— Financiamento de explotacións leiteiras (ata 31 outubro)

Agaca
Por Agaca Xaneiro 1, 2017 14:04

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar o resumo ampliado da Orde en “Documentación”(formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

— RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva. IGAPE. DOG Nº 249 (30/12/2016)

OBJETO

Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido ás explotacións leiteiras galegas, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira:

  1. Liña 1. Refinanciamento de pasivos.
  2. Liña 2. Apoio ao circulante.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases as pequenas e medianas empresas,segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiarias persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou estean na situación que motiva a concesión da axuda.

En cualquier caso, deberán desenvolver a actividade de explotación de gando bovino para a produción de leite e ter radicado o centro da súa actividade económica en Galicia.

CONTÍA DE LA AYUDA

Os créditos dispoñibles para concesións de subvención nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700, por un importe de 1.200.000 € para o exercicio 2017, e un importe de 400.000 € para o exercicio 2018.

Así mesmo, as dotacións ao fondo de garantía do Igape para a cobertura do risco dos reavais faranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.8900, cun crédito de 149.600 € para o exercicio 2017.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado nas entidades financeiras iniciarase o 2 de xaneiro de 2017 e rematará o 31 de outubro de 2017, concedéndose as axudas de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da citada Lei de subvencións de Galicia.