CULTIVA 2023

Cultiva

Se es profesional xove da agricultura ou a gandería podes participar no Programa CULTIVA23, un Programa de estancias formativas de 5 a 14 días de duración en explotacións modelo de acollida situadas en toda España.

Este programa é totalmente gratuíto para os participantes e finánciao o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Se queres vivir a experiencia podes consultar o catálogo e tamén o buscador de explotacións que acollen participantes.

CULTIVA 2023

Para que serve?

Entre os seus obxectivos están ofrecer a xóvenes profesionais da agricultura e a gandería a oportunidade coñecer in situ  o desenvolvemento dunha explotación agraria viable e adquirir de xeito práctico e interactivo novos conceptos técnicos e de xestión aplicables na súa explotación, ademais de establecer contactos e intercambiar experiencias.

Como se desenvolve?

A través de estancias formativas de 5 a 14 días de duración (7 horas diarias) en explotacións modelo de acollida. Ademais da formación nas propias explotacións, as estancias poden incluír visitas técnicas complementarias a cooperativas e outras entidades próximas á explotación.

O MAPA financia gastos de aloxamento, manutención, viaxes e substitución. As estadías son gratuítas para as persoas mozas participantes.

Requisistos para participar

• Ter menos de 41 anos e instalados/as como titulares dunha explotación agraria ou agroalimentaria en territorio nacional.

• No caso de ser maiores de 41 anos, terse instalado por primeira vez na actividade agraria como titular de explotación en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2018 e cando tiñan menos de 41 anos.

• En ambos os casos, independentemente de que a incorporación á actividade agraria se tivese realizado ou non a través das axudas dos Programas de Desenvolvemento Rural.

• A explotación agraria ou agroalimentaria na que o mozo ou moza se tivese instalado como titular deberá cumprir coa definición de PEME conforme ao anexo I do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

• Quen participase no Programa Cultiva en anos anteriores non poderá asistir ás mesmas estancias.

INSCRICIÓNS

Período de solicitude

Ata o 24 de novembro de 2023.

+ Info sobre o Programa Cultiva

Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/jovenes-rurales/visitas-formativas/