{"id":14601,"date":"2022-09-09T12:15:40","date_gmt":"2022-09-09T12:15:40","guid":{"rendered":"https:\/\/agaca.coop\/?p=14601"},"modified":"2022-09-09T12:15:40","modified_gmt":"2022-09-09T12:15:40","slug":"formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/","title":{"rendered":"Formaci\u00f3n e arraigo, claves para traballar nunha explotaci\u00f3n agrogandeira"},"content":{"rendered":"<p><strong>Un problema recorrente que nos trasladan cooperativas e granxas \u00e9 a dificultade de atopar e contratar persoal para traballar nas explotaci\u00f3ns. Nalg\u00fans casos non hai candidaturas e noutros \u2014a pesar da vontade manifesta entre demandante de emprego e persoa empregadora\u2014, non \u00e9 posible formalizar o contrato polas trabas burocr\u00e1ticas, dado que, a mi\u00fado, as persoas con disposici\u00f3n para traballar na explotaci\u00f3n son de orixe extracomunitaria e obter os permisos de traballo e residencia non \u00e9 doado.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Para abordar e comprender este paradoxo recollemos diversas perspectivas tras contactar con t\u00e9cnicos de cooperativas, persoal traballador e responsables dalgunhas organizaci\u00f3ns non gobernamentais, e acudimos \u00e1 lexislaci\u00f3n vixente, que v\u00e9n de incorporar, nestes d\u00edas, importantes modificaci\u00f3ns.<\/strong><\/p>\n<p><strong><span style=\"color: #ff9900;\">Publicado en Cooperaci\u00f3n Galega N\u00ba 159. P\u00e1x 6.<\/span><\/strong><\/p>\n<h2>Empregadores<\/h2>\n<p>Un t\u00e9cnico en xesti\u00f3n e asesoramento \u00e1s explotaci\u00f3ns da cooperativa CAP Coru\u00f1a, que prefire falar en nome do equipo en lugar de individualmente, \u00e9 claro: \u00abCada semana recibimos d\u00faas ou tres chamadas solicitando persoas para traballar nas granxas, pero o principal problema \u00e9 que falta xente que queira vivir no rural. Ademais, traballar nunha explotaci\u00f3n precisa co\u00f1ecementos e requirimentos espec\u00edficos e a maior parte das veces, quen solicita traballo nunha granxa busca un traballo alternativo e carece de formaci\u00f3n espec\u00edfica e experiencia\u00bb.<\/p>\n<blockquote><p>Cada semana recibimos d\u00faas ou tres chamadas solicitando persoas para traballar nas granxas, pero o principal problema \u00e9 que falta xente que queira vivir no rural. Tam\u00e9n falta formaci\u00f3n pero isto \u00e9 f\u00e1cil de solucionar<\/p>\n<p style=\"text-align: right;\">Equipo t\u00e9cnico de CAP Coru\u00f1a<\/p>\n<\/blockquote>\n<p>\u00abA xente quere vivir nas cidades porque \u00e9 m\u00e1is c\u00f3modo e hai m\u00e1is servizos.Temos xente de f\u00f3ra \u00e1 que lle deixamos unha vivenda ao lado da granxa, correndo n\u00f3s co gasto, e prefire irse a Nar\u00f3n, a 15 km, pagando un piso, en lugar de quedarse a vivir aqu\u00ed, en San Sadurni\u00f1o. Os motivos, m\u00e1is que econ\u00f3micos, ve\u00f1en porque pouca xente quere vivir no rural\u00bb, explica.<\/p>\n<p>Dende a cooperativa consideran a falta de formaci\u00f3n das persoas que solicitan un emprego como un obst\u00e1culo facilmente superable sen esquecer a necesidade de formar tam\u00e9n aos titulares das explotaci\u00f3ns: \u00abMoitas veces, os responsables das granxas non son capaces de trasladar aos aspirantes as necesidades laborais ou comprender os dereitos que lles asisten como persoas empregadas, tanto en salario como en horas de traballo, as\u00ed como preocupaci\u00f3ns porque se sintan a gusto, as s\u00faas necesidades etc\u00bb.