{"id":20893,"date":"2024-06-18T13:10:20","date_gmt":"2024-06-18T13:10:20","guid":{"rendered":"https:\/\/agaca.coop\/?p=20893"},"modified":"2024-08-02T09:16:42","modified_gmt":"2024-08-02T09:16:42","slug":"ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/","title":{"rendered":"Gandeiros opinan sobre a realidade do vac\u00fan de carne"},"content":{"rendered":"<p><strong>No pasado m\u00e1is recente, produc\u00edronse numerosos acontecementos que afectaron ao sector de vac\u00fan de carne. Por unha banda, a crise da COVID-19 e a posterior de Ucra\u00edna retraeron o consumo e afectaron moito a demanda global deste importante alimento en favor das carnes m\u00e1is baratas (porco e polo). Isto obrigou a reclamar importantes axudas \u00e1s administraci\u00f3ns. Ademais, desenvolveuse un significativo debate no sector para modificar as normas de funcionamento interno da IXP Ternera Gallega introducindo cambios relacionados coa alimentaci\u00f3n dos animais acollidos.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Crise, cambio de normas da IXP, contracci\u00f3n do mercado, axudas&#8230; Estamos no momento oportuno para escoitar a opini\u00f3n dos gandeiros e directivos das cooperativas gandeiras sobre a situaci\u00f3n do sector:<\/strong><\/p>\n<p><em><a  href=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/168_A-FONDO-BLOG-web.bmp\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-20885 alignleft\" src=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/168_A-FONDO-BLOG-web.bmp\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"332\" \/><\/a>Eladio S\u00e1nchez L\u00f3pez, membro do Consello Reitor de Aira e copropietario da explotaci\u00f3n Estacas, en As Nogais (Lugo); Iago Ulla, encargado da lox\u00edstica e comercializaci\u00f3n, e Olaia Rocha, xerente e administrativa en Artes\u00e1ns Gandeiros; Pablo Mosquera, presidente da cooperativa Rubigal; Antonio del Pueblo, presidente da cooperativa A Carqueixa, e Juan P\u00e9rez, de Agromer, explotaci\u00f3n socia da cooperativa Lemos e que comercializa a trav\u00e9s de Artes\u00e1ns Gandeiros.<\/em><\/p>\n<p><strong><span style=\"color: #218a3d;\">Cooperaci\u00f3n Galega (C.G.): Como valoran o <\/span><span style=\"color: #218a3d;\">funcionamento das cooperativas no sector de <\/span><span style=\"color: #218a3d;\">vac\u00fan de carne? Os socios comprom\u00e9tense <\/span><span style=\"color: #218a3d;\">con proxectos de comercializaci\u00f3n en com\u00fan?<\/span><\/strong><\/p>\n<p><strong>Eladio S\u00e1nchez<\/strong> considera que \u00abas cooperativas son unha ferramenta fundamental para a comercializaci\u00f3n da carne\u00bb, a\u00ednda que deben ir acompasadas na s\u00faa actualizaci\u00f3n segundo evolucionan os h\u00e1bitos de consumo.<\/p>\n<p>Eladio lamenta que a pesar de que \u00abos socios son os donos das cooperativas e deben ter un compromiso do 100 %\u00bb, na realidade non se d\u00e1 este compromiso, algo esencial para que os proxectos vaian adiante e as cooperativas poidan mellorar no seu \u00abtraballo, esforzo, informaci\u00f3n e proximidade\u00bb coa base social.<\/p>\n<p>O mesmo cualificativo, \u00abfundamental\u00bb, empregan <strong>Olaia Rocha<\/strong> e <strong>Iago Ulla<\/strong> \u00e1 hora de valorar o papel das cooperativas, en concreto, na fase de comercializaci\u00f3n dos produtos dos socios e socias: \u00abNon se entende o mundo rural sen a contribuci\u00f3n, tanto econ\u00f3mica como de capital humano ligadas ao territorio e \u00e1 contorna\u00bb, aseguran.<\/p>\n<p>Artes\u00e1ns Gandeiros enc\u00e1rgase da comercializaci\u00f3n das explotaci\u00f3ns da base social como un servizo m\u00e1is \u00e1s cooperativas; neste punto, reco\u00f1ecen que, ao empregar este servizo, as socias e socios \u00abest\u00e1n comprometidos e comercializan habitualmente, xa sexa Ternera Gallega Suprema, Ternera Gallega, animais sen marcar, vacas de desvelle ou cebadas e touros\u00bb.<\/p>\n<p>Dende Artes\u00e1ns insisten na importancia de comercializar en conxunto pola vantaxe que sup\u00f3n negociar os prezos partindo de volumes importantes.