— Axudas investimento en tecnoloxías forestais (ata 27 febreiro)
Información de la ayuda
Derogada / Fóra de prazo- Web: www.xunta.gal/dog/Pu...
- Comezo: 01/13/2017
- Fin: 02/27/2017
- Descarga:
RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”
— ORDE do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2017 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Consellería de Medio Rural. DOG (Nº 8, 12/01/2017)
OBXECTO
- Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento MR606A), e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
BENEFICIARIOS
- Poderán ser beneficiarios as pequenas e medianas empresas (pemes) do sector forestal radicadas en Galicia. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES EN ACTIVOS FIXOS PRODUTIVOS
- Os investimentos subvencionables deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de axuda nin antes de que se realice a inspección comprobatoria a que se fai referencia no artigo 12.
- Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento, transformación e comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais), a excepción dos referidos no artigo 5. Os investimentos destinados a biomasa e outros produtos forestais distintos da madeira só serán subvencionables cando estes produtos teñan a súa orixe e se recollan no monte.
- Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes investimentos elixibles:
- a) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recolla, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros e non alimentarios (biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios, poderanse subvencionar unicamente investimentos de recolla e manexo no mont
- b) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: asteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.
- c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.
- d) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipamentos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e implement Os implementos deberán ir instalados en equipamentos propiedade da empresa. Os equipamentos de saca de madeira ou biomasa consistentes en cabeza tractora con doble tracción, plataforma e guindastre forestal só serán subvencionables en empresas que posúan tractocargador e/ou autocargador en propiedade.
- e) Equipamentos tractocargadores completos e os seus implementos forestais. Os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais na cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiranse tamén aos tractores orientados á recolla de bioma
- f) Rozadoras en número non superior aos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.
- g) Instrumentos de medición de masas forestais en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de bioma
- h) Maquinaria e instalacións para procesamento da biomasa forestal para producir enerxía: asteladura, almaceamento, clasificación, caracterización, secado e acondicionamento da biomasa forestal. Só serán subvencionables cando a biomasa teña a súa orixe e recolla no mont Os investimentos no proceso de transformación de biomasa serán subvencionables unicamente naquelas industrias que non superen os 40.000 m³ de materia prima empregada no proceso. O cumprimento deste requisito comprobarase cos datos da empresa que figuren no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
- i) Maquinaria e instalacións de primeira transformación da madeira. Os investimentos no proceso de transformación da rolla serán subvencionables unicamente naquelas serras que non superen os 40.000 m³ de madeira en rolla empregada para serrar. O cumprimento deste requisito comprobarase cos datos da empresa que figuren no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
- Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga; neste caso subvencionarase unicamente o importe correspondente á opción de compra. A opción de compra deberá realizarse no prazo de execución do investimento.
INVESTIMENTOS EN PLANS E FERRAMENTAS DE XESTIÓN EMPRESARIAL
Poderá ser obxecto de axuda a implementación de plans empresariais con criterios de xestión forestal sustentable, e as cadeas de custodia dos sistemas de certificación forestal, excluída a adquisición de maquinaria. En concreto, serán elixibles as seguintes actuacións:
- a) Implantación, e certificación se procede, na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade forestal para o control de custos, calidade e mantement
- b) Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.
IMPORTE DAS AXUDAS
- Os investimentos subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.
- Estas axudas poderán acumularse con calquera outra axuda estatal, sempre que as ditas medidas de axuda se refiran a investimentos subvencionables diferentes, ou con calquera outra axuda estatal de fondos non comunitarios en relación cos mesmos custos subvencionables unicamente se tal acumulación non supera o 50 % de axuda, de acordo co indicado no artigo 8 do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014.
- A axuda máxima por solicitante limitarase a 150.000 euros.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de febreiro de 2017