<\/p>\n<blockquote><p>Temos constancia de explotaci\u00f3ns que presumen da s\u00faa viabilidade, da maquinaria, do tama\u00f1o&#8230;, pero non co\u00f1ecemos ningunha que o faga das condici\u00f3ns laborais que ofrece<\/p>\n<p style=\"text-align: right;\">Equipo t\u00e9cnico de CAP Coru\u00f1a<\/p>\n<\/blockquote>\n<p>\u00abTemos constancia de explotaci\u00f3ns que presumen da s\u00faa viabilidade, da maquinaria, do tama\u00f1o, pero non co\u00f1ecemos ningunha que o faga das condici\u00f3ns laborais que ofrece. Hai unha desconexi\u00f3n entre os titulares das explotaci\u00f3ns e as necesidades dos empregados porque non hai formaci\u00f3n neste sentido\u00bb, indican, ao tempo que se amosan predispostos a recibir a grupos de persoas e formalos, inclu\u00edndo aos titulares das explotaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Os t\u00e9cnicos contratados pola propia cooperativa cos que tivemos ocasi\u00f3n de conversar, procedentes de Senegal, Per\u00fa, Guinea e Portugal, ademais dos nacionais, expresaron a s\u00faa conformidade co trato recibido: empat\u00eda, respecto polos horarios, conciliaci\u00f3n, estabilidade laboral, sen sobrecargas. Os responsables t\u00e9\u00f1eno claro: a relaci\u00f3n co persoal debe ser respectuosa cos dereitos laborais e, tam\u00e9n, pr\u00f3xima, motivadora, con l\u00edmites, pero humana: \u00abHai xente con potencial pero sen cartos, formaci\u00f3n, carn\u00e9 de conducir, comida, vivenda, familia&#8230; Debemos preocuparnos de co\u00f1ecer a s\u00faa situaci\u00f3n e facilitarlles a vida, sen\u00f3n non atoparemos traba- lladores\u00bb, aseguran.<\/p>\n<p>\u00c1ngel Miranda, director da divisi\u00f3n agrogandeira de Clun, apunta posibles soluci\u00f3ns: \u00abUnha medida interesante ser\u00eda facer selecci\u00f3n en orixe. As propias cooperativas poder\u00edan organizarse en Comisi\u00f3ns de profesionais t\u00e9cnicos e, coa mediaci\u00f3n das Administraci\u00f3ns e Consulados, desprazarse ao pa\u00eds de orixe onde explicar\u00edan claramente como \u00e9 o traballo, as condici\u00f3ns salariais, de vida etc. Feita unha preselecci\u00f3n, elaborar\u00edase un precontrato de traballo facilitando a chegada dos profesionais aptos\u00bb.<\/p>\n<blockquote><p>As cooperativas poder\u00edan organizarse en Comisi\u00f3ns de profesionais t\u00e9cnicos, que se desprazasen ao pa\u00eds correspondente e al\u00ed explicar claramente como \u00e9 o traballo, as condici\u00f3ns salariais, de vida etc.<br \/>\nFeita unha preselecci\u00f3n, preparar\u00edase un precontrato de traballo facilitando a chegada dos profesionais aptos.<\/p>\n<p style=\"text-align: right;\">\u00c1ngel Miranda, director da divisi\u00f3n agrogandeira de Clun<\/p>\n<\/blockquote>\n<p>\u00abIncluso estariamos dispostos a organizar unha especie de banco de proba cunha granxa, en colaboraci\u00f3n coa Xunta e\/ou administraci\u00f3ns correspondentes para ofrecer un per\u00edodo previo de formaci\u00f3n para os recen chegados\u00bb, aventura Miranda.<\/p>\n<p>A realidade practicamente imposibilita contratar a persoas de f\u00f3ra para traballar nas granxas a pesar de que hai demanda, indica Miranda, polas dificultades para legalizar a s\u00faa situaci\u00f3n:<br \/>\n\u00abContratar \u00e9 moi arriscado, o que ademais \u00e9 contraditorio porque poden non estar aqu\u00ed legalmente, pero si empadroarse, obter tarxeta sanitaria etc.\u00bb.