<\/p>\n<p><strong>Pablo Mosquera<\/strong> reflexiona sobre a necesidade do compromiso por parte das persoas socias: \u00abA maior\u00eda dos gandeiros fanse socios nas cooperativas en momentos de dificultade para comercializar as canais; a cooperativa ten que ser capaz de facerlles ver aos seus socios que o prezo de comercializaci\u00f3n ao longo do ano \u00e9 mellor que por f\u00f3ra da cooperativa, inda que no momento de maior demanda non se te\u00f1a o prezo m\u00e1is alto do mercado. Esta circunstancia, por desgraza, non sempre se consegue\u00bb.<\/p>\n<p>O presidente de Rubigal insta \u00e1s cooperativas a implicarse co socio: \u00ab Para que o socio se comprometa coa cooperativa, \u00e9 necesario que se sinta importante dentro dela, que vexa transparencia e regularidade no dia a d\u00eda e que no transcurso do ano se lle comercialicen a totalidade dos xatos sen trabas\u00bb.<\/p>\n<p>Por outra banda, basea o \u00e9xito das cooperativas nunha negociaci\u00f3n favorable, \u00abmantendo custos de lox\u00edstica fixos de transporte o m\u00e1is baixos posible\u00bb.<\/p>\n<p><strong>Antonio del Pueblo<\/strong> reflexiona dende a s\u00faa experiencia vinculada \u00e1 cooperativa A Carqueixa, da que \u00e9 presidente, en positivo: \u00abDende que comezamos coa web vendendo s\u00f3 lotes de todo un pouco para garantir a sa\u00edda das canais (filetes, hamburguesas, carne para asar, costeletas&#8230;) ata hoxe, que temos comida elaborada e d\u00faas carnicer\u00edas na praza de abastos de Lugo e somos provedores de Inditex, sempre conseguimos estar por riba de mercado e, o m\u00e1is importante, damos a confianza de que as canais pesan o que te\u00f1en que pesar. Isto s\u00f3 foi posible grazas a que fixemos un gran traballo para crear a nosa marca e \u00e1 implicaci\u00f3n dos socios neste proxecto\u00bb.<\/p>\n<p><strong>Juan P\u00e9rez<\/strong> destaca a importancia das cooperativas de comercializaci\u00f3n de gando para garantir a venda e manter os prezos, especialmente para explotaci\u00f3ns pequenas e dispersas. Afirma que un maior compromiso dos gandeiros coas cooperativas aumentar\u00eda o seu poder de negociaci\u00f3n.<\/p>\n<p>As\u00ed, lembra: \u00abEn 2008, as cooperativas, a trav\u00e9s de Artes\u00e1ns Gandeiros, crearon unha sala de despezamento en colaboraci\u00f3n cun matadoiro para pechar o ciclo de comercializaci\u00f3n de Ternera Gallega Suprema (TGS) producida polos seus socios. Inicialmente, o proxecto tivo \u00e9xito, chegando a comercializar 14 000 animais en 2014, e convert\u00e9ndose no principal operador de Ternera Gallega, marcando os prezos no campo.<\/p>\n<p>No entanto, a partir de 2016, operadores competidores iniciaron unha estratexia para recuperar mercado, baixando os prezos da carne de TGS aos clientes e ofrecendo \u00e1s distribuidoras prazos de cobro m\u00e1is longos (ata 120 d\u00edas), que as cooperativas non pod\u00edan asumir. Esta manobra provocou unha perda significativa de mercado para as cooperativas nas grandes distribuidoras.<\/p>\n<p>Debido \u00e1 perda de volume de comercializaci\u00f3n e aos altos investimentos realizados na sala de despezamento, as cooperativas enfront\u00e1ronse a problemas de liquidez, levando ao peche definitivo da sala a finais de 2017. As cooperativas perderon forza ante os matadoiros, quedando limitadas \u00e1 xesti\u00f3n e recollida do gando sen poder influ\u00edr significativamente nos prezos, cun volume de manexo inferior ao de 2014\u00bb.<\/p>\n<p><strong><span style=\"color: #218a3d;\">C.G.: A IXP Ternera Gallega experimentou certos cambios que introducen elementos m\u00e1is restritivos \u00e1 hora de acadar a certificaci\u00f3n das canais. Como repercutir\u00e1 isto nos mercados?<\/span><\/strong><\/p>\n<p>\u00abPara producir unha carne de alt\u00edsima calidade, Ternera Gallega Suprema, os cambios, a\u00ednda que non nos gusten, son necesarios. Todo o que sexa benestar animal e unha boa alimentaci\u00f3n \u00e9 importante para a calidade das carnes\u00bb, afirma <strong>Eladio S\u00e1nchez<\/strong>.