OLLO! Nova rolda de Obradoiros para Comunidades de Montes Veciñais. Imos á túa Comunidade!

Agaca
Por Agaca Novembro 25, 2021 19:53

ACTIVIDADES

Xaneiro 2022

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 156 — Decembro 2021

    — Editorial: E, a maiores, o gran reto ambiental
    — A fondo: A gandería en apuros
    — Caderno Técnico: Sostibilidade, mitigación e adaptación das prácticas agrícolas ao cambio climático

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

  • Desprazámos á túa Comunidade de Montes para ofrecerche estes obradoiros gratuítos onde resolver dúbidas, coñecer novidades e descubrir oportunidades.
  • Especialistas en normativa, administración e ordenación forestal están a cargo das charlas.
  • Chama ao 981 58 47 83 para informarte.

OBXECTIVOS:

  • Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais.
  • Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
  • Espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo.
  • Divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

PROGRAMA:

1ª Sesión: Luns de 16:00h a 19:00h

INICIATIVAS INNOVADORAS NO MEDIO RURAL NA VALORIZACIÓN DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:

– “O Dourado Verde” A resinación de piñeirais.

– O cultivo de olivas nos montes comunais.

– A eficiencia enerxética

– Crianza e comercialización de porco celta

– O cultivo da castaña.

– Outras alternativas.

RELATOR: D. Higinio Mougán Bouzón, director-xerente de AGACA

 

2ª Sesión: Martes de 16:00h a 19:00h

GOBERNANZA E ORGANIZACIÓN COOPERATIVA DAS COMUNIDADES DE MONTES:

– Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.

– Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.

– Libros das comunidades: censo, actas e contas.

– Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.

– Estatutos e normas internas. Réxime electoral.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

 

3ª Sesión: Mércores de 16:00h a 19:00h

FISCALIDADE DAS COMUNIDADES DE MONTES:

– Bonificacións fiscais das comunidades de montes.

– Exención de IBI do monte veciñal en man común.

– Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.

– Tributación no Imposto sobre Sociedades.

– Catastro: procedementos de alteración e regularización.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U.

 

4ª Sesión: Xoves de 16:00h a 19:00h

TITULARIDADE E DEFENSA DA INTEGRIDADE DOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN:

– Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.

– Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflitos con outras comunidades e con particulares.

– Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.

– Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos, etc.

– Plans e instrumentos de ordenación

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

 

5ª Sesión: Venres de 16:00h a 19:00h

INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN OU XESTIÓN FORESTAL O artigo 77 da Lei 7/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.

– Proxecto de ordenación forestal

– Documento compartido de xestión forestal

– Documento simple de xestión forestal

– Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

– Tramitación dos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal

– Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados

– Mercado Transfronteirizo de Intercambio de Carbono

RELATOR: Enxeñeiro Técnico Forestal/Enxeñeiro de Montes

Descargar programa

AGACA organiza o obradoiro, que se enmarca no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.


25/11/2021

Agaca
Por Agaca Novembro 25, 2021 19:53
Escriba un comentario

2 Comentarios

  1. Xaquín Decembro 9, 19:54

    Boas tardes.
    Son o secretario da Comunidade de Montes de San Salvador de Meis (Pontevedra)
    Estamos interesados organizar un Obradoiro de Governanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais.
    Temos un local social a disposción e varios veciños interesados, incluso comentando o tema con outras Comunidades de Montes da zona do Salnés estarían interesadas en participar na formación.
    O meu tlf 661558606.
    Cal seria o seguinte paso a dar para organizar a formación ?

    Responder a este comentario
    • Agaca Autor Decembro 13, 11:16

      Bo día, encantados de saudarlle.
      Nestes días porase en contacto con vostede o noso compañeiro, Carlos Ares, encargado da organización destes Obradoiros.
      Un saúdo.

      Responder a este comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<