<\/p>\n<h2>Profesi\u00f3ns de dif\u00edcil cobertura<\/h2>\n<p>O SEPE (Servizo P\u00fablico de Emprego Estatal) contempla unha relaci\u00f3n de profesi\u00f3ns de dif\u00edcil cobertura por Comunidades Aut\u00f3nomas e provincias. <a  href=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/?goto=TEoTW1kWBwE\" www.sepe.es\/HomeSepe\/empresas\/informacion-para-empresas\/profesiones-de-dificil-cobertura\/profesiones-mas-demandadas.html\">No cat\u00e1logo da s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>\u00a0 non atopamos ningunha vinculada \u00e1s necesidades do noso sector.<\/p>\n<p>Este pode ser o momento ideal para facer constar de forma conxunta (cooperativas, sindicatos e outras entidades) \u2014ante as Oficinas de Emprego\u2014 as demandas de profesionais espec\u00edficos e, as\u00ed, inclu\u00edr estas categor\u00edas no Cat\u00e1logo do SEPE como de dif\u00edcil cobertura.<\/p>\n<p>Segundo conversas coa secretaria xeral de EAPN (European Anti Poverty Network) Galicia, Saray Dur\u00e1n, e os servizos xur\u00eddicos da entidade, este pode ser o momento ideal para facer constar de forma conxunta (cooperativas, sindicatos e outras entidades) \u2014ante as Oficinas de Emprego\u2014 as demandas de profesionais espec\u00edficos quedando, as\u00ed, constancia expl\u00edcita da solicitude e, tras comprobar que non se presentan aspirantes axeitados \u00e1s ofertas, o seguinte paso ser\u00e1 inclu\u00edr estas categor\u00edas no Cat\u00e1logo do SEPE como de dif\u00edcil cobertura, o que facilitar\u00eda a convocatoria de profesionais no pa\u00eds de orixe.<\/p>\n<h2>Lexislaci\u00f3n<\/h2>\n<p>O 16 de agosto entraron en vigor novas disposici\u00f3ns legais relativas \u00e1 regularizaci\u00f3n de persoas estranxeiras en Espa\u00f1a. O Real Decreto 629\/2022 de 22 de xullo, modifica o Regulamento da Lei Org\u00e1nica 4\/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en Espa\u00f1a e a s\u00faa integraci\u00f3n social, tras a s\u00faa reforma por Lei Org\u00e1nica 2\/2009, apro- bado polo Real Decreto 557\/2011, de 20 de abril.<\/p>\n<blockquote><p>O 16 de agosto entraron en vigor novas disposici\u00f3ns legais relativas \u00e1 regularizaci\u00f3n de persoas estranxeiras en Espa\u00f1a.<\/p><\/blockquote>\n<p>Non detallaremos aqu\u00ed a totalidade dos cambios, centrar\u00e9monos naquelas situaci\u00f3ns m\u00e1is frecuentes que se est\u00e1n a dar no noso contexto: persoas estranxeiras, demandantes de emprego no \u00e1mbito das explotaci\u00f3ns no rural.<\/p>\n<h2><span style=\"color: #000000;\">Arraigo<\/span><\/h2>\n<p>O (<a  href=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/?goto=TEoTW1kWBwFfAAwBTUU1ARYfSF1ZJy1VPQUmLS0FJhcydFJQGw\">Portal de Inmigraci\u00f3n do Ministerio de Inclusi\u00f3n, Seguridad Social y Migraciones<\/a> especifica catro supostos de arraigo (estranxeiros que se atopan en Espa\u00f1a en situaci\u00f3n irregular sen unha autorizaci\u00f3n de estancia ou residencia), nos que se poder\u00e1 conceder unha autorizaci\u00f3n de residencia temporal:<\/p>\n<h3><span style=\"color: #339966;\">\u2022 Arraigo laboral<\/span><\/h3>\n<p>Se ten permanecido en Espa\u00f1a polo menos 2 anos e pode acreditar unha relaci\u00f3n laboral de duraci\u00f3n non inferior a 6 meses.<\/p>\n<p>A persoa interesada deber\u00e1 presentar calquera proba que acredite a existencia dunha relaci\u00f3n laboral previa (baixo estancia ou residencia legal) nos \u00faltimos 2 anos, cunha xornada m\u00ednima \u2014de ser por conta allea\u2014, de 30 horas semanais nun per\u00edodo de 6 meses ou de 15 horas semanais en 12 meses. De ser por conta propia, unha actividade continuada de, polo menos, 6 meses.