— Axudas participación agricultores en réximes calidade. Ata 15 maio.

Agaca
Por Agaca Febreiro 20, 2019 14:10

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e a Resolución completa na ligazón”Web”

—RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 33, 15/02/2019.

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, así como proceder á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2019.

BENEFICIARIOS

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias que cumpran a condición de agricultor activo conforme o establecido no artigo 9 do Regulamento (UE) núm. 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, e que participen, por primeira vez, nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios definidos na letra b) do artigo 2 e recollidos no PDR de Galicia 2014-2020.

En todo caso, a data da alta no réxime de calidade ten que ser posterior ao 18 de novembro de 2015, data de aprobación do PDR de Galicia 2014-2020 e anterior á data límite do período subvencionable que se defina en cada convocatoria.

2. No caso do programa de calidade relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova participación aquela que se refira a agricultores/as que, tendo previamente actividade no dito programa, inicien a actividade de produción ecolóxica con destino ao mercado en relación a algunha nova orientación produtiva. En todo caso, esta nova orientación produtiva debe ter unha dimensión económica suficiente para superar a consideración de actividade de autoconsumo. Para estes efectos, no anexo III recóllense, para distintas orientacións produtivas, os valores que se deben superar para considerar que a actividade ten vocación comercial, e polo tanto está por riba dos valores do mero autoconsumo.

GASTOS SUBVENCIONABLES E CONTÍA DAS AYUDAS

1. Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.

2. A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.

3. Non se tramitarán expedientes cuxa contía non supere os 50 euros.

Para a convocatoria de 2019, serán atendibles os gastos imputados á campaña que comprende o período que vai do 1 de maio de 2018 ata o 30 de abril 2019.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 15 de maio de 2019.