpg 2048w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/05.07.2025_Dia-cooperativismo_Paula-Cermeno_139-750x500.jpg 750w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/05.07.2025_Dia-cooperativismo_Paula-Cermeno_139-1140x760.jpg 1140w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>A Cooperativa Lemos recibiu o Premio \u00e1 Traxectoria Cooperativa 2025, outorgado polo Consello Galego de Cooperativas, polo seu papel fundamental na consolidaci\u00f3n do cooperativismo agrogandeiro na comarca de Monforte de Lemos e o seu exemplo de evoluci\u00f3n sostida, diversificaci\u00f3n e responsabilidade social.<\/p>\n<p>Nacida en 1978 para dar resposta \u00e1s necesidades de alimentaci\u00f3n animal dun grupo de 98 profesionais da gander\u00eda da zona, Lemos converteuse ao longo dos anos nunha cooperativa multiservizos de referencia. Actualmente conta con m\u00e1is de 800 socios e socias, 40 persoas empregadas, ofrece asesoramento t\u00e9cnico, fiscal e veterinario, e proporciona \u00e1s s\u00faas socias e socios todo tipo de insumos e soluci\u00f3ns para a actividade agrogandeira.<\/p>\n<p>A s\u00faa integraci\u00f3n en agrupaci\u00f3ns como AGACA, Acolact, Delagro ou Artes\u00e1ns Gandeiros permitiulle reforzar alianzas, ampliar servizos e participar en proxectos de transformaci\u00f3n agroindustrial. En 2017, a compra do 80 % da industria l\u00e1ctea Celega, situada no concello do Savi\u00f1ao, permitiulle pechar o ciclo produtivo do leite: produci\u00f3n, transformaci\u00f3n e comercializaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Os investimentos realizados dende ent\u00f3n, orientados \u00e1 eficiencia enerx\u00e9tica, ao benestar animal e \u00e1 econom\u00eda circular, fixeron de Celega un referente industrial en Galicia. Lemos tam\u00e9n foi pioneira na implantaci\u00f3n de servizos como a substituci\u00f3n en explotaci\u00f3ns, os carros mesturadores ou o servizo de podolox\u00eda bovina. Xestiona unha Agrupaci\u00f3n de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) que integra hoxe m\u00e1is de 280 explotaci\u00f3ns e participa activamente en programas oficiais de control sanitario.<\/p>\n<p>Na s\u00faa aposta polo futuro, a cooperativa fomenta a incorporaci\u00f3n de persoas mozas e de mulleres, tanto nas explotaci\u00f3ns como no cadro de persoal. Case o 30 % do seu plantel son mulleres, e o 90 % da s\u00faa xunta reitora ten entre 30 e 55 anos. Impulsan tam\u00e9n cursos de empoderamento feminino no rural, en colaboraci\u00f3n con entidades p\u00fablicas e cooperativas doutras comarcas. Este reco\u00f1ecemento \u00e1 s\u00faa traxectoria non \u00e9 s\u00f3 un premio ao pasado, sen\u00f3n ao seu presente e ao seu futuro. Foi quen de manterse fiel aos valores cooperativos, adaptarse aos tempos e seguir sendo unha peza clave na dinamizaci\u00f3n do sector primario galego.<\/p>\n<p>Bico de Xeado, Condes de Albarei e Lemos representan tres formas de facer cooperativismo: innovando, constru\u00edndo espazos igualitarios e fortalecendo o rural dende dentro. Cada unha, dende o seu \u00e1mbito e contexto, mostra como a f\u00f3rmula cooperativa contin\u00faa sendo unha ferramenta eficaz para responder a necesidades colectivas, crear valor tecer comunidade.<\/p>\n<p>O reco\u00f1ecemento que recibiron este ano \u00e9 tam\u00e9n unha chamada de atenci\u00f3n, lembrar que hai outro modelo empresarial posible, centrado nas persoas, no territorio e no futuro compartido.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bico de Xeado, Condes de Albarei e Lemos reciben reco\u00f1ecementos estatais e galegos pola s\u00faa aposta pola innovaci\u00f3n, o seu avance cara a Igualdade e por constru\u00edr un modelo cooperativo sostible e con ra\u00edces. Tres cooperativas galegas ve\u00f1en de ser distinguidas en 2025 polos seus m\u00e9ritos no \u00e1mbito da innovaci\u00f3n, da igualdade e da traxectoria [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":24726,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[267],"tags":[],"class_list":["post-24734","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-gl"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v19.11 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Premios con nome propio \u00e1s cooperativas galegas - AGACA<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Premios con nome propio \u00e1s cooperativas galegas - AGACA\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Bico de Xeado, Condes de Albarei e Lemos reciben reco\u00f1ecementos estatais e galegos pola s\u00faa aposta pola innovaci\u00f3n, o seu avance cara a Igualdade e por constru\u00edr un modelo cooperativo sostible e con ra\u00edces. Tres cooperativas galegas ve\u00f1en de ser distinguidas en 2025 polos seus m\u00e9ritos no \u00e1mbito da innovaci\u00f3n, da igualdade e da traxectoria [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"AGACA\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-09-09T11:42:55+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/cooperativas-gallegas-premiadas2.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"2352\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"1568\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Agaca\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Agaca\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"7 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/\",\"name\":\"Premios con nome propio \u00e1s cooperativas galegas - AGACA\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\"},\"datePublished\":\"2025-09-09T11:42:55+00:00\",\"dateModified\":\"2025-09-09T11:42:55+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Premios con nome propio \u00e1s cooperativas galegas\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/\",\"name\":\"AGACA\",\"description\":\"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\",\"name\":\"Agaca\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Agaca\"},\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Premios con nome propio \u00e1s cooperativas galegas - AGACA","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Premios con nome propio \u00e1s cooperativas galegas - AGACA","og_description":"Bico de Xeado, Condes de Albarei e Lemos reciben reco\u00f1ecementos estatais e galegos pola s\u00faa aposta pola innovaci\u00f3n, o seu avance cara a Igualdade e por constru\u00edr un modelo cooperativo sostible e con ra\u00edces. Tres cooperativas galegas ve\u00f1en de ser distinguidas en 2025 polos seus m\u00e9ritos no \u00e1mbito da innovaci\u00f3n, da igualdade e da traxectoria [&hellip;]","og_url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/","og_site_name":"AGACA","article_published_time":"2025-09-09T11:42:55+00:00","og_image":[{"width":2352,"height":1568,"url":"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/cooperativas-gallegas-premiadas2.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Agaca","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"Agaca","Tempo de lectura":"7 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/","url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/","name":"Premios con nome propio \u00e1s cooperativas galegas - AGACA","isPartOf":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website"},"datePublished":"2025-09-09T11:42:55+00:00","dateModified":"2025-09-09T11:42:55+00:00","author":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/premios-con-nome-propio-as-cooperativas-galegas\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Premios con nome propio \u00e1s cooperativas galegas"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website","url":"https:\/\/agaca.coop\/","name":"AGACA","description":"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f","name":"Agaca","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","caption":"Agaca"},"url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24734","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=24734"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24734\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":24735,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/24734\/revisions\/24735"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/24726"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=24734"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=24734"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=24734"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}