<\/p>\n<h3><span style=\"color: #339966;\">\u2022 Arraigo social<\/span><\/h3>\n<p>Concederase en caso de ter permanecido en Espa\u00f1a polo menos 3 anos, cun contrato de traballo que garanta, como m\u00ednimo, o salario m\u00ednimo interprofesional (SMI) ou o establecido no convenio colectivo aplicable, no momento da solicitude, e cuxa suma represente unha xornada semanal non inferior a 30 horas no c\u00f3mputo global, e garantir o salario m\u00ednimo interprofesional. Elim\u00ednase a duraci\u00f3n dun ano de contrato.<\/p>\n<p>De acreditar ter a cargo menores ou persoas que precisen apoio para exercer a s\u00faa capacidade xur\u00eddica, o contrato pode ter unha duraci\u00f3n dun m\u00ednimo de 20 horas.<\/p>\n<p>Neste punto xorde unha d\u00fabida, de momento, non aclarada polas instruci\u00f3ns do Ministerio: saber se, en caso de non alcanzar as 40 horas semanais, fai referencia \u00e1 cantidade estipulada como SMI ou \u00e1 cantidade proporcional.<\/p>\n<blockquote><p>No caso espec\u00edfico do sector agrario, perm\u00edtese presentar dous ou m\u00e1is contratos, con distintos empregadores.<\/p><\/blockquote>\n<p>No caso espec\u00edfico do sector agrario, perm\u00edtese presentar dous ou m\u00e1is contratos, con distintos empregadores e concatenados, cada un deles.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se contempla a existencia de v\u00ednculos familiares con outros estranxeiros residentes ou presentar un informe de arraigo que acredite a s\u00faa integraci\u00f3n social emitido pola Comunidade Aut\u00f3noma que figure como domicilio habitual.<\/p>\n<h3><span style=\"color: #339966;\">\u2022 Arraigo familiar<\/span><\/h3>\n<p>Se \u00e9 fillo de pai ou nai orixinariamente espa\u00f1ois ou pai ou nai dun menor de nacionalidade espa\u00f1ola; se \u00e9 c\u00f3nxuxe ou parella de feito dunha persoa de nacionalidade espa\u00f1ola e, tam\u00e9n, se se trata dunha persoa que presta apoio a outra con discapacidade, de nacionalidade espa\u00f1ola; os ascendentes maiores de 65 anos ou menores de 65 a cargo, os fillos e fillas menores de 21 anos ou maiores de 21, a cargo tanto da persoa espa\u00f1ola como do seu c\u00f3nxuxe ou parella de feito rexistrada, e aqueles descendentes de pai ou nai orixinariamente espa\u00f1ois.<\/p>\n<h3><span style=\"color: #339966;\">\u2022 Arraigo para a Formaci\u00f3n<\/span><\/h3>\n<p>Poder\u00e1n obter autorizaci\u00f3n de residencia por un per\u00edodo de 12 meses os estranxeiros que acrediten a permanencia continuada en Espa\u00f1a durante, m\u00ednimo, dous anos, e se comprometan a realizar unha formaci\u00f3n regrada para o emprego para obter o certificado de profesionalidade ou certificaci\u00f3n de aptitude t\u00e9cnica o habilitaci\u00f3n profesional.<\/p>\n<p>Esta autorizaci\u00f3n poder\u00e1 prorrogarse outro ano se a formaci\u00f3n supera os doce meses de duraci\u00f3n ou excede a vixencia da primeira autorizaci\u00f3n concedida. Ao remate, ser\u00e1 necesario presentar un contrato de traballo e concederase autorizaci\u00f3n por 2 anos, que habilitar\u00e1 a traballar.<\/p>\n<h2><span style=\"color: #000000;\">Conclusi\u00f3ns<\/span><\/h2>\n<p>De todo o exposto, parece claro que c\u00f3mpre sentarse coa Administraci\u00f3n para que tome conciencia, de primeira man, desta realidade persoal e profesional no \u00e1mbito rural, as\u00ed como mobilizar aos distintos axentes involucrados: inmigraci\u00f3n, sindicatos, asociaci\u00f3ns, ONG etc. para estudar as posibilidades que ofrece a nova Lei e facilitar a inserci\u00f3n laboral e normalizaci\u00f3n dunha situaci\u00f3n que se resume na necesidade de formalizar unha situaci\u00f3n onde ambas as partes est\u00e1n dispostas a chegar a acordo: a persoa empregadora e a persoa demandante de emprego.