<\/p>\n<p>Similar opini\u00f3n profesan os representantes de <strong>Artes\u00e1ns Gandeiros<\/strong>: \u00abEn determinadas ocasi\u00f3ns (adaptaci\u00f3n a novos requisitos legais, busca de maior diferenciaci\u00f3n por saturaci\u00f3n do mercado, tendencias do consumidor etc.), os pregos de condici\u00f3ns adoptan novos requisitos m\u00e1is estritos que, nun primeiro momento, poden supo\u00f1er dificultades (por conxunturas especiais, necesidade de investimentos etc.).<\/p>\n<p>Hai que tratar de velo como unha nova oportunidade de negocio, xa que xeralmente seguen as tendencias actuais e ser\u00e1 o que defina o futuro da IXP. O aconsellable \u00e9 buscar asesoramento e adoptar programas que permitan a adaptaci\u00f3n paulatina de requisitos\u00bb.<\/p>\n<p><strong>Pablo Mosquera<\/strong> considera que os cambios apenas van ter incidencia nos mercados e \u00abcando se dan, \u00e9 porque realmente son necesarios\u00bb.<\/p>\n<p>En relaci\u00f3n coa IXP, o<strong> presidente de A Carqueixa<\/strong> di sentirse esc\u00e9ptico: \u00abEstou canso de falar con consumidores e ning\u00fan sabe a diferenza entre Suprema (gander\u00eda tradicional como a nosa) e Ternera Gallega (cebadoiros). Se cadra o problema est\u00e1 na orixe e os cebadoiros non deber\u00edan estar na IXP\u00bb.<\/p>\n<p><strong>Juan P\u00e9rez<\/strong> expresa certo desacordo coas novas condici\u00f3ns de produci\u00f3n e comercializaci\u00f3n da IXP Ternera Gallega, que obrigan ao estabulado dos animais para a calidade Suprema. Argumenta que \u00e9 posible obter carne de alta calidade con pastoreo extensivo e achega de concentrados, reducindo custos.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n cuestiona decisi\u00f3ns previas da IXP que rebaixaron os l\u00edmites de engraxamento, resultando en clasificaci\u00f3ns inadecuadas. Sinala que cada explotaci\u00f3n debe adaptarse ao seu entorno e que a calidade deber\u00eda avaliarse no matadoiro, non polo m\u00e9todo de acabado: \u00abNa mi\u00f1a opini\u00f3n, a diferenza entre que un animal sexa clasificado como Suprema ou non debe ser no matadoiro, unha vez sacrificado e vendo directamente a canal (color, engraxamento, dureza\u2026); non se pode discriminar o gando en funci\u00f3n soamente de que o tipo de acabado sexa ao aire libre ou estabulado, xa que se poden conseguir canais de calidade sen ser estabuladas\u00bb.<\/p>\n<p><strong><span style=\"color: #218a3d;\">C.G.: Como se ve a evoluci\u00f3n dos mercados dende as crises do coronavirus e Ucra\u00edna?<\/span><\/strong><\/p>\n<p>Para <strong>Eladio S\u00e1nchez<\/strong>, a complexidade das circunstancias xeopol\u00edticas e sanitarias provocou unhas subidas de custos produtivos imposibles de afrontar sen axudas p\u00fablicas. Por outra banda, a li\u00f1a estable e lixeiramente ascendente destes \u00faltimos meses est\u00e1 comezando a baixar provocada por un maior consumo de carnes m\u00e1is baratas e o incremento dos custos da vida, sinala.<\/p>\n<p>En <strong>Artes\u00e1ns<\/strong> consideran que, a pesar de producirse \u00abcerta inquedanza porque os mercados non fosen capaces de asumir a alza de prezos de venda tras os efectos da pandemia\u00bb, a evoluci\u00f3n foi positiva. Por\u00e9n, a tendencia \u00e1 alza nos prezos das materias primas de alimentaci\u00f3n animal implicou outra suba de custos de produci\u00f3n que deriva nunha necesaria reformulaci\u00f3n da xesti\u00f3n das gander\u00edas.<\/p>\n<p>\u00abEstamos vivindo momentos de incerteza, polo que debemos acostumarnos \u00e1 xesti\u00f3n e ao establecemento de plans de continxencia ante imprevistos\u00bb, advirten.<\/p>\n<p><strong>Pablo Mosquera<\/strong> aprecia unha baixada na demanda da carne de vac\u00fan xunto cunha oferta tam\u00e9n en descenso, provocada polo dr\u00e1stico descenso do n\u00famero de explotaci\u00f3ns, sustentado por tres claves: unha suba de prezos de venda insuficiente, unha suba \u00abdesorbitada\u00bb dos prezos dos concentrados, por mor da guerra de Ucra\u00edna, e unha man de obra \u00abescasa e pouco profesional\u00bb.