— Axudas a servizos de asesoramento en explotacións. Ata 18 xullo.
Información de la ayuda
Derogada / Fóra de prazo- Web: https://www.xunta.ga...
- Fin: 07/18/2018
- Descarga:
RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”
— ORDE do 6 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2017-2020, e se convocan para o ano 2018. Consellería do Medio Rural, DOG 115, 18/06/2018
BENEFICIARIOS
1. Poderán ser beneficiarias as entidades privadas recoñecidas ou autorizadas como entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de entidades con servizos de asesoramiento o gestión de Galicia (RAXASEGA) e que presten servizos a titulares de explotacións agrarias que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (en adiante, Reaga), para a mellora dos resultados económicos, ambientais e da capacidade de adaptación ao cambio climático da explotación.
REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS BENEFICIARIOS
As entidades deberán:
1. Prestar o servizo de asesoramento co alcance definido para cada unha das modalidades establecidas e descritas no anexo II e conforme as condicións estipuladas no anexo III desta orde.
2. Elaborar para cada unha das explotacións asesoradas nas modalidades intermedia e integral, un plan estratéxico, conforme o contido mínimo que se recolle no anexo IV, onde se estableza a metodoloxía que se vai a desenvolver en cada explotación, segundo a modalidade de asesoramento elixida, por cada un dos seus titulares, co obxecto de lograr a mellora do rendemento actual da explotación.
3. Habilitar, como mínimo, unha oficina en horario compatible coa actividade agraria para permitir unha atención adecuada ao usuario, tanto presencial como telefónica, sen prexuízo das visitas obrigadas polos técnicos das entidades ás explotacións.
4. Dispoñer dun equipo capaz de ofrecer un servizo técnico especializado de calidade. O número de titulados/as por explotación e a súa especialidade por oficina será acorde coa dimensión, número e tipoloxía das explotacións ás cales se pretende prestar o servizo. Admítense como válidas, para os efectos desta orde, aquelas a que fai referencia o Decreto 235/2007, do 29 de novembro, polo que se regulan os servizos de aconsellamento e de xestión das explotacións agrarias.
No formulario de solicitude de axuda, as entidades deberán atribuír a cada un dos seus técnicos as explotacións ás cales prevén prestar o servizo de asesoramento.
Como norma xeral, establécese o seguinte persoal mínimo que poderá contratar a entidade:
Tipoloxía da explotación |
Equipo técnico mínimo |
Número máximo de explotacións |
||
Básico |
Intermedio |
Integral |
||
Agrícola |
1 titulado universitario |
75 | 55 | 46 |
Gandeira | 1 titulado universitario | 60 | 46 |
40 |
O número de titulados mínimos esixidos por entidade incrementarase de xeito proporcional en función do número de explotacións ás cales se presta o servizo e a modalidade de asesoramento seleccionada.
Os límites máximos establecidos no cadro anterior están calculados tendo en conta a xornada laboral a tempo completo. En consecuencia, cando se trate de contratos laborais a tempo parcial, os límites anteriores relativos ao número de explotacións máximo reduciranse á metade.
No caso de que un técnico preste os seus servizos en varias entidades de asesoramento, este non poderá superar, no seu conxunto, o límite máximo de explotacións establecido no cadro anterior, para cada modalidade de asesoramento.
Para determinar se unha entidade cumpre cos requisitos esixidos en relación co persoal mínimo, referenciaranse o número total de explotacións ás cales esta presta servizo, a unidade básica entendendo como tal, a prestación do servizo de asesoramento na súa modalidade básica e a explotación con tipoloxía agrícola.
En consecuencia, os coeficientes que serán de aplicación, para efectuar o cálculo de técnicos mínimos por entidade, son os seguintes:
Coeficiente de equivalencia: modalidade básica de asesoramento
Modalidade orixe |
Expl. agrícolas | Expl. gandeiras | Modalidade equivalente |
Integral |
1,67 |
1,50 |
Básica |
Intermedia | 1,36 | 1,33 |
Básica |
Coeficiente de equivalencia: tipoloxía de explotación
Tipoloxía orixe |
Coeficiente | Tipoloxía equivalente |
Gandeira | 1 .25 | Agrícola |
5. O beneficiario deberá designar unha persoa responsable na entidade co obxectivo de dirixir a prestación dos servizos e servir de interlocutor ante a Administración. Entre as súas funcións atópase o intercambio de información e documentación adecuado e ordenado coa Administración, así como a coordinación das actuacións derivadas da realización de inspeccións e demais actuacións relacionadas coa supervisión e control.
6. Disporán dun sistema de rexistro informatizado (definido no anexo III da presente orde), en formato . ods (Calc do libre Office), onde se relacionen as explotacións que anualmente reciben o asesoramento (data de alta e de baixa no servizo, se for o caso), os datos da persoa demandante do servizo, datos relativos á explotación, tipoloxía do servizo (básico, intermedio ou integral), visitas realizadas, data da súa realización e duración da prestación do servizo (horas dedicadas ao asesoramento de cada explotación tanto presenciais e non presenciais).
7. As entidades facilitarán a asistencia dos seus asesores ás actividades formativas promovidas dende a Administración, e a asistencia ás ditas actividades será de carácter obrigatorio.
IMPORTE DA AXUDA
1. A axuda concederase pola prestación do servizo de asesoramento que poderá iniciarse dende o día seguinte da solicitude de axuda ata, como máximo, un mes despois da data de resolución e concesión da axuda.
2. O servizo de asesoramento, para os efectos desta orde, realizarase no período máximo dun ano, sen superar o 15 de novembro de 2019, contando dende a primeira visita realizada pola entidade a calquera das explotacións obxecto de asesoramento subvencionado, relacionadas na resolución de concesión de axudas. Para a determinación do inicio do servizo terase en conta a data reflectida na acta de la primeira visita realizada pola entidade.
3. O importe máximo da axuda prevista no número anterior establécese en función da modalidade de asesoramento previsto, segundo o alcance definido para a presación do servizo recollido no anexo II da presente orde, e a orientación produtiva principal que conste no Reaga.
Modalidade |
Precio del servizo (€) | |
Explotacións agrícolas | Explotacións gandeiras | |
Básico | 460 | 670 |
Intermedio | 670 | 850 |
Integral | 850 | 1000 |
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación das solicitudes das axudas rematará o 18 de xullo de 2018.