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h1 style=\"text-align: center;\"><\/h1>\n<h1 style=\"text-align: center;\">Cambios m\u00e1is relevantes no Real Decreto 629\/2022<\/h1>\n<h2><span style=\"color: #339966;\">ESTUDANTES<\/span><\/h2>\n<p>\u2022 Non precisan solicitar autorizaci\u00f3n para pr\u00e1cticas non laborais integradas no Plan de Estudos.<\/p>\n<p>\u2022 Igual que ata o de agora, os estranxeiros que dispo\u00f1an da correspondente autorizaci\u00f3n de estancia por estudos, formaci\u00f3n, pr\u00e1cticas non laborais ou servizos de voluntariado poder\u00e1n ser autorizados a realizar actividades laborais en instituci\u00f3ns p\u00fablicas ou entidades privadas cando o empregador, como suxeito lexitimado, presente a solicitude de autorizaci\u00f3n de traballo.<br \/>\n\u2022 Por outra banda, a autorizaci\u00f3n de estancia por estudos obtida en virtude do artigo 37.1.a) autorizar\u00e1 a traballar por conta propia e allea, sempre que esta actividade laboral sexa compatible coa realizaci\u00f3n deses estudos e se trate de estudos superiores.<br \/>\n\u2022 Con visado de estudos, poder\u00e1n traballar sen solicitar autorizaci\u00f3n se son: estudos superiores, formaci\u00f3n regrada para o emprego para obter o certificado de profesionalidade ou certificaci\u00f3n de aptitude t\u00e9cnica o habilitaci\u00f3n profesional.<br \/>\n\u2022 Poder\u00e1n traballar por conta propia ou allea, sen limitaci\u00f3ns xeogr\u00e1ficas (se os estudos o permiten).<\/p>\n<p>\u2022 A actividade laboral non superar\u00e1 as 30 horas semanais.<\/p>\n<p>\u2022 A vixencia da autorizaci\u00f3n de traballo coincidir\u00e1 coa duraci\u00f3n da autorizaci\u00f3n de estancia, non se vincular\u00e1 \u00e1 duraci\u00f3n do contrato de traballo. A s\u00faa renovaci\u00f3n (autorizaci\u00f3n de traballo) depender\u00e1 da existencia dun contrato.<br \/>\n\u2022 Elim\u00ednanse os requirimentos de estancia en Espa\u00f1a de 3 anos e a obriga de non ter recibido bolsa de estudos ou subvenci\u00f3n.<\/p>\n<h2><span style=\"color: #339966;\">REAGRUPACI\u00d3N<\/span><\/h2>\n<p>\u2022 Flexibil\u00edzanse os requisitos en canto \u00e1 acreditaci\u00f3n de medios econ\u00f3micos.<\/p>\n<p>\u2022 Na residencia independente de familiares reagrupados, elim\u00ednase a duraci\u00f3n temporal dos contratos e vinc\u00falase o SMI \u00e1 xornada do contrato, non \u00e1 xornada completa.<br \/>\n\u2022 Perm\u00edtese \u00e1 persoa reagrupada traballar por conta allea ou por conta propia.<\/p>\n<h2><span style=\"color: #339966;\">RENOVACI\u00d3NS DAS AUTORIZACI\u00d3NS DE RESIDENCIA E TRABALLO POR CONTA ALLEA<\/span><\/h2>\n<p>\u2022 P\u00e1sase de ter que xustificar 6 meses cotizados a s\u00f3 3. Modif\u00edcanse requirimentos: por exemplo, non \u00e9 obrigatorio presentar o contrato de traballo cando se acredite que a relaci\u00f3n laboral foi interrompida por causas alleas \u00e1 s\u00faa vontade e est\u00e1 inscrito como demandante de emprego.<br \/>\n\u2022 A renovaci\u00f3n da duraci\u00f3n da residencia estenderase a un per\u00edodo de 4 anos, fronte aos 2 de antes. Estes prazos permiten que cese a existencia de irregularidades provocadas por falta de contrato ou cotizaci\u00f3n.