— Premios AGADER ao desenvolvemento rural. Hasta 11/03/2021

Agaca
Por Agaca Febreiro 17, 2021 15:41

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e a Resolución completa na ligazón “Web”

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a decimosegunda edición. AGADER. DOG Nº 28, 11/02/2021.

1. Aprobar as bases reguladoras dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, que se xuntan a esta resolución como anexo I, co seguinte código de procedemento administrativo MR709A.
2. Convocar para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, a novena edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. Os premios que se convocan correspóndense coas seguintes categorías:

a) Categoría mocidade, para as iniciativas levadas a cabo por persoas mozas, que constitúan unha aposta polo presente e o futuro do medio rural galego e da súa poboación. Para estes efectos, terá a consideración de persoa moza quen non teña máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a iniciativa ou, no caso de persoas xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpran este requisito.

b) Categoría paisaxe rural, para iniciativas de intervención, mellora e posta en valor das paisaxes rurais produtivas de Galicia nas cales se integren os elementos e valores culturais e naturais co aproveitamento agrario.

c) Categoría proxectos de interese social, para as iniciativas orientadas á integración dos colectivos máis desfavorecidos, á inserción social ou ao coidado dos nosos maiores.

d) Categoría turismo, para as iniciativas que contribúan ao desenvolvemento económico potenciando a ampla riqueza dos recursos turísticos do medio rural de Galicia.

e) Categoría sector agrogandeiro, dirixida a iniciativas desenvolvidas dentro dos sectores da gandaría, a agricultura e/ou a transformación agroalimentaria que aposten polo valor engadido na súa produción.

f) Categoría mulleres, para as iniciativas levadas a cabo por mulleres ou destinadas a elas, no medio rural, desde unha óptica de igualdade e progreso, en que sexan fundamentais valores como o asociacionismo, a profesionalización e a innovación.

g) Categoría innovación tecnolóxica, dirixida ás iniciativas desenvolvidas no rural galego que incorporen a innovación para obter un novo produto ou mellorar a calidade nos seus produtos ou servizos, para diminuír custos, para ofrecer unha maior gama de produtos ou servizos ou para seren máis rápidas na súa introdución no mercado.

h) Categoría recuperación e posta en valor da terra agraria, destinada ás iniciativas que contribúan, directa ou indirectamente, a recuperar e poñer en valor terras que están infrautilizadas.

Cada un dos premios constará dun diploma e unha dotación en metálico de 10.000 €.

Cada iniciativa só poderá presentarse a unha categoría, para o cal debe marcar no modelo de solicitude (anexo II) o recadro correspondente á categoría a que opta.

PERSONAS DESTINATARIAS

Poderán presentar candidaturas aos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural as persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan titulares das candidaturas que presentan.

INICIATIVAS QUE PODEN SER PREMIADAS

1. O premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural está dirixido ás iniciativas que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada. Nos termos destas bases poderanse conceder os premios ás iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

2. Exclúense destes premios as iniciativas:

a) Que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.
b) Que se encontren en fase de deseño ou execución na data de publicación da convocatoria dos premios.
c) Que se desenvolvan nos sectores da pesca e da acuicultura.
d) Que estean relacionadas coa exportación a terceiros países ou a Estados membros.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación das solicitudes das axudas rematará o 11 de marzo de 2021.