<\/p>\n<p>A visi\u00f3n do presidente de <strong>A Carqueixa<\/strong> ap\u00f3iase na traxectoria da cooperativa e \u00e9 algo m\u00e1is positiva: \u00abN\u00f3s hoxe estamos nunha media sobre os seis euros ao ano, comercializamos o 75 % de forma directa e estamos conseguindo repercutila aos socios e socias. Temos que afondar e ir acadando m\u00e1is prezo pouco a pouco e m\u00e1is estable. Gustar\u00edame chegar ao d\u00eda de ter un contrato anual e por riba dos seis euros. Niso traballamos\u00bb.<\/p>\n<p>Para o propietario de <strong>Agromer<\/strong>: \u00abA situaci\u00f3n comezou a mellorar a finais do ano 2022 e sobre todo no 2023, cunha subida importante do prezo da carne, pero, a finais de 2023, os prezos comezaron a baixar, o que segue sucedendo actualmente, acompa\u00f1ado dunha reduci\u00f3n no consumo posiblemente debida ao alto prezo da carne no supermercado.<\/p>\n<p>\u00c9 importante destacar que esta baixada de prezos coincidiu co anuncio dunha axuda de 200 \u20ac por becerro de Suprema por parte da Conseller\u00eda do Medio Rural, que a\u00ednda non foi pagada. Os grandes operadores aproveitaron esta oportunidade para rebaixar o prezo da carne aos gandeiros, pero non aos consumidores, que seguen pagando prezos altos.<\/p>\n<p>Na actualidade, os prezos est\u00e1n bastante por debaixo dos acadados a mediados de 2023, mentres que os custos de produci\u00f3n, a\u00ednda que algo rebaixados, seguen sendo altos, non compensando a ca\u00edda do prezo da carne\u00bb.<\/p>\n<p><strong><span style=\"color: #218a3d;\">C.G.: Cales son as claves para asegurar o futuro das gander\u00edas de vac\u00fan e das cooperativas?<\/span><\/strong><\/p>\n<p>\u00abO momento \u00e9 moi delicado e, como non se meta man, non vai quedar nada\u00bb. As\u00ed de contundente se amosa Eladio S\u00e1nchez, quen suxire: \u00ab[P\u00f3dese] comezar por fixar poboaci\u00f3n no rural, con axudas, cubrindo custos de produci\u00f3n. As gander\u00edas te\u00f1en que ser empresas onde se ga\u00f1e di\u00f1eiro porque facemos un gran labor axardinando o territorio para que non haxa incendios e, a parte de producir alimentos de alt\u00edsima calidade, mantemos o territorio vivo, limpo e activo.<\/p>\n<p>As cooperativas deben seguir traballando, proporcionando alimentos de calidade para o gando, comercializando os nosos produtos, ofrec\u00e9ndonos asesoramento, e continuar preto dos socios dando todos os servizos\u00bb.<\/p>\n<p>A clave para Artes\u00e1ns est\u00e1 na necesidade de \u00abprofesionalizaci\u00f3n do sector, de incorporaci\u00f3n das gander\u00edas en ADS, de controis reprodutivos que superen a estacionalidade, neste caso de Ternera Gallega Suprema, e de fomentar o asociacionismo vencellado a organizaci\u00f3ns cooperativas e centrais de compra para mellorar a capacidade de compra e negociaci\u00f3n nas vendas\u00bb.<\/p>\n<p>Para loitar contra o despoboamento do medio rural e favorecer a remuda xeracional suxiren mellorar os sistemas tecnol\u00f3xicos para facilitar o manexo e adoptar sistemas de certificaci\u00f3n que acrediten o bo facer das gander\u00edas en canto a benestar animal e coidado do medio ambiente.<\/p>\n<p>O futuro do sector \u00ab\u00e9 escuro, por non dicir negro\u00bb, asegura <strong>Pablo Mosquera<\/strong> constatando que as explotaci\u00f3ns tradicionais non adoitan ter remuda xeracional e as granxas de maior dimensi\u00f3n atopan m\u00faltiples obst\u00e1culos: \u00abEstanse a atopar con moitas trabas \u00e1 hora de ser competitivos (tr\u00e1mites administrativos, lobo, pragas&#8230;). Todas estas trabas redundan en aumentar os efectivos en man de obra; por\u00e9n, a man de obra das explotaci\u00f3ns a d\u00eda de hoxe est\u00e1 cansa, maior, e desmoralizada, co que os gandeiros est\u00e1n nunha situaci\u00f3n contemplativa, sen facer grandes investimentos, porque, ao ver que as esixencias seguen indo a m\u00e1is, pechan\u00bb.