<\/p>\n<h2><span style=\"color: #339966;\">RESIDENCIA TEMPORAL E TRABALLO POR CONTA PROPIA<\/span><\/h2>\n<p>\u2022 Simplif\u00edcanse os requirimentos, principalmente as cont\u00edas econ\u00f3micas, e adm\u00edtese o autoemprego.<\/p>\n<p>\u2022 A renovaci\u00f3n da residencia e traballo por conta propia ter\u00e1 unha vixencia de 4 anos.<\/p>\n<h2><span style=\"color: #339966;\">RESIDENCIA TEMPORAL POR ARRAIGO<\/span><\/h2>\n<h3>\u2022<span style=\"color: #ff9900;\"> LABORAL<\/span><\/h3>\n<p>\u2022 Permanencia en Espa\u00f1a un m\u00ednimo de 2 anos.<br \/>\n\u2022 Demostrar v\u00ednculos laborais cunha duraci\u00f3n m\u00ednima de 6 meses, no marco dos \u00faltimos 2 anos previos \u00e1 solicitude.<\/p>\n<p>\u2022 Conta allea: m\u00ednimo da xornada de 30 horas semanais en 6 meses ou 15 horas semanais nun per\u00edodo de 12 meses.<br \/>\n\u2022 Conta propia: actividade continuada polo menos, 6 meses.<\/p>\n<h3>\u2022 <span style=\"color: #ff9900;\">SOCIAL<\/span><\/h3>\n<p>\u2022 Estancia m\u00ednima de 3 anos.<\/p>\n<p>\u2022 Contrato de traballo asinado que garanta, como m\u00ednimo, o SMI ou salario establecido no convenio laboral aplicable, cuxa suma debe representar unha xornada semanal de non menos de 30 horas e garantir o SMI.<br \/>\n\u2022 De acreditarse ter menores a cargo ou persoas con medidas de apoio poder\u00e1 ter unha duraci\u00f3n m\u00ednima de 20 horas.<br \/>\n\u2022 No sector agrario pode presentarse m\u00e1is dun contrato, concatenados e con distintos emprega- dores.<br \/>\n\u2022 Informe de arraigo ou v\u00ednculos con estranxeiros (ascendentes e descendentes de primeiro grao, c\u00f3nxuxes e parellas de feito) emitirase e notifica- rase antes de 30 d\u00edas dende a s\u00faa solicitude.<\/p>\n<h3>\u2022<span style=\"color: #ff9900;\"> FAMILIAR<\/span><\/h3>\n<p>\u2022 Se \u00e9 fillo de pai ou nai orixinariamente espa\u00f1ois ou ben sexa pai ou nai dun menor de nacionalidade espa\u00f1ola.<br \/>\n\u2022 Se \u00e9 c\u00f3nxuxe ou parella de feito dunha persoa de nacionalidade espa\u00f1ola.<\/p>\n<p>\u2022 Se presta apoio a unha persoa con discapacidade de nacionalidade espa\u00f1ola.<\/p>\n<p>\u2022 Ascendentes maiores de 65 anos ou menores de 65 a cargo, fillos e fillas menores de 21 anos ou maiores de 21, a cargo tanto da persoa espa\u00f1ola como do seu c\u00f3nxuxe ou parella de feito rexistrada e aqueles descendentes de pai ou nai que orixinariamente foran espa\u00f1ois.<br \/>\n\u2022 Contar\u00e1n cunha tarxeta de 5 anos de duraci\u00f3n que permite traballar por conta propia e allea.<\/p>\n<h3><span style=\"color: #ff9900;\">\u2022 FORMACI\u00d3N<\/span><\/h3>\n<p>\u2022 Debe acreditar unha permanencia m\u00ednima en Espa\u00f1a de 2 anos.<\/p>\n<p>\u2022 Comprometerse a realizar unha formaci\u00f3n regrada, matricul\u00e1ndose nun prazo de 3 meses dende a notificaci\u00f3n da resoluci\u00f3n da autorizaci\u00f3n da residencia.<br \/>\n\u2022 Ter\u00e1 unha duraci\u00f3n de 12 meses prorrogable, unha \u00fanica vez, por outros 12 meses.