Agaca nace en 1988 como unha entidade sen ánimo de lucro, de carácter non gobernamental.
Once cooperativas agrarias galegas unen esforzos coa finalidade de crear unha organización capaz de representar e defender os intereses e necesidades das múltiples cooperativas agrarias e gandeiras da Comunidade Autónoma.
Cumpre así coa misión de fomentar e promover o cooperativismo con vontade social de apoio e cooperación; como un instrumento ao servizo das cooperativas asociadas dende o cal se intentan aproveitar todas as sinerxías e se constitúen foros de debate en prol dunha procura permanente de puntos en común.