<\/p>\n<p>O presidente de Rubigal s\u00f3 concibe unha circunstancia para que as explotaci\u00f3ns de carne te\u00f1an continuidade: \u00abQue a cr\u00eda de animais para carne sexa un negocio rendible, que un fillo ou filla vexa m\u00e1is futuro en seguir coa empresa dos seus pais, ou da s\u00faa familia, que en traballar noutro lado [&#8230;] A d\u00eda de hoxe, a xente que nos dedicamos \u00e1 carne, fac\u00e9molo por vocaci\u00f3n aos animais, polo apego \u00e1 terra e ao traballo dos nosos antepasados, pero non polo rendemento do negocio. Se esta situaci\u00f3n non se reverte, as novas xeraci\u00f3ns ter\u00e1n mellores oportunidades de traballo noutros sectores\u00bb.<\/p>\n<p>Todo \u00e9 unha cadea, polo que, concl\u00fae, pesimista: \u00abLoxicamente, sen explotaci\u00f3ns de vac\u00fan de carne, as cooperativas que se dediquen \u00e1 comercializaci\u00f3n dos xatos tam\u00e9n est\u00e1n abocadas ao peche\u00bb.<\/p>\n<p>Segundo <strong>Antonio del Pueblo<\/strong>, a clave pasa por \u00abm\u00e1is cooperativismo e m\u00e1is orgullo de ser gandeiros\u00bb, a\u00ednda que reco\u00f1ece que a situaci\u00f3n non \u00e9 doada: \u00abImos cara a menos granxas e m\u00e1is concentradas. N\u00f3s estamos dese\u00f1ando un plan da man da Fundaci\u00f3n Daniel y Nina Carasso para implementar medidas que garantan a remuda xeracional\u00bb.<\/p>\n<p>Creada en 2010 e afiliada \u00e1 Fondation de France, esta Fundaci\u00f3n enf\u00f3case na Alimentaci\u00f3n Sostible e Arte Cidad\u00e1. En Francia e Espa\u00f1a, apoia proxectos proporcionando subvenci\u00f3ns, investimentos de impacto social e recursos humanos, ademais de dese\u00f1ar e desenvolver programas e eventos. Promove a innovaci\u00f3n social e a cooperaci\u00f3n.<\/p>\n<p>\u00c9 moi dif\u00edcil dar unha resposta a esta cuesti\u00f3n, indica <strong>Juan P\u00e9rez<\/strong>: \u00abO fundamental para que haxa futuro nas gander\u00edas \u00e9 que sexan rendibles. A forma de logralo \u00e9 complexa, pero o que est\u00e1 claro, por unha parte, \u00e9 que o prezo que reciben os gandeiros por producir alimentos de calidade ten que ser suficiente para poder vivir da actividade e que sexa atractiva para novos gandeiros.<\/p>\n<p>Por outro lado, tan importante ser\u00eda que as explotaci\u00f3ns poidan dispo\u00f1er de suficiente base territorial para o seu gando, como que as administraci\u00f3ns promovan o acceso dos gandeiros \u00e1 terra\u00bb.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ler revista completa:<br \/>\n<a  href=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ag_revista\/cooperacion-galega-168-maio-2024\/\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-20849 \" src=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/168-portada-wb.png\" alt=\"\" width=\"170\" height=\"231\" srcset=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/168-portada-wb.png 596w, https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/168-portada-wb-221x300.png 221w\" sizes=\"auto, (max-width: 170px) 100vw, 170px\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No pasado m\u00e1is recente, produc\u00edronse numerosos acontecementos que afectaron ao sector de vac\u00fan de carne. Por unha banda, a crise da COVID-19 e a posterior de Ucra\u00edna retraeron o consumo e afectaron moito a demanda global deste importante alimento en favor das carnes m\u00e1is baratas (porco e polo). Isto obrigou a reclamar importantes axudas \u00e1s [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":20886,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[267,261],"tags":[536],"class_list":["post-20893","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-gl","category-novidades","tag-vacun-gl"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v19.11 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Gandeiros opinan sobre a realidade do vac\u00fan de carne - AGACA<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Gandeiros opinan sobre a realidade do vac\u00fan de carne - AGACA\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"No