<\/p>\n<p>\u2022 Ao rematar deber\u00e1 presentar un contrato de traballo e recibir\u00e1 autorizaci\u00f3n de 2 anos que habilitar\u00e1 a traballar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Que implican os cambios no Regulamento de Estranxer\u00eda \u00e1 hora de contratar ou ser contratado por unha explotaci\u00f3n: un problema recorrente \u00e9 a dificultade de atopar e contratar persoal para traballar nas explotaci\u00f3ns. Nalg\u00fans casos non hai candidaturas e noutros \u2014a pesar da vontade manifesta entre demandante de emprego e persoa empregadora\u2014, non \u00e9 posible formalizar o contrato polas trabas burocr\u00e1ticas, dado que, a mi\u00fado, as persoas con disposici\u00f3n para traballar na explotaci\u00f3n son de orixe extracomunitaria e obter os permisos de traballo e residencia non \u00e9 doado. Recollemos diversas perspectivas tras contactar con t\u00e9cnicos de cooperativas, persoal traballador e responsables dalgunhas organizaci\u00f3ns non gobernamentais, e acudimos \u00e1 lexislaci\u00f3n vixente, que v\u00e9n de incorporar importantes modificaci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14552,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[267],"tags":[],"class_list":["post-14601","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog-gl"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v19.11 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Formaci\u00f3n e arraigo, claves para traballar nunha explotaci\u00f3n agrogandeira - AGACA<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Formaci\u00f3n e arraigo, claves para traballar nunha explotaci\u00f3n agrogandeira - AGACA\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Que implican os cambios no Regulamento de Estranxer\u00eda \u00e1 hora de contratar ou ser contratado por unha explotaci\u00f3n: un problema recorrente \u00e9 a dificultade de atopar e contratar persoal para traballar nas explotaci\u00f3ns. Nalg\u00fans casos non hai candidaturas e noutros \u2014a pesar da vontade manifesta entre demandante de emprego e persoa empregadora\u2014, non \u00e9 posible formalizar o contrato polas trabas burocr\u00e1ticas, dado que, a mi\u00fado, as persoas con disposici\u00f3n para traballar na explotaci\u00f3n son de orixe extracomunitaria e obter os permisos de traballo e residencia non \u00e9 doado. Recollemos diversas perspectivas tras contactar con t\u00e9cnicos de cooperativas, persoal traballador e responsables dalgunhas organizaci\u00f3ns non gobernamentais, e acudimos \u00e1 lexislaci\u00f3n vixente, que v\u00e9n de incorporar importantes modificaci\u00f3ns.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"AGACA\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2022-09-09T12:15:40+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/159-05-tc-reforma-lei-1.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1006\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"797\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Agaca\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Agaca\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"13 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/\",\"name\":\"Formaci\u00f3n e arraigo, claves para traballar nunha explotaci\u00f3n agrogandeira - AGACA\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\"},\"datePublished\":\"2022-09-09T12:15:40+00:00\",\"dateModified\":\"2022-09-09T12:15:40+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Formaci\u00f3n e arraigo, claves para traballar nunha explotaci\u00f3n agrogandeira\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#website\",\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/\",\"name\":\"AGACA\",\"description\":\"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f\",\"name\":\"Agaca\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Agaca\"},\"url\":\"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Formaci\u00f3n e arraigo, claves para traballar nunha explotaci\u00f3n agrogandeira - AGACA","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"Formaci\u00f3n e arraigo, claves para traballar nunha explotaci\u00f3n agrogandeira - AGACA","og_description":"Que implican os cambios no Regulamento de Estranxer\u00eda \u00e1 hora de contratar ou ser contratado por unha explotaci\u00f3n: un problema recorrente \u00e9 a dificultade de atopar e contratar persoal para traballar nas explotaci\u00f3ns. Nalg\u00fans casos non hai candidaturas e noutros \u2014a pesar da vontade manifesta entre demandante de emprego e persoa empregadora\u2014, non \u00e9 posible formalizar o contrato polas trabas burocr\u00e1ticas, dado que, a mi\u00fado, as persoas con disposici\u00f3n para traballar na explotaci\u00f3n son de orixe extracomunitaria e obter os permisos de traballo e residencia non \u00e9 doado. Recollemos diversas perspectivas tras contactar con t\u00e9cnicos de cooperativas, persoal traballador e responsables dalgunhas organizaci\u00f3ns non gobernamentais, e acudimos \u00e1 lexislaci\u00f3n vixente, que v\u00e9n de incorporar importantes modificaci\u00f3ns.","og_url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/","og_site_name":"AGACA","article_published_time":"2022-09-09T12:15:40+00:00","og_image":[{"width":1006,"height":797,"url":"https:\/\/agaca.coop\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/159-05-tc-reforma-lei-1.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Agaca","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"Agaca","Tempo de lectura":"13 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/","url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/","name":"Formaci\u00f3n e arraigo, claves para traballar nunha explotaci\u00f3n agrogandeira - AGACA","isPartOf":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website"},"datePublished":"2022-09-09T12:15:40+00:00","dateModified":"2022-09-09T12:15:40+00:00","author":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/formacion-e-arraigo-claves-para-traballar-nunha-explotacion-agrogandeira\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Formaci\u00f3n e arraigo, claves para traballar nunha explotaci\u00f3n agrogandeira"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#website","url":"https:\/\/agaca.coop\/","name":"AGACA","description":"Asociaci\u00f3n Galega de Cooperativas Agrarias","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/agaca.coop\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/63cc6b944c3f971e6b9c330f49ee2e3f","name":"Agaca","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/agaca.coop\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/22b49eecbd20e859c40cd42e130128dda1da6170953a31caf24adbde1751ddab?s=96&d=mm&r=g","caption":"Agaca"},"url":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/author\/agacaweb\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14601","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14601"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14601\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14603,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14601\/revisions\/14603"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14552"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14601"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14601"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agaca.coop\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14601"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}