pasado m\u00e1is recente, produc\u00edronse numerosos acontecementos que afectaron ao sector de vac\u00fan de carne. Por unha banda, a crise da COVID-19 e a posterior de Ucra\u00edna retraeron o consumo e afectaron moito a demanda global deste importante alimento en favor das carnes m\u00e1is baratas (porco e polo). Isto obrigou a reclamar importantes axudas \u00e1s [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"AGACA\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2024-06-18T13:10:20+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2024-08-02T09:16:42+00:00\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Agaca\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:image\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/168_A-FONDO-BLOG-web.bmp\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Agaca\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"13 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/\",\"name\":\"Gandeiros opinan sobre a realidade do vac\u00fan de carne - AGACA\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\"},\"datePublished\":\"2024-06-18T13:10:20+00:00\",\"dateModified\":\"2024-08-02T09:16:42+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Gandeiros opinan sobre a realidade do vac\u00fan de carne\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/\",\"name\":\"AGACA\",\"description\":\"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\",\"name\":\"Agaca\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Agaca\"},\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Gandeiros opinan sobre a realidade do vac\u00fan de carne - AGACA","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Gandeiros opinan sobre a realidade do vac\u00fan de carne - AGACA","og_description":"No pasado m\u00e1is recente, produc\u00edronse numerosos acontecementos que afectaron ao sector de vac\u00fan de carne. Por unha banda, a crise da COVID-19 e a posterior de Ucra\u00edna retraeron o consumo e afectaron moito a demanda global deste importante alimento en favor das carnes m\u00e1is baratas (porco e polo). Isto obrigou a reclamar importantes axudas \u00e1s [&hellip;]","og_url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/","og_site_name":"AGACA","article_published_time":"2024-06-18T13:10:20+00:00","article_modified_time":"2024-08-02T09:16:42+00:00","author":"Agaca","twitter_card":"summary_large_image","twitter_image":"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/168_A-FONDO-BLOG-web.bmp","twitter_misc":{"Escrito por":"Agaca","Tempo de lectura":"13 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/","url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/","name":"Gandeiros opinan sobre a realidade do vac\u00fan de carne - AGACA","isPartOf":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website"},"datePublished":"2024-06-18T13:10:20+00:00","dateModified":"2024-08-02T09:16:42+00:00","author":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/ganaderos-opinan-sobre-a-realidade-do-vacun-de-carne\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Gandeiros opinan sobre a realidade do vac\u00fan de carne"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website","url":"https:\/\/agaca.coop\/","name":"AGACA","description":"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f","name":"Agaca","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","caption":"Agaca"},"url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20893","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=20893"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20893\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":20962,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/20893\/revisions\/20962"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/20886"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=20893"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